Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 10 de marzo de 2016

RESUMO DO PLENO NO CONCELLO DO 25 DE FEBREIRO DE 2016

Outra vez con un retraso de case un mes, xa que este pleno correspondería tal e como se acordou por iniciativa do Sr. Alcalde, no mes de Xaneiro, celebramos o pleno no Concello da Peroxa.

A convocatoria e correspondente orde do día era a seguinte:


No punto 1, aprobouse por unanimidade a acta anterior.

No punto 2, aprobouse por unanimidade a ratificación de ordinario deste pleno, pero matizamos e lembramos que o Sr. Alcalde comprometerase a avisarnos con unha semana de antelación da celebración dos plenos, xa que o non ter data fixada (tal e como requiren as leis), para facilitar a nosa labor de presentación de documentación e preparación dos asuntos do pleno.....PERO NOVAMENTE INCUMPLE A SÚA PALABRA E ENTERAMONOS DO PLENO CANDO CHEGOU A SÚA CONVOCATORIA.

Ademáis neste pleno, con máis motivo xa que se debatían a aprobaban os orzamentos, cuxo expediente conta de máis de 100 páxinas que nos vemos na obriga de leer, entender, analizar e sacar conclusión en tan só dous días¡¡¡¡

Unha vez máis, escurre a súa responsabilidade alegando que deu orde de que se nos avisase por parte dun traballador do Concello, cuestión que non se realizou, e que ìa averiguar os motivos.

No punto 3, comenzou o Sr. Alcalde (cuestión que nos extrañou, porque nesta lexislatura o novo portavoz do grupo do Partido Popular é Josè Manuel Rodrìguez Blanco. Será unha práctica habitual que siga sendo o Alcalde o que expoña e defenda os asuntos, ou terá por fin voz o novo portavoz nun exercicio de rexeneración e coherencia e respeto polos nomeamentos recentemente feitos), expondo que en canto o cumprimento do que obriga a Lei de Transparencia "se vai facendo o que se pode, debido a ausencia de persoal".

Replicamos que agora mesmo o Concello leva case tres meses incumprindo a citada Lei, e non sò por falta de persoal.....senón tamén por falta de previsión tal e como xa lle tiñamos proposto en plenos anteriores invitando a que se foran adaptando progresivamente para que "non os collera o touro" (pois a cornada foi de pleno¡¡¡).

Por este motivo se trae a pleno a posible adhesión ao Convenio que a Deputación propòn para esta materia os Concellos.

O noso portavoz aceptou esta proposta de adhesión, pero solicitou saber o nome da persoa responsable desta materia TAL E COMO SE PIDE NO ACORDO DE ADHESIÓN A ESTE CONVENIO no seu artigo 6, tal e como se pode comprobar no texto completo do Convenio no seguinte enlace:

http://www.depourense.es/images/institucional/transparencia/CONVENIO_TRANSPARENCIA.pdf

O Sr. Alcalde noutra mostra máis do seu pasotismo e de falta de interès polos asuntos que afectan o concello e mesmo as materias que ÈL MESMO decide traer a pleno, indicanos "QUE TODAVÍA NON PENSARON NESA PERSOA PORQUE NON SABÍA QUE HABÍA QUE PROPOÑELA HOXE" ¡¡

Tras consultar co secretario esta situación.....decídese pospor a aprobación deste Convenio para o seguinte Pleno, coa conseguinte perda de máis semanas, ou quizáis meses de incumprimento dunha Lei de Obrigado cumprimento......ASÍ FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡¡¡

No punto 4, aprobaronse os Orzamentos 2016 cos votos favorables do Partido Popular e os votos en contra dos concelleiros socialistas.

Comenza o Sr. Alcalde de novo, indicando que "o igual que nos anos pasados este é un orzamento eminentemente técnico con un par de pinceladas políticas".

O  noso portavoz socialista comenza a intervención resumindo nas súas propias palabras que UN ANO MÁIS TEREMOS UNS ORZAMENTOS INMÓVILES E IRREAIS, que non sufren variacións significativas nin se atopan novedades en canto as necesidades de Axudas Sociais e para a Promoción do Emprego, pilares básicos nos tempos actuais e vendo as necesidades do noso Concello....SENDO POLO TANTO, E SEGUNDO CONFIRMA O ALCADE UN "CORTA Y PEGA" DE ANOS ANTERIORES, sen pararse a analizar a situación na que se atopa o Concello na actualidade cunha sangría demográfica GRAVÍSIMA¡¡¡

Cuestiona o noso portavoz o motivo polos cales nos se nos fixo chegar a Liquidación dos Gastos e Ingresos do segundo semestre do pasado 2015 para poder analizar a situación, obtendo por resposta que todavía está sen pechar ¡¡¡

Fixemos unha analise en detalle de algunha das cuestións principais destes orzamentos, as cales vos resumimos nos seguintes puntos:

A) Preguntamos porquè non se preveía un incremento nos ingresos no Impostos Indirectos no que se refire os tres tipos de IBI, xa que tal e como se propuxo dende o noso Concello se realizou un revisión catastral tanto de fincas urbanas como rústicas tal e como se publica no BOE.

http://www.boe.es/boe/dias/2015/07/30/pdfs/BOE-A-2015-8549.pdf

Na paxina 3 do enlace anterior, nos concellos da provincia de Ourense aparece o nos da Peroxa.

Na paxina 38 do enlace seguinte tamén atopamos datos relativos o noso Concello:

http://www.boe.es/boe/dias/2015/09/28/pdfs/BOE-A-2015-10358.pdf

As noticias na prensa local ao respecto desta "regularización" son tremendamente preocupantes ¡¡¡

http://www.laregion.es/articulo/ourense/revision-catastral-rural-aumentara-ibi-10/20160211074211600589.html

Dentro dos parámetros desta regularización compartimos e estamos de acordo con que se igualen condicións a toda a veciñanza en canto o estado das vivendas conforme indican as leis, tal e como se resume neste artigo de prensa, e que incrementan os ingresos dos nosos concellos:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-pereiro-de-aguiar/2015/12/15/regularizacion-catastral-aflorar-miles-inmuebles-ocultos-ourense/0003_201512O15C3991.htm

Ainda que nesta mesma regularización, que outros denominan "CATRASTRAZO", hai outros aspectos nos que xa non estamos tan de acordo, tal e como tamen se recolle no seguinte artigo da prensa local:

http://www.farodevigo.es/galicia/2016/02/20/revision-catastral-millon-galpones-naves/1408110.html

Esto ven a indicar que se aplicará tasas de IBI rústico, que os artigos da prensa recollen deste xeito:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/02/04/revision-catastral-obligara-miles-naves-establos-pagar-ibi-rustico/0003_201602G4P34994.htm

Esta medida sería un gran atentado contra as economías familiares e sobre todo contra os nosos gandeiros, que son fonte de riqueza e emprego no noso Concello.

As negras noticias sobre esta cuestión, confirmanse a través de noticias como a seguinte:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/02/11/granjas-alpendres-pagaran-contribucion-ano/0003_201602O11C2991.htm

RECORDAMOS QUE ESTA PETICIÓN DE REGULARIZACIÓN, OU TAMÉN CHAMADO AGORA "CATASTRAZO", POLAS SÚAS GRAVES CONSECUENCIAS FOI SOLICITADA PARA ESTE ANO POLO NOSO CONCELLO DA PEROXA.

Despois dos argumentos expostos, preguntamos o Sr. Alcalde si esta medida está xa en vigor no noso Concello.....o que respostou, con claras dúbidas, "QUE CREÍA QUE NON".

PROPUXEMOS QUE NO CASO DE SE FIXERA EFECTIVA XA NESTE ANO, BOTASEMOS MAN DA ORDENANZA MUNICIPAL ONDE O CONCELLO PODE REDUCIR ATA NUN 95% ESA NOVA TASA PARA AS EXPLOTACIONS AGROGANDEIRAS DO NOSO CONCELLO......CUESTION QUE ACEPTOU, PÈRO TAN SÓ PARA O ANO 2017 VINDEIRO, NUNCA PARA ESTE ACTUAL EXERCICIO 2016 POR NON PODER TER EFECTOS RETROACTIVOS.

Esperaremos, polo tanto, acontecementos, e no caso de que sexa efectiva presentaremos as proposicions, mocións ou rogos necesarias para que o Concello aplique a porcentaxe mínima do 0,3% (xa que hoxe está no 0.6%), así como a reducciòn do 95% que recolle a ordenanza.

Estas medidas de reduccións e bonificacións tan só afectarían as explotacións gandeiras, así rexistradas.........Non sería para o resto de infraestructuras particulares a carón das vivendas nos nosos pobos ¡¡¡

B) Continuamos o debate sobre os orzamentos preguntando sobre unha publicacion na MEMORIA EXPLICATIVA, onde o Sr. Alcalde indica que "se pretende contratar un "adminstrativo laboral" para reforzar os servizos nas oficinas municipais, colaborando coa remisión de datos ao Portal de Transparencia da Deputación.
Sobre este tema da necesidade de persoal no Concello, tamén fai referencia o Secretario no seu INFORME DA INTERVENCION, manifestando que "e necesario a cobertura da praza de auxiliar administrativo(que está vacante actualmente).

Preguntamos si esa praza que cada un denomina de distinto xeito (Administrativo Laboral e Auxiliar Administrativo) è a mesma ou son dúas diferentes.

Resposta o Alcalde que falan da mesma.

Preguntamos sobre o procedemento de selección que se vai a seguir.... e falan da publicación dunhas bases coas instruccións, onde o noso portavoz insiste na necesidade DUNHA PUBLICIDADE EFECTIVA PARA QUE CHEGUE A TODOS, NON UNHA SIMPLE PUBLICACION COMO HABITUALMENTE SE FAI NO XORNAL FARO DE VIGO, e con un prazo sempre mínimo de 3 días que moitas veces fan coincidir coa fin de semana para reducir todavía máis ¡¡¡

Neste punto o Sr. Alcalde manifesta moi desafortunadamente "que nos sempre andamos pedindo publicidade para que se enteren tòdolos interesados e despois resulta que pasa como coa praza recentemente adxudicada na Mancomunidade que a leva unha candidata de Vigo ¡¡¡¡"

Tivemos que explicarlle, por si non o sabía, que había unhas leis e principios que se tiñan que garantir.....MERITO, CAPACIDADE, PUBLICIDADE E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, que velaremos por que se cumplan escrupulosamente, tal e como vimos facendo en procesos anteriores.

C) Tamén nos interesamos polos datos do capítulo 4 de Transferencias Correntes no estado de ingresos onde hai con respecto o ano anterior unha merma importante nos ingresos da Comunidade Autònoma o pasar do 306.000€ en 2015 ata os 282.000 deste 2016.

Indica o Sr. Secretario que neste exercicio non se inclue a aportación do Plan Marco de mellora de camiños....¿?

FINALIZAMOS INDICANDO QUE COMO CARÀCTER XERAL, UN ANO MÁIS OS GASTOS DE PERSOAL (A PESAR DA SÙA ESCASEZ TAL E COMO MANIFESTAN ALCALDE E SECRETARIO) LÉVASE XUNTO COS GASTOS CORRENTES PRETO DO 75% DO ORZAMENTO.

AS INVERSIÓNS REAIS DISMINÙEN DRÁSTICAMENTE.

A PRIORIDADE QUE DEBERÍA SER A XERACIÓN DE EMPREGO NON APARECE NESTE ORZAMENTOS NIN POR ERROR.

NON HAI PREVISIÓN ALGUNHA DE OBRAS NIN PROXECTOS CONCRETOS PARA O CONCELLO, TAN SÓ NOMES E PARTIDAS XENÉRICAS.

CON ESTA SITUACIÓN NO É DE EXTRAÑAR OS PREOCUPANTES DATOS DE INEXECUCIÓN DO ORZAMENTO 2015 E ANTERIORES, ONDE UNHA VEZ MÁIS SE PRESUME DE SUPERAVIT E REMANENTE, PERO TRISTEMENTE A CONTA DE NON FACER NIN EXECUTAR OBRAS NECESARIAS TANTO NOVAS COMO DE MANTEMENTO DOS NOSOS SERVIZOS E INFRAESTRUCTURAS.

A VIDA POLÍTICA ACTUAL DEBE E TEN QUE EVOLUCIONAR E FACELA MÁIS PARTICIPATIVA CARA A CIDADANÍA, TAL E COMO PROPOÑEMOS NA NOSA MOCION POSTERIOR, QUE ANALIZANDO ESTES ORZAMENTOS INTUIMOS QUE SERÁ DE NOVO REXEITADA POLO SEU GRUPO DE GOBERNO, INMOVILISTA E PECHADA A CALQUE AVANCE OU PARTICIPACIÓN PLURAL.

NOS ANOS QUE XA LEVAMOS NESTA CORPORACIÓN, VEMOS COMO A PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS È UN SIMPLE PARIPÉ REGULAMENTARIO QUE ANO TRAS ANO SE NEGAN A EVOLUCIONAR, A MELLORAR E PROPOÑER OU ACEPTAR PROPOSTAS PARA DINAMIZAR A ACTIVIDADE EMPRESARIAL, SOCIAL, ECONOMICA OU CULTURAL DESTE NOSO CONCELLO, MOTIVO POLO QUE NOVAMENTE O NOSO VOTO SERÁ EN CONTRA DESTES ORZAMENTOS.

No punto 5, aprobouse por unanimidade a modificacion dos Estatutos do Consorcio dos Peares, para segundo indica a nova Lei de Reximen Local, adaptar as competencias facendose a Xunta de Galicia cargo das mesmas, entre outras pequenas modificacions aceptadas a proposta da asociacion de Veciños "Sen Fronteiras".

Tamén esta mesma situación tivo o seu aprobamento no resto de concello e deputacións, tal e como se publica na propia web da Deputación de Ourense:

http://www.depourense.es/index.php/actualidade/1644-a-comision-de-cooperacion-da-deputacion-de-ourense-abordara-a-modificacion-estatutaria-do-consorcio-local-dos-peares

No punto 6, o Sr. Alcalde indica que os decretos estàn a disposicións dos membros da corporación, os cales xa foron revisados e analizados nos días previos o Pleno.

No punto 7, de escritos e comunicacións non se presenta nada.

No punto 8, a nosa Agrupación Municipal Socialista presenta a seguinte Moción:



O noso portavoz argumenta que debemos aproveitar a unión de empresarios do concello en diversos eventos e proxectos en común para darlles a opción de que propoñan e decidan en que invertir unha parte dos orzamentos municipais, coa creación dun consello representativo que de luz e transparencia na adxudicación das diferentes partidas económicas as asociacións, clubs deportivos, etc.....NUN CLARO EXERCIO DE TRANSPARENCIA.

Non debemos olvidar que no noso Concello hai rexistradas 13 Asociacións de Veciños, moitas delas recibindo anualmente subvencións de distintas administracións, principalmente da Deputación tal e como se publica no seguinte enlace na súa páxina 20:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=55&fecha=20160308

Tamén existen 3 Asociacións de Mulleres, 1 de Gandeiros, 9 Culturais, 4 deportivas, 3 xuvenis, onde tamén varias delas están a recibir tanto axuda municipal, provincial como autonómica para desenvolver distintos proxectos.

Son moitos xa os concellos, que nun exercicio de acercar a vida política a veciñanza publicaron os seus regulamentos de Participación Cidadá, por certo, con gran aceptación e éxito na maioría deles.

Replica desta vez, o portavoz do PP Josè Manuel Rguez Blanco, que o concello sempre escoita as opinións e que están dispostos a colaborar en tódalas iniciativas.

Engade o portavoz socialista, que o Concello debe ser o gran impulsor das actividades que se realicen no no termo municipal e non ir como ten acontecido, a remolque das iniciativas privadas.

Negaron este punto, manifestando o Alcalde que os empresarios "teñen que buscarse os seus recursos e a sùa promoción particular para subsistir".

Anunciaron a inminente realización de actividade como o Enduro, unha Andaina entre outros.

Remata a súa intervención o portavoz do Partido Popular indicando que cando os concello limítrofes teñan este regulamento de participación, esperaran polos resultados do seu funcionamento e obraran en consecuencia.

FINALIZAMOS INDICANDO QUE POR UNHA VEZ, O CONCELLO DA PEROXA PODERÍA LEVAR A INICIATIVA E NON IR SEMPRE A REMOLQUE DO RESTO ¡¡¡¡

No punto final nº 9, no apartado de Rogos e Preguntas presentamos en primer lugar os seguintes ROGOS:



En canto o Rogo nº 1 o Sr. Alcalde indica "que esa petición de limpeza e mellora xa está feita para esa estrada, así como tamén para a de Barra de Miño".

As imaxes que xustifican a nosa petición son as seguintes:







En canto o Rogo nº 2, comprométese o Sr. Alcalde "a facer as escaleiras cando rematen as competicións oficiais no Campo de Futbol nesta tempada", recoñecendo a súa necesidade.

As imaxes que xustifican esta petición son ven evidentes e coñecidas por todos aqueles que domingo tras domingo facemos uso das mesmas:



A seguinte imaxe amosa como unha obra similar noutra grada sí ten as necesarias escaleiras:


A RAÍZ DESTA PETICIÓN SURXEN MANIFESTACIÓNS AMOSANDO O DESCONTENTO SOBRE A EXECUCIÓN DESTE MILLORANIO PROXECTO QUE PARECE ESTAR FEITO POR UNHA PERSOA QUE NUNCA ENTRARA A UN CAMPO DE FÚTBOL, POLAS SÚAS MOITAS DEFICIENCIAS:

A ausencia das escaleiras no graderío poderìamos engadir outras graves como é o acceso a uns vestiarios pola parte traseira da grada, ocasionando problemas na saída e sobre todo retorno de xogadores e árbitros a finalización dos encontros que poden ocasionar incidentes o ser un espazo totalmente aberto e de acceso a calquer persoa, motivo polo que xa algúns àrbitros teñen amosado as súas queixas.

Tamén è de difìcil control visual durante calquer entreno a uns vestiarios que non poden quedar abertos durante ningún partido nin entreno por estar fóra do control das persoas, ante a entrada de calquer intruso a apropiarse, como xa ten acontecido do que non é seu.

Agardemos, e desexamos que os vindeiros proxectos no Concello sexan con algo máis de coherencia.

Aparte dos Rogos por escrito, tamén solicitamos a mellora da pista que parte dende a estrada que une os pobos de Alende hacia Conchouso. O Sr. Alcalde coñece esa necesidade e valorará a súa reparación.


Finalizamos presentando as seguinte PREGUNTAS:



En canto a resposta a pregunta 1, indica o Sr. Alcalde que non é un prèstamo, è un anticipo de caixa, que os intereses eran moi baixos e foi durante moi pouco tempo, estando xa liquidado.

En canto a pregunta 2, pedimos a súa retirada xa que xa foi consultado o proxeto polo noso portavoz sobre as obras que se preven realizar, entre as que se atopan melloras no saneamento en Outeiro de Graíces, Pousada....etc.

Como remate, fixemos tamén unha pregunta oral, onde preguntamos tanto o Sr. Alcalde como o propio Secretario, a raìz da nova obra do Edificio Multiusos si despois de "reutilizar" parte do espacio da planta intermedia que no seu día fora financiado con 300.000€ para a CONSTRUCCIÓN DUNHA BIBLIOTECA, que por certo, nunca existiu.....e tal e como se recollía no decreto dos Plan E polos cales se obtivo subvención requería textualmente "que en deberà reembolsarse la contribución de los fondos si en los cinco años siguiente al pago final de produce alguna de las circunstancias siguientes: c) UN CAMBIO SUSTANCIAL QUE AFECTA A LA NATURALEZA.

Tendo en conta que se xustificou a finais de 2010 e a obra nova se comenzou en 2015, non transcurriron polo tanto os cinco anos, coa gravidade que eso pode acarrear.

O Sr. Alcalde repostou que "sinceramente nunca se tivo en conta iso no novo proxecto", engandido que "ten moi pouquiña incidencia na obra"........CASE NADA¡¡¡¡ TAN SÓ SE CONSTRUIRON UNHA ESCALEIRA DE ACCESO A PLANTA SUPERIOR¡¡¡

COUSA QUE TEN O NOSO CONCELLO ¡¡¡¡

ESTO, FOI O QUE DEU DE SÍ ESTE INTENSO PLENO.

A TÍ CHE CORRESPONDE O SEU ANÀLISE......E AS POSTERIORES CONCLUSIÓNS¡¡¡

SEGUIMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario