Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 7 de julio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 8 e 9 de xullo de 2017

Case tòdolos nosos equipos están en pleno descanso vacacional, e polo tanto hai escasa competición.

Tan só os representantes do PEROXA RUNNING, teñen no calendario de probas novas citas, nas que nalgún caso participarán....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Descanso que parece non existir para os responsables dos clubes, que xa traballan para preparar a vindeira tempada, e exemplo deso, é o anuncion que fan dende A PEROXA CF para animar aos nenos e nenas a practicar deporte e que convidan a anotarse a calquera dos seus equipos para a vindeira tempada.....


Polo tanto, dende aquí tamén colaboramos coa difusión desta información e vos animamos a que o fagades cos vosos familiares, amigos e veciños.

Seguen tamén as nosas festas patronais, nestes vindeiros días por partida dobre.....




Tamén falta pouco para as de Armental, que se anuncian co seguinte cartel....



Destacamos tamén hoxe un importante evento que se celebrará no Auditorio, e que se anuncia así....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario