Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 12 de agosto de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 13 e 14 de agosto de 2016

Comenza a aparecer de cara a vindeira tempada a axenda de partidos dos nosos equipos representativos, desta vez será a presentación do equipo da primeira autonómica 2016/2017 de A PEROXA C.F..




A axenda deportiva completase co calendario de probas dentro do deporte do atletismo onde algúns dos representantes do PEROXA RUNNING participará, como sempre destacando e levando o nome do Concello.

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Si a semana pasada facíamos referencia a gran actuación dun dos nosos atletas en Asturias, agora toca, e xa van varias, de novo falar doutro éxito de ADRIÁN RODRIGUEZ DÍAZ na proba celebrada a fin de semana pasada en Bande con un máis que meritorio 2º posto, logo dunha espectacular carreira na que ven poido acadar a victoria.




Seguimos anunciando para que te apuntes unha nova edición da Festa da Carne Arreglada en San Ciprián.



Anunciamos unha actividade organizada polo Concello, para viaxar ao Parque Acuático de Cerceda...



Rematamos recordando a tod@s que este sábado día 13 teremos a tradicional Feira da Peroxa, onde se poderá desgustar os nosos espectaculares productos gastronómicos.



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DO QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario