Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 18 de agosto de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 19 e 20 de Agosto de 2017

No mundo do deporte, seguimos a espera do comenzo das competicións oficiais, pero mentras tanto, anunciamos un novo partido de preparación do A PEROXA C.F. diante do Atl. Pontedeva no día de hoxe venres as 21:00 no Campo do Marco.

Tamén vos damos conta do inicio da campaña de captación de socios do equipo representativo do concello no futbol provincial, e que solicitan a nosa colaboración para seguir medrando como clube, este ano, coa novidade dun novo equipo de fútbol base, que coloca xa o clube con 6 equipos en competición, motivo polo cal necesitan o noso apoio retirando o abono de socio 2017/2018


Os representantes do deporte do atletismo do PEROXA RUNNING terán probas a disputar esta fin de semana tal e como marca o calendario:



Polo que respecta o aspecto festivo, contamos con dúas 3 citas importantes, dúas delas de marcado carácter gastronómico como son unha nova edición da Festa dos Metelos no Castelo da Peroxa....


Esta edición coa actuación destacada do grupo Guezos:


A outra cita será en San Ciprián con unha nova edición da Festa da Carne Arreglada, co seguinte programa....



Este dous destacados eventos tiveron o seu pertinente anuncio na prensa local...




A pasada semana, neste mesmo blog opinàbamos que era ben que estes dous destacados, e xa consolidade eventos festivo-gastronómicos non coincidiran no mesmo día, xa que o ano e longo e así se podería contar con máis presencia de asistentes que poderían asistir aos dous eventos.

Despois do artigo publicado, a prensa local recollía o seguinte artigo....



O tercer evento destacado son as festas patronais en Gueral, co seguinte cartel....


Rematando co apartado festivo, anunciamos para que vos vaiades anotando unha cea que se organiza en San Xes na vindeira fin de semana...



Finalmente, un anuncio do Concello para anotarse para ir ao Parque Acuático de Cerceda o vindeiro domingo...



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE OFRECEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario