Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 1 de febrero de 2017

PROPOSTAS PIONEIRAS QUE AGORA CHEGAN CON RETRASO ¡¡¡

De novo o titular deste artigo resume perfectamente o que está a acontecer coas moitas propostas que o longo deste anos traballando na oposición no noso concello presentamos para a mellora da vida e dos servizos dos nosos veciñas e veciñas e que foron completamente despreciadas polo grupo de goberno municipal do Partido Popular con un Alcalde ao fronte falto de ambición e con ningunha motivación para crear e renovar os deficientes servizos cos que conta o Concello da Peroxa.

Toca polo tanto, unha vez máis, e xa van moitas.....recordar e facer memoria do que acontecía fai non moitos anos coas nosas propostas, e ver agora que son presentadas COMO UNHA REVOLUCIÓN OU UNHA GRAN INNOVACIÓN por parte doutras administracións cando, repetimos, fai ben pouco eran os nosos concelleiros socialistas na Peroxa os que as propoñìamos e eran ignoradas polo Alcalde e uns concelleiros máis preocupados polos seus asuntos e negocios particulares que polo traballo e adicación a mellora do Concello, nalgùns casos como xa temos informado, con grandes retribucións económicas para o desenrolo da súa labor.

O punto de partida que nos da pé e nos motiva a escribir este artigo para que o analicedes e saquedes as vosas conclusións è unha noticia de prensa sobre a CREACIÓN E APROBACIÓN dun MAPA PROVINCIAL DE EMERXENCIAS DE OURENSE por parte da Deputación Provincial de Ourense e para o cal se reclama a COLABORACIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS COMO SON A XUNTA DE GALICIA E OS CONCELLOS DA PROVINCIA (entre os que nos atopamos nós):

www.ourensedixital.com/_novas/17/01/15_01.htm

Tràtase dun mapa a través do cal se poidan xestionar dun mellor xeito todo tipo de emerxencias (bombeiros, ambulancias, etc) e que afectan a todos os nosos pobos e parroquias.

A través deste mapa os servizos de emerxencias deben coñecer os recursos dispoñibles en cada un dos nosos pobos e tamén os correctos accesos a cada emerxencia para tratar de actuar no menos tempo posible en caso de urxencia.

Pois ben, o que hoxe parece unha proposta idílica e que foi ben recibida por tódolos grupos políticos, xa no ano 2012 se fixo no Concello da Peroxa unha proposta similar, daquela centrada na mellora dos nosos servizos para actuar en caso de incendio en algún dos nosos pobos.

Leede e analizade a proposta que presentamos, sobre todo os dous últimos puntos das propostas de acordos:



CURIOSO VERDADE????

POIS ASÍ TRABALLAN OS MEMBROS DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO.......PROPOÑENDO SOLUCIÓNS E ACTUACIÓNS DE MELLORA PARA OS NOSOS POBOS E PARA TODA A VECIÑANZA¡¡¡¡

¿NO CASO DE QUE SE VOS PREGUNTASE COMO VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS A VOSA OPINIÓN E DECISIÓN DE LEVAR A CABO ESTA PROPOSTA CAL SERÍA A VOSA RESPOSTA?
 ......seguro que positiva a realización destas actuacións que económicamente non suporían un gran desembolso e que mesmo se podía ter financiado con algunha subvención que recollese estas actuacións para a mellora da seguridade da veciñanza, como de seguro vai acontecer nos vindeiros meses a raiz da aprobación da creación do citado Mapa.

POIS SABEDES CAL FOI A RESPOSTA DO VOSO ALCALDE E DOS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR ????

.........VOTAR EN EN CONTRA E POLO TANTO NEGARSE A REALIZAR AS ACTUACIÓNS SOLICITADAS PARA ACTUAR ADECUADAMENTE EN CASO DE EMERXENCIA, NESTE CASO, ANTE UN INCENDIO, TAL E COMO TEN ACONTECIDO COA VIVENDA OU ALMACÉN DALGUN DOS NOSOS POBOS.


ESTA É A ÚNICA REALIDADE DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO ¡¡¡¡

Na imaxe seguinte podes leer ti mesmo as ambiguas e tristes respostas a esta nosa proposta extraídas literalmente da acta do Pleno do 9 de xullo de 2012.

Ver para creer.....


Como sempre que presentamos calquer iniciativa ou proposta preparamos con todo detalle os argumentos que xustifiquen a mesma.
Neste caso recordamos no propio pleno, que o noso Concello, ao igual que calquer outro non está libre de calquer sinistro deste tipo, tal e como xa ten acontecido no pasado, onde se tivo que lamentar a perda de vidas humanas....

www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/01/04/2299848.shtml

Polo tanto, unha sólo actuación de mellora que se faga no concello que sirva para evitar outro sinistro xa está máis que ben empleada e xustificada.

Tamén lle amosamos o Sr. Alcalde e os concelleiros do PP algúns dos exemplos do estado lamentable no que se atopan as Bocas de Emerxencia de Incendios nos nosos pobos e parroquias e que vos mesmo podedes comprobar no voso....




Tamén aportamos imaxes de lugares que existen nos nosos pobos e parroquias que ben poderían estar nun bo estado de conservación, non só por estética e respeto polo noso patrimonio, senón tamén como lugares habilitados para a carga de auga dos vehículos de incendios, tal e como se ve na imaxe seguinte o estado de total abandono no que se atopaba no ano 2012 o lavadoiro da Peroxa, que case 5 anos despoios está todavía máis abandoado....




Recordamos tamén, que non fai moito tempo, sufrimos no noso Concello un dos incendios máis violentos e perigosos que se recordan que afectou a varios pobos das parroquias de Toubes e Armental e que puxo en perigo vivendas e locais en diferentes pobos, e mesmo algúns, como no caso da imaxe, arderon por completo....



Como complemento a estas propostas que finalmente non foron aprobadas polo Pleno e para darlle voz e visibilidade as nosas demandas publicamos unha nota de prensa ao respecto, buscando a rectificación por parte dos mandatarios do Concello, que tristemente nunca chegou e estivemos e seguimos estando abandonas a nosa sorte en caso de urxencia ou emerxencia na maioría dos nosos pobos.



PARA REMATAR, INDICAR QUE AGARDAMOS E DESEXAMOS QUE ESTE PLAN DE EMERXENCIA SEXA UNHA REALIDADE E SE OBRIGUE OS CONCELLOS A REALIZAR OS SEUS CORRESPONDENTES PARA PODER ASÍ TER UNHA GUÍA DE ACTUACIÓN QUE MELLORE E DISMINUA O TEMPO DE ACTUACIÓN ANTE CALQUER SINISTRO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA QUE ESTAS ACTUACIÓNS E AS NOSAS PROPOSTAS POR FIN SEXAN UNHA REALIDADE PARA MELLORAR OS SERVIZOS DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS ANTES DE QUE QUEDEN COMPLETAMENTE DESERTOS POR FALTA DE SERVIZOS.


LEE, ANALIZA E SACA AS TÚAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario