Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Unha boa nova...¡¡¡

No Boletín Oficial da Provincia do pasado luns día 28 de novembro publicabase a listado de concellos os cales se lles concede subvención para a adquisición de Desfibriladores, entre os que se atopa o noso da Peroxa.

A subvención acadada é de 1975€ que servirán para sufragar o custe total do mesmo, así como, tamén para a correspondente formación das persoas responsables do seu uso.

No seguinte enlace na páxina 2 a publicacion da concesión:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=273&fecha=20161128

A propia web da Deputación tamèn fai no día de hoxe unha publicación sobre esta liñas de subvencións:

http://www.depourense.es/index.php/actualidade/2188-a-deputacion-de-ourense-destina-axudas-a-32-concellos-para-a-adquisicion-de-desfibriladores

Recibimos polo tanto, con ledicia a concesión desta axuda xa que foi unha das propostas recentemente feita polos nosos concelleiros no pasado pleno de Agosto a través do seguinte rogo e que foi aceptada polo goberno municipal.



Posteriormente, trasladamos as oficinas do Concello unha nova liña de axudas para esta mesma causa e que son compatibles coas da Deputación, desta vez convocadas pola Federación Galega de Fùtbol tal el como se recolle no artigo da prensa local.



SEGUIMOS SENDO A ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡

¡¡¡ TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario