Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 18 de agosto de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 20 e 21 de Agosto de 2016

Continuamos con escasa programación no mundo do deporte.

Tan só informar dun novo partido preparatorio do A PEROXA CF diante do SDC MANCHICA o venres día 19 as 21:00 no Campo do Marco.

Seguen tamén as destacadas actuacións dos compoñentes do PEROXA RUNNING nas diversas probas nas que participan, e nas que neste fin de semana os levarán a algunha das que marca o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Si teremos, pola contra, variedade festiva no Concello, onde cabe destacar unha nova edición da popular festas das charangas no Castelo, desta vez con un longo programa de actividades que ocuparán a práctica totalidade do día.

Este é o cartel anunciador....


A prensa local anuncia este evento importante:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/08/17/castillo-peroxa-acogera-segundo-festival/1516769.html

Destaca neste programa, como comenzo a este día de diversión, unha màis que merecida homenaxe a AMANDO IGLESIAS MOURE, un gran historiador sobre o patrimonio da nosa zona, unha persoa reivindicativa na defensa do noso e tamén participativa en eventos importantes como nos tradicionais maios da cidade de Ourense.

A prensa local recollía en numerosas ocasións as súas opinións.....

http://www.laregion.es/articulo/cartas-al-director/reponer-nome-fontearcada/20080918103236064601.html

Tamén as sùas demandas....

http://www.laregion.es/articulo/cartas-al-director/abandono-do-castelo-cemiterio-da-peroxa/20110716075018156837.html

.....un asiduo participante no Certame de Coplas dos Maios....

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/05/03/0003_8458402.htm

Tal e como indicamos, unha merecida homenaxe que chega por parte dos organizadores deste evento, que coñecen a perfección a súa traxectoria.

Son de sobre coñecidos os seus escritos e documentos históricos e informativos que ubica na contorna do seu querido e admirado Castelo da Peroxa.

No seu día, dende esta agrupación, fixemos unha reportaxe sobre o estado de abandono no que se atopaba esta idílica paraxe, demandando melloras, que algunhas foron executadas, entre as que solicitabamos unha mellora na ubicación e conservación destes seus documentos de gran valór histórico, que todavía hoxe están sen realizar e que creemos que é necesario.

Consulta este artigo publicado no xa lonxano ano 2013:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html


Tamén se celebrarán festas patronais en Gueral e Besteiros, anunciadas cos carteis seguintes...




Non podía faltar tamén este ano, fiel a súa cita, a Festa da Carne Arreglada, a que te convidamos a asisitir para disfrutar deste manxar gastronómico:


A prensa local publica este artigo sobre esta festa...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/08/19/peroxa-acogera-domingo-segunda-festa/1517867.html

Entre as actividades prevista, lembra que está aberto o prazo para apuntarse a excursión ao Parque Acuático de Cerceda....



PARTICIPA NOS EVENTOS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario