Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Resumo do Pleno Ordinario do 6 de outubro de 2016

A convocatoria e a orde do día dos asuntos a tratar era a seguinte:


No punto 1, ratificouse por unanimidade como ordinario a celebración deste pleno que tería correspondido o mes de setembro.

No punto2, aprobouse por unanimidade a acta anterior.


No punto 3, o portavoz do PP, Jose Manuel Rodríguez Blanco expón os puntos da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles, onde se centran únicamente nun engadido no artigo terceiro, onde se recolle que "os titulares dos centros sanitarios de titularidade pública, sempre qu eestean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos dos referidos centros estarán exentos do IBI".

Todo isto, engade o portavoz e co obxetivo de finalizar a cesión do Centro de Saúde da Peroxa ao Sergas, procedimento que se iniciou xa fai dous anos, pero que todavía está pendente de rematar.

Comenza a intervención o noso portavoz manifestando a súa profunda decepción, xa que agardaba que se incluira neste punto UNHA REBAIXA DOS TIPOS DO IBI, os máis elevados de todos os concellos da Mancomunidade, actualmente no 0,6%.

Unha rebaixa que por certo xa solicitou o Grupo Municipal Socialista nunha moción prensentado no mes de marzo deste ano 2016 e que por decisión do Partido Popular do Concello está todavía sen debater e sen aprobar os seus acordos que serán de gran beneficio económica para tódalas familias do noso concello:



Claramente, se comproba que no seu punto terceiro da petición de acordos figura esa proposta.

Recordamos que no seu día cando a presentamos o Alcalde tildouna de Electoralista ¡¡¡¡.....unha medida que beneficia por fin, despois de moitos anos de subidas de impostos as economías dos nosos veciños e veciñas nunha e electoralista senón XUSTA E NECESARIA ¡¡

Informamos a toda a veciñanza, como exemplo, que esta nosa petición rexeitada polo Alcalde e os seus concelleiros significa que:

Unha vivenda cunha base sobre valor catastral de 60.000€ hoxe segun o coeficiente do 0.6% está a pagar anualmente 360€ que si se aplica a nosa proposta e se rebaixa o 0.4% pasará a pagar 240€, é decir, UN AFORRO ANUAL DE 120€ ¡¡

Cando se presentou a nosa moción no pleno do 31 de maio de 2016, despois da nosa exposición e antes de votar a súa suspensión o Sr. Alcalde adquiriu o compromiso de BAIXAR O TIPO IMPOSITIVO do IBI tal e como se recolle na acta do citado pleno......MALDITA HEMEROTECA¡¡¡



Continuou insistindo sobre esta posibilidade da rebaixa deste imposto o noso portavoz que preguntaba cantas vivendas se deron de alta despois da última regularización catastral, respostando o portavoz popular que preto de 300, que suporían uns 30.000€ de ingresos "extra" no concello.

Tamén preguntamos si estas novas vivendas van a recibir o recibo da basura dos últimos 4 anos no caso de que non tiveran ese impostos dado de alta......aquí xa foi o Alcalde que tomou a palabra para respostar que descoñecía esa posibilidade pero que entendía que non ¡¡

Lembramoslle que xa en maio admitíase por parte do goberno municipal o erro na previsión de ingresos deste imposto do IBI, a pesar que xa no debate de orzamentos lle indicamos esa posibilidade e que nese intre non foi recollida por descoñecer, como outras tantas veces, as modificacións lexislativas que afectan ao seu propio concello.

Argumentaba o noso portavoz que segundo os datos existentes, preveíase nos orzamentos uns ingresos por este imposto de 90.000€ aos que lle hai que engadir 30.000€ máis das novas altas.

Facendo as contas do que sería a posible e necesaria rebaixa deste impostos en 0,2% puntos (do 0,6% ao 0,4%) suporía unha merma de ingresos de 18.000€ sobre os 90.000€ previstos, que se verían compensados polas novas altas de 30.000€ polo que o concello ainda rebaixando este imposto vería aumentados os seus ingresos.....UNHA VEZ MÁIS O SR. ALCALDE E OS CONCELLEIROS PARECE QUE DE MATEMÁTICAS ANDAN XUSTOS XA QUE NO CHEGARON A ENTENDER ESTE RAZOAMENTO.

O Alcalde negaba unha e outra vez que houbera suba ningunha neste imposto nos últimos anos, algo que o noso portavoz lle insistía no contrario e os nosos veciños e veciñas pagan cada vez máis polo IBI.

Neste punto interven o concelleiro Jose Manuel Rodrígue Feijoo, para apoiar a teoría do Alcalde de que nunca houbera subas amosando uns cargos bancarios dos ultimos anos deste recibo.

Como sempre, o portavoz socialista amosaba noticias de prensa diversas para argumentar e xustificar as súas propostas, algunhas das cales podedes consultar nos enlaces seguintes:


Para evitar esta situación no vindeiro ano, estamos ao límite de prazo para facer os trámites necesarias para esa rebaixa, pero o Alcalde segue negándose a mesma.


Nesta noticia non aparece o noso concello, porque xa apareceu en noticias do ano anterior, de feito xa estamos a sufrir eses incrementos no 2016.


Para finalizar este debate, onde non fomos quen de convencer o goberno municipal do PP para que aceptase a nosa proposta, e pensase nas economías dos seus veciños e veciñas, de novo interven o concelleiro Jose Manuel Rodriguez Feijoo, para pedir disculpas pola información anterior e confirmar unha considerable suba nos seus recibos de IBI deste ano.......ALGUÉN POR FIN CON ALGO DE SENTIDO COMÚN ¡¡¡

Rematamos solicitando do Sr. Alcalde unha recapacitación da súa decisión polo ben da veciñanza pero que non foi atendida, citándonos para os vindeiros meses, a retomar este debate unha vez que cheguen ao concello os valores catastrais, que segundo él todavía non llos fixeron chegar ao concello, e de ser o caso, veríase esa posible reducción deste imposto para o vindeiro exercicio 2018 ¡¡

No punto 4, aprobouse por unanimidade nomear a Mario Fente como Xuiz de Paz sustituto por ser o único candidato presentado.

No punto 5, indicouse que estaban a nosa disposición os decretos da Alcaldía, que xa foron verificados.

No punto 6, non houbo mocións, pero todavía queda pendente a nosa sobre a REBAIXA E EXENCIÓNS DO IBI URBANO E RÚSTICO, a pesar de que en cada pleno se trata o tema, como aquí tamén aconteceu, e que xa vos informamos puntualmente.

No punto 7, no apartado de Escritos e Comunicacións, presentamos o seguinte escrito:


Con respecto e como resposta a este asunto o Alcalde indica que "se cambiou o día sàbado 11 de novembro polo luns día 13 de novembro".
Xustificou a elección desa data por ser a mesma que escolleu o Concello de Ourense e outros limítrofes.

No punto 8, por uninimidade aprobouse modificar os Estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra nos puntos previstos.

No punto 9, de Rogos e Preguntas, presentamos dentro do apartado de ROGOS os seguintes:


No rogo número 1 o alcalde indica que xa está subsanada esa deficiencia.

O estado de deterioro anterior era o seguinte:


No rogo número 2, o Alcalde informa que "a Deputación está a estudar o asunto e que en canto se incorpore o inxeñeiro (está de baixa) agarda que se axilice unha solución ao problema plantexado".

Agardemos que veñan pronto as solucións, antes de ter que lamentar incidentes graves por ter executado esta "chapuza", indicamos que as obras ou se fan ben ou é mellor non improvisar. Indicamos que como moito si se pretende só pode ser "unha rotonda de día" xa que de noite non se ve absolutamente nada.

As imaxes que xustifican a nosa petición son as seguintes:




No rogo número 3, o Alcalde xustifica que xa no seu día se intentara facer algo similar, pero que tivera pouca repercusión. 
Reiteramos que agora a través de medios electrónicos e redes sociais podía ter máis repercursión.
Comprometeuse a que unha vez que estivera rematado o local do Centro Multiusos se levaría a cabo esta proposta.

No aparado de PREGUNTAS, presentamos as seguintes:


En resposta a pregunta 1, manifesta o Alcalde que "o Concello xa se adheriu a Rede de Espazos Culturais e está a espera da normativa que regule o convenio, e no que atingue as depuradoras que xa se leva tempo adherido para as de Peares e Armental".

Na reposta a pregunta 2, indica que "a traballadora social do concello lle informou que non había ningunha familia nesta situación, polo tanto, non se levará a cabo esta acción".

Finalmente, na resposta a pregunta 3, manifesta que "ata agosto de 2017 non se suspenderan os servizos, e que agarda que a Xunta actue convenientemente para que esto non suceda, que haberá que ver como transcorren as circunstancias".

