Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 13 de julio de 2017

Resumo do Pleno do 22 de xuño de 2017

Fieis a nosa cita coa información, facemos un resumo do que foi o curto pero intenso pleno celebrado no pasado mes de xuño, e que como acontece sempre no noso desorganizado concello, tería correspondido o mes de maio.

A convocatoria e a orde do día dos asuntos a tratar foi a que sigue....


No punto 1, aprobouse por unanimidade a sesión como ordinaria deste pleno, cuestión que se ten que aprobar, segundo explicamos con anterioridade, porque este pleno ordinario tería correspondido celebralo no pasado mes de Maio, tal e como acordou no seu día o propio Alcalde (celebración de plenos nos meses impares), pero é tal o descontrol que ten, que non cumple nin os seus propios acordos ¡¡¡

No punto 2, aprobouse tamén por unanimidade a Acta do Pleno anterior.

No punto 3, o Secretario explicou en que consistía a modificación de crédito, onde veu a decir que se incorporaba ao orzamento 2017, recentemente aprobado facía escasamente un mes, parte do remanente de tesourería (200.000€), para diversos conceptos......algúns deles reclamados polos nosos concelleiros no pasado pleno onde se aprobaron os orzamentos.
Lòxicamente, e como ben sucedendo pleno sí e pleno tamén, ante a falta de copia da documentación e dos datos do que se iba a debater e someter a votación, o noso voto foi de abstención.

No punto 4, informouse por parte do Alcalde que os decretos da Alcaldía estaban a nosa disposición, e como sempre, foron revisados con anterioridade a celebración deste pleno.

No punto 5, no apartado de Rogos e Preguntas, e unha vez máis, a pesar de non cumplir o Alcalde o compromiso de avisarnos con antelación suficiente da celebración dos plenos, tal e como se comprometera, para poder realizar a nosa labor, fomos quen un pleno máis, de aportar cuestións de interès para a veciñanza do noso Concello, superando unha vez máis as contínuas trabas que se nos poñen a nosa labor.....

Presentamos o interesante e importante Rogo:



EXPUXEMOS E ARGUMENTAMOS QUE A REALIZACIÓN DESTE PROXECTO É UNHA NECESIDADE NO NOSO CONCELLO, COMO FERRAMENTA DE DINAMIZACIÓN DO EMPREGO, DE AXUDA OS EMPRENDEDORES PARA QUE NON TEÑAN QUE BUSCAR ACOMODO NOUTROS CONCELLOS, E POR SUPOSTO TAMÉN, SERVIRÍA PARA A FIXACIÓN DE POBOACIÓN ANTE O GRAVÍSIMO PROBLEMA QUE TEN O NOSO CONCELLO DE DESPOBOACIÓN ONDE EN POUCO MÁIS DE 2 ANOS PERDEU MÁIS DE 100 HABITANTES, SITUÁNDOSE NOS 1902 SEGUNDO O ÚLTIMO DATO OFICIAL DO MES DE XANEIRO DE 2017

Exemplos de iniciativas similares temos en concellos limítrofes....

http://concellodecoles.org/paxinas/viveirocast.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/03/29/vilamarin-impulsa-actividad-comercial-locales/1650281.html

....e tamén noutros moitos da nosa provincia, con ordenanzas reguladoras deste servizos e con convocatorias anuais de uso das súas instalacións....

http://www.barbadas.es/bandos/inicio-da-convocatoria-permanente-para-optar-a-ocupacion-dos-ninos-empresariais-sitos-no-centro-empresarial-transfronteirizo-de-barbadas/?lang=es


O SR. ALCALDE COMPROMÉTESE A TRABALLAR DENDE O CONCELLO NESTA INICIATIVA UNHA VEZ QUE DISPOÑAN DOS LOCAIS AXEITADOS ¡¡¡¡

A prensa local recollía a aprobación deste proxecto....


POLO TANTO, UNHA MOI BOA NOVA, PARA A CAL NOS POÑEMOS A DISPOSICIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL E O CAL ANIMAREMOS A POÑER EN MARCHA CANTO ANTES EN BENEFICIO DE TOD@S ¡¡¡

No apartado de pregunta, presentamos a seguinte de forma escrita....


Esta pregunta sobre un dos maiores problemas os que se enfronta o noso Concello, pareceu non gustarlle moito o Sr. Alcalde, xa que as respostas as dúas primeiras preguntas foron literalmente....."TEMOS QUE ESPERAR ACONTECEMENTOS" ¡¡¡

DE NOVO, UNHA LAMENTABLE RESPOSTA, E O QUE É PEOR, QUE REALMENTE É O QUE FAI EN CADA XESTIÓN DE IMPORTANCIA PARA O CONCELLO.......¡¡¡¡ESPERAR¡¡¡

ESO SÍ, DÁSELLE MOI BEN CRUZARSE DE BRAZOS E AGARDAR A QUE OUTROS FAGAN O SEU TRABALLO XA QUE  TAL E COMO RECOÑECE NOUTRA DAS PREGUNTAS, O CONCELLO DA PEROXA NON FIXO NINGUNHA ALEGACIÓN AOS MOITOS ERROS E INCONGRUENCIAS QUE O NOVO PROXECTO PRESENTA PARA O NOSO TERMO MUNICIPAL, E SE LIMITA A SÚA ALEGACIÓN A QUE SE FIXO CONXUNTA DENDE A MANCOMUNIDADE, AINQUE A DIFERENZA DE OUTROS CONCELLOS QUE FORMAN A MESMA COMO COLES E AMOEIRO, SÍ PRESENTARON AS SÚAS INDIVIDUALIZADAS PARA CORREXIR OS ERROS E FUTUROS PROBLEMAS QUE ESTA REESTRUCTURACIÓN POIDA TRAER.

O Alcalde recoñecendo que só se fixo unha conxunta dende o noso Concello....



SIRVA DE EXEMPLO A ALEGACIÓN QUE FIXO O CONCELLO DE AMOEIRO....

http://www.amoeiro.gal/arquivos/2269

MENTRAS TANTO......NA PEROXA......SEGUIMOS "AGARDANDO ACONTECEMENTOS" ¡¡¡

O problema é tan evidente e palpable que orixinou unha importante Folga no sector do transporte que afectou a moitos usuarios....

http://www.laregion.es/articulo/ourense/transporte-huelga-40-servicios-minimos/20170620074927717883.html

A propia Confederación Galega de ANPAS de Galicia facía un comunicado onde rexeita esta reordenación do transporte que tamén afectaría ao transporte escolar de xeito importante....


ESTA SITUACIÓN NON É NOVA, XA QUE NO PASADO ANO 2016 O NOSO CONCELLO DA PEROXA RECIBÍA ESTE AVISO....



A RAÍZ DESTA PROBLEMÁTICA, ANTE A GRAVIDADE DO ASUNTO E VENDO QUE O NOSO CONCELLO DA PEROXA ESTARÍA AFECTADO NESTA PROBLEMÁTICA, OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS PRESENTABAN NO PASADO PLENO DO MES DE SETEMBRO DE 2016 UNHA PREGUNTA AO SR. ALCALDE PARA COMPROBAR CALES ERAN AS MEDIDAS E ACTUACIÓNS POR PARTE DO NOSO CONCELLO DA PEROXA PARA DEFENDER OS SERVIZOS E OS DEREITOS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.

ESTA FOI E TAMÉN A RESPOSTA DO SR. ALCALDE....



È LAMENTABLE VER COMO O NOSO MÁXIMO REPRESENTANTE DO CONCELLO TIÑA A MESMA ACTITUDE FAI UN ANO, COMO A QUE TEN HOXE......"ESPERANDO COMO TRANSCURREN AS CIRCUNSTANCIAS" ¡¡¡.....MENTRAS O SEU CONCELLO CORRE O RISCO DE QUEDAR SERIAMENTE MERMADO NESTE SERVIZO PÚBLICO.

ALGÚNS PREOCUPÀMONOS DENDE O PRIMER INSTANTE POR ESTE PROBLEMA, MENTRAS OUTROS SEGUEN DE BRAZOS CRUZADOS AGARDANDO O QUE OUTROS DECIDAN POR NÓS ¡¡¡

ESTA É A REALIDADE DE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡¡¡¡......REACCIONA ¡¡¡

A Xunta de Galicia publicaba esta información sobre o noso Concello sobre o Programa de Transporte Escolar Compartido:


As opinións sobre este servizo son moi dispares.....dende os usuarios que o ben unha vantaxe e un aforro, ata algúns pais/nais preocupados por quen se sentará no asiento do Bus a carón do seu fillo/a, tendo en conta as múltiples noticias sobre moitos "enfermos e pirados" que cohabitan na sociedade actual ¡¡

O citado proxecto que presenta a Xunta sobre as nosas liñas de Bus no Rural, podes atopalo na web da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Movilidade.

Finalmente, o Alcalde en resposta a pregunta sobre a creación dunha liña municipal, indica que "HAI QUE ESTUDALO" ¡¡¡

VER PARA CREER....XA QUE CANDO INCLUÍA ESTE PROXECTO NOS PROPIOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017 PENSAMOS QUE XA ESTABA "ESTUDIADO" ¡¡¡

PASOTISMO EN ESTADO PURO ¡¡¡

Rematamos o pleno con unha pregunta oral, sobre unha cuestión de actualidade e que nos preocupa.

Levamos tempo observando como as árbores que existen a caròn da estrada que vai dende o Polideportivo ata o Centro de Saúde terminaron por secar completamente, deixando unha imaxe claramente desoladora, que acompañada a corta de árbores que había tamén na contorna do Polideportivo deixan unha triste e desanxelada imaxe da zona.

A situación é a seguinte....


O ALCALDE RESPOSTA "QUE ESTAS ÁRBORES SON INCOMPATIBLES COAS ESTRADAS E COAS ACERAS

Podemos estar de acordo en que non é a mellor especia arbórea para esas ubicacións.....pero lembramoslle que se agora non son, tampouco o serían cando as plantou ¡¡¡¡

O que resulta máis incomprensible e quen foi o "encargado" de realizar as "funcións de secado das árbores" tal e como amosan as imaxes seguintes das árbores en cuestión ¡¡¡





CON ESTA TRISTE SITUACIÓN TERMINOU O QUE FOI ESTE PLENO.

AGARDAMOS QUE A VOSA LECTURA, O VOSO ANALISE E SOBRE TODO AS VOSAS CONCLUSIÓN VOS DEN UN PUNTO DE VISTA AXEITADO DO QUE É ACTUALMENTE O NOSO CONCELLO ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S, MEMTRAS TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario