Desta vez, temos, dentro da eliminatoria previa da Copa Deputación 2016 o seguinte encontro:
SP. CELANOVA - A PEROXA C.F. : Domingo 28 as 18:30 no campo de Celanova.
Tamén segue a actividade para os practicante do atletismo, onde os membros do PEROXA RUNNING participaran en algunha das probas que marca o calendario:
No apartado festivo, non temos coñecemento de ningunha festa no noso Concello, polo que vos convidamos a participar e disfrutar dalgunha das existentes nas pobos cercanos doutros concellos, como ben poden ser no pobo da Barra (Coles).
Recordamos a tod@os que este sábado teremos a feira do 27 na Peroxa, para disfrutar da nosa exquisita gastronomía.
Polo que respecta as actividades previstas lamentar o aprazamento (que non suspensión) por parte do Concello da excursión ao Parque Acuático de Cerceda, según indican nas súas redes sociais... "As prediccións meteorolóxicas para o día 27 son desfavorables, polo tanto queda aplazada a excursión ao Aquapark de Cerceda!!
Confiamos en que realmente, este fora o motivo real da suspensión, xa que o tempo que as predicións meteorolóxicas dan para ese día e nese lugar tampouco son nada desfavorables tendo en conta que esa zona xeográfica non goza habitualmente das temperaturas e días de sol que podemos ter polas nosas terras, polo que aconsellamos aos organizadores que en vindeiros anos se adiante esta excursión a datas iniciais do periodo de verán para poder así esperar ter mellor climatoloxía.
No seguinte enlace o tempo previsto:
Na Peroxa (según enlace a propia web do Concello):
Como podedes comprobar, a pesar de que algún "secuaz" relacionado cos mandatarios do concello se atreve a indicar e predicar nas súas redes socias, para xustificar este aprazamento "que o tempo non dará para facer grandes cousas".
¡¡¡ Pois con 30º que se pronostican e con un sol radiante unha das alternativas será a piscina para refrescarse ¡¡¡
O tempo para a localidade de Cerceda é o seguinte:
23º grados e con sol o mediodia, e sin risco ningún de choiva ¡¡¡
VER PARA CREER ¡¡¡¡
SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