As noticias sobre este asunto informan do seguinte:



Como remate no Pleno, preguntamos oralmente sobre dúas cuestións de interès:

1) Como é posible que un escrito presentado na Sede Electrónica do Concello no mes de Xullo deste ano nunca tivera resposta nin actuación, xa que se trataba dunha petición de limpeza sobre camiños públicos do concello.??
Entre o Alcalde e o Secretario argallan respostas evasivas para terminar confesando que a Sede Electónica non está atendida por ninguén ¡¡¡
O noso portavoz indica que é unha boa ferramenta para que a veciñanza non teña que desprazarse as oficinas municipais a facer trámites, alixeirando así a carga de traballo, esa da que tanto se queixa o Alcalde, e mesmo usa como disculpa para negarnos o acceso aos expedientes para poder realizar a nosa labor de control no Concello, ademáis de non ter que pagar a Taxa Municipal de 3€ por presentación de escritos no Rexistro.

A resposta do Alcalde foi "QUE PREFIRE QUE A XENTE LLE VEÑA O CONCELLO, PARA PODER TER CONTACTO CON ELES E VERLLES AS CARAS"...................ao que engade o noso portavoz que todavía prefire mellor esas "visitas" en èpocas preelectorais, que lle forran moitos viaxes ¡¡¡

No que realmente, importa, que é a non atención da petición "o Alcalde indica que o Concello non está en condicións de limpar todos os camiños municipais ¡¡¡".....gran resposta cando hai unha normativa da Xunta moi estricta neste punto e que mesmo dende o Concello se transmite a veciñanza a través dos Bandos Informativos.


A solicitude telemática era a seguinte:


As imaxes que acompañaban e xustificaban esta petición eran as seguintes:







CON ACTITUDES E RESPOSTA POR PARTE DO ALCALDE SOBRE ASUNTOS IMPORTANTES COMO ESTES É COMO REALMENTE COÑECEDES A QUEN ESTÁ GOBERNANDO ESTE CONCELLO ¡¡¡¡

A OSADÍA E CINISMO DO SR. ALCADE CHEGA ATA TAL PUNTO, QUE NO DEBATE DESTA PETICIÓN PARA XUSTIFICAR A SÚA NEGLIXENCIA MESMO CHEGOU A ACUSARNOS DE ENSUCIAR O CONCELLO NOS CONTENEDORES DO LIXO E NAS PARADAS DE BUS CON CARTEIS ELECTORIAS DA PASADA CAMPAÑA....MANIFESTANDO QUE ESO SÍ È LAMENTABLE E DE MAL GUSTO PARA TODOS E NON TER "UNHAS POUCAS PISTAS CON MALEZA"....INCRIBLE¡¡¡

O NOSO PORTAVOZ RESPOSTOULLE QUE DENDE QUE ÉL ESTÀ NA AGRUPACIÓN SOCIALISTA SEMPRE SE COLOCARON OS CARTEIS ELECTORAIS MOI RESPETUOSAMENTE EN DIFERENTES LUGARES DO CONCELLO, SEN INVADIR OS DE OUTRAS FORMACIÓNS NIN DE OUTROS ANUNCIOS COMO FESTAS, ETC. ESO SÍ, COLOCAOS NOS CONTENEDORES OU PARADAS DE BUS, PORQUE SON OS LUGARES DE MÁIS VISIBILIDADE E PORQUE ÉL NON FOI QUEN EN 37 ANOS DE MANDATO DE INSTALAR NOS POBOS LUGARES AXEITADOS PARA ESTE TIPO DE INFORMACIÓN OU DE OUTRA ÍNDOLE PARA A VECIÑANZA.

TAMÉN SE LLE EXPLICOU QUE EN TÓDOLOS PROCESOS ELECTORAIS ANTERIORES AS MUNICIPAIS DE 2015 UNHA VEZ PASADAS AS VOTACIÓNS SE RETIRARON SEMPRE OS CARTEIS, DEIXANDO OS LUGARES LIMPOS, PERO DENDE ESA FECHA DE MAIO DE 2015 ONDE NON SE RESPETARON OUTRAS OPCIÓNS POLÍTICAS COMO A NOSA E SE NOS ARRANCARON EN MOITOS POBOS E PARROQUIAS OS CARTEIS NUNS ACTOS E ACCIONS MÁIS PROPIAS DOUTROS RÉXIMENS E TEMPOS SE DECIDIU NON VOLTAR A RETIRALOS, XA QUE ESES MESMOS QUE OS DESTROZAN EN CAMPAÑA TAMÉN PODEN PASAR LOGO A RETIRALOS SE TANTO LLES MOLESTAN ¡¡¡

O ALCALDE TAMÉN REPROCHOU QUE SE PUBLICARA NA PRENSA LOCAL NA PASADA CAMPAÑA DAS AUTONÓMICAS UNHA FOTO-DENUNCIA ONDE SE AMOSABA A COLOCACIÓN DUN CARTEL DO CANDIDATO FEIJOO NUN PANEL INFORMATIVO DO CONCELLO NOS PEARES....



MANIFESTOU ENÉRXICAMENTE O SR. ALCALDE QUE O CARTEL NON FOI COLOCADO "POLOS NOSOS" ¡¡¡¡.......NON O SABEMOS NIN NOS IMPORTA, O QUE ESTÁ CLARO E SEGURO E QUE NOS NON FOMOS.

DE FEITO, LLE INDICAMOS MESMO QUE NESE LUGAR DOS PEARES O PROPIO DÍA DAS VOTACIÓNS NOS MESMOS RETIRAMOS CARTEIS ELECTORIAS DO PSOE COLOCADOS (NON POR NÓS, SENÓN POLOS COMPAÑEIROS DE CARBALLEDO) FRONTE O LOCAL ELECTORAL DO CONSORCIO, PARA RESPETAR E CUMPRIR AS NORMAS RELATIVAS A PUBLICIDADE NA CONTORNA DOS LOCAIS ELECTORAIS.

NON FOI IGUAL DE RESPETUOSO O PP COA SÚA PECULIAR E TRADICIONAL PANCARTA DE APOIO "O SEUS PRESIDENTE", ONDE RECORDEMOS QUE ESTA PANCARTA XA FOI EN ALGÚN PROCESO ANTERIOR RETIRADA POR ORDE DA MESA E DA GARDA CIVIL.......PERO VEMOS QUE A FALTA DE RESPETO POLAS NORMAS E TOTAL ¡¡¡



PARA FINALIZAR, E COMO EXEMPLO DA FALTA DE COHERENCIA UNHA VEZ MÁIS DO SR. ALCALDE INDICARLLE QUE NOS PARECE BEN QUE SE PREOCUPE POLA LIMPEZA DO SEU CONCELLO (QUE DÁ PENA VELO, POR CERTO), PERO QUE SEXA CONSECUENTE COAS SÚAS PALABRAS XA QUE EXEMPLOS DE ABANDONO, SUCIEDADE E DESTROZOS DO MOBILIARIO TERÍAMOS PARA PUBLICAR DURANTE MOITOS DÍAS....

SIRVA COMO EXEMPLO UN PAR:

ESTO É O QUE ÉL CONSIDERA LIMPEZA NO EXTERIOR  DUNHA INSTALACIÓN DEPORTIVA???


SE QUERE QUE FALEMOS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN DE MARQUESINAS OU PARADA DE BUS PODEMOS COMENZAR POR ESTA....


EN FIN.....COMO DIRÍAN OS VELLOS......¡¡¡¡O QUE HAI QUE AGUANTAR ¡¡¡


2) Fixemos no pasado pleno de Maio de 2016 un Rogo (nº 1) onde solicitabamos o urxente arranxo dun muro no pobo de Corbelle que estaba en risco de derrumbe sobre unha estrada pùblica municipal:


A resposta do Sr. Alcalde naquel pleno foi "que a situación non é tran grave, que só son dúas pedras que estàn un pouco soltas", tal e como indica a imaxe seguinte do extracto da acta do mesmo.



As imaxes, como sempre facemos, para xustificar as nosas peticións eran as seguintes:



Pois ben, semanas despois, sen ser atendida a nosa petición.....o muro finalmente caeu ¡¡¡ .....e así está todavía agardando que os responsables municipais o arranxen, e o Alcalde resposta nesta asunto neste pleno que "pronto estará arranxado" ¡¡¡

INFORMAMOS QUE ESTA ANOMALÍA XA FOI SUBSANADA MEDIO ANO DESPOIS DE SER SOLICITADA ¡¡¡



ESTO FOI O QUE DEU DE SÍ UN DOS PLENOS MÁIS IMPORTANTES QUE TEMOS CELEBRADO E ONDE QUEDOU DE MANIFESTO QUE O ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS O TEMA DE REBAIXA DE IMPOSTOS PARA FACILITAR A VIDA DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS NON LLES IMPORTA ¡¡¡

COAS RESPOSTAS DADAS POLO ALCALDE EN ALGUNHAS DAS CUESTIÓNS PLANTEXADAS QUEDA DE NOVO DE MANIFESTO A SÚA ACTITUDE DE PASOTISMO E DE TOTAL FALTA DE INTERÉS POLAS PROBLEMÁTICAS REAIS DA VECIÑANZA.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡

DE TÍ DEPENDE QUE ESTAS SITUACIÓNS SE FAGAN DOUTRO XEITO E QUE O CONCELLO SEXA UN LUGAR PARA EXIXIR OS TEUS DEREITOS E NON PARA PEDIR  FAVORES ¡¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario