Dentro do fútbol rexional e de base:
A PEROXA C.F. - C.D. VELLE: Domingo 6 as 16:30 no campo do Marco.
A PEROXA C.F. "B" - TOEN F.S.: Sàbado 5 as 18:00 no campo do Marco.
C.D. ARENTEIRO "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 5 as 11:30 no campo da Uceira (Carballiño).
S.D.C. ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 5 as 11:45 no campo de Santa Cruz de Arrabaldo.
E.D. C. CELANOVA - A PEROXA C.F. BENXAMIN:Venres 4 as 19:00 no campo de Celanova.
E.D. OURENSE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 5 as 10:30 no campo da Universidade.
Na competición de veteráns:
ATL. PEROXA - A PRORROGA: Domingo 6 as 11:30 no campo do Marco.
PONTEDEVA - LLOVIZNA: Sàbado 5 as 17:00 no campo de Pontedeva.
MACEDA - GADAFFI : Sàbado 5 as 17:00 no campo de Baños de Molgas.
No Futbol-Sala:
OS PEARES F.S. - CIDADE DAS BURGAS: Sàbado 5 as 18:00 no pabellón dos Peares.
Os representantes do Atletismo, o PEROXA RUNNING, disputarán algúns dos seus membros probas que marca o calendario para esta fin de semana:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar
De novo, e van xa moitas, temos que aproveitar para felicitar por un novo éxito o compoñente máis veterano deste equipo de Atlletismo que leva o nome do Concello por toda a xeografía galega.
Javier Rodriguez acadaba un meritorio segundo posto na proba de Quiroga....NORABOA ¡¡¡
Algunha das imaxes desa merecida celebración no podium:
Ainda que faltan alguns días ou semanas para a celebración de eventos deportivos destacados no noso Concello, anticipamos xa os seus carteis anunciadores, invitándovos a todos a participar:
Comenzamos pola proba de Enduro prevista para o domingo 20 de marzo.
Tamén temos que animarvos a que vos inscribades na Andaina, que por fin, se vaia a celebrar no noso Concello, onde despois de varios anos dende a nosa agrupación facendo propostas e iniciativas de todo tipo para a celebración dun evento desta naturaleza que poña en valor o noso Concello, como ferramenta de fomento da nosa paisaxe, gastronomía, hostelería, etc,....por fin vemos realizada ¡¡¡
Finalizamos, e seguramente, por un dos eventos máis destacados dos vindeiros días onde se lle rendirá homenaxe a dúas mulleres traballadoras e emprendedoras do noso Concello nun emotivo acto que se celebrará o vindeiro martes día 8 as 19:00 no Auditorio de Cambeo, con motivo dos actos do día da Muller Traballadora.
A nosa máis sinceira noraboa, e o noso total apoio a esta proposta de recoñecemento a MUCHA e SILA.
Este é o cartel que anuncia o evento:
APOIA, ASISTE E PARTICIPA NOS EVENTOS E ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡
SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE PRINCIPAL DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario