Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 7 de febrero de 2017

Toca facer anàlise¡¡¡.....e algunhas preguntas ¿?

Publicouse na prensa local este pasado sábado unha noticia que leendo o titular da mesma podemos considerar unha boa nova para o noso concello.....

http://www.laregion.es/articulo/ourense/sergas-asume-mantenimiento-centro-salud-peroxa/20170204231649683055.html

Pero non nos quedemos só co titular......analicemos, reflexionemos e sobre todo REFRESQUEMOS as memorias e o que aconteceu ata chegar aquí, e sobre todo.....¿QUE VAI PASAR A PARTIR DE AQUÍ?

Comenzemos polo titular....."EL SERGAS ASUME EL MANTENIMIENTO DEL CENTRO DE SALUD DE A PEROXA".

Repetimos, que sobre o papel, é unha boa nova, pero analicemos a situación....

Recordamos que a tramitación desta situación comenzaba xa alá polo ano 2012 onde se traía a pleno, concretamente, no do 9 de xullo de 2012 un proposta de CESIÓN DO TERREO E DO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA AO SERGAS.

Daquela non se falaba, tal que como reza o titular, de asumir o mantemento, senón que o asunto a tratar era a CESIÓN DO CENTRO DE SAÚDE...... lóxicamente, entendemos que unha cousa leva a outra, xa que pasarían a ser os seus "donos", pero é curioso ver como o xornal La Región, entre outros nos pretende "vender" unha noticia que tan "letra pequena".

Podedes ver na imaxe seguinte o extracto da Acta do Pleno onde se acordaba esa decisión...


Posteriormente, dende o Concello para cumprir coa normativa vixente, modificaba a ordenanza do IBI, para recoñecer a exención deste tributo a este tipo de instalacións adicadas a atención sanitaria.

Unha vez superados estes trámites burocráticos que levaron case 4 anos de tramitación, o inmoble e os terreos están en condicións de asinar ese convenio co Sergas, onde ademáis de asumir "os costes de mantemento do Centro", tamén pasa a ser titular do mesmo, cuestión importante que non se reflexa en toda a noticia.

Agora a raìz deste acordo, ocùrrensenos entre outras......algunhas preguntas sobre a situación que quedará por exemplo o servizo de limpeza do mesmo, que ata agora estaba a ser desenrolado por Persoal de Limpeza propio do Concello tal e como se convocou o proceso selectivo para este e outros cometidos segundo se recollían nas bases do mesmo e das cales podedes ver vos mesmos....


Pagarálle o Sergas a persoa que realiza esta labor?

Contratará o Sergas o seu propio servizo de limpeza?

Si así, fose, a persoa ata agora encargada seguirá tendo o mesmo horario e os mesmos honorarios?

Outra importante pregunta que se nos ocorre será.....¿En qué situación queda agora a oficina que o Concello lle cedía GRATUITAMENTE a empresa que xestiona o servizo municipal de augas?

¿Seguirá o Sergas correndo cos gastos de mantemento (por exemplo da luz....) deste local tal e como facía ata agora o propio Concello tal e como recoñecía o propio Alcalde a pregunta nosa no pasado pleno do 27 de xullo de 2015?

Esta "curiosa" situación foi recoñecida, como decimos polo Alcalde, quen manifestaba que o Concello pagaba os gastos de enerxía elèctrica desta oficina cedida a esta empresa privada tal e como podedes comprobar todos no extracto da acta do pleno anteriormente citado.....




SITUACIÓNS POLAS QUE PREGUNTAREMOS DE NOVO NO VINDEIRO PLENO QUE SE CELEBRE NO CONCELLO,.....

POLO CAL LEVAMOS CASE 4 MESES AGARDANDO ¡¡¡¡¡ 

NUN NOVO INCUMPLIMENTO DAS LEIS VIXENTES POR PARTE DO SR. ALCALDE QUE PARECE, COMO SEMPRE, MÁIS PREOCUPADO POLOS SEUS ASUNTOS PARTICULARES OU POLOS NOVOS CARGOS DE REPRESENTACIÓN QUE OSTENTA QUE POR ATENDER AS NECESIDADES E OBRIGAS DO SEU PROPIO CONCELLO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E POÑENDO NAS TÚAS MÁNS TODA A INFORMACIÓN POSIBLE PARA QUE LEAS, ANALICES.......E SOBRE TODO SAQUES AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS DE TODO O QUE ACONTECE NO TEU PROPIO CONCELLO ¡¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario