Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

sábado, 5 de mayo de 2012

RESUMO DO PLENO DO 30/04/2012

Analizamos brevemente os puntos màis interesantes do pleno celebrado o pasado luns 30/04/2012.

Sin dùbida o màis destacado do pleno e a súa celebración en sí ¡¡

A explicación é ben sinxela, había moitos anos que non se celebraba un pleno ordinario (segundo marca a lei debe ser cada 2 meses) no noso concello, e iste celebrouse logo de ter que solicitalo dende a nosa agrupación municipal socialista por escrito.

Este fóron os temas tratados e acordados: segundo os puntos da orde do día:

1) Aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

2) O secretario expuso os datos da liquidación de contas do orzamento do ano 2011. Non se somete a votación este punto.

3) Aprovouse por unanimidade a continuidade no Convenio para a recollida de residuos solidos urbanos. Neste punto nos propuxemos que dado o horario só de mañas que ten o punto limpo de Corneda de apertura, se colocase interiormente un contenedor onde algúen que fose pola tarde o poidese depositar alí. Respostouse que o horario xa era de por sí amplo, con sábado incluídos pero que se miraría o tema.

4) Aprovouse por unanimidade a modificación dos Estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra onde se incorporaban novos membros os xa existentes, ata o de agora con Concellos de Lugo e Ourense e agora coa entrada de Asociacións como a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e unha Asociacións de Casas de Turismo Rural da provincia de Lugo.

5) O grupo de goberno propuxo de entre os 4 candidatos existentes a Mario Fente, que se aprobou cos 8 votos favorables do PP e a abstención do noso grupo municipal para o posto de Xuíz de Paz sustituto.

6) Aprovouse por unanimidade a adhesión ao Convenio coa Deputación para a realización dunha relación das estradas existentes no concello, tanto municipais como provinciais.

7) As nosas mocións presentadas fóron as seguintes:

a) Lembramos que do pleno anterior quedou por tratar unha onde a nosa Agrupación Municipal instaba o concello a defender diante da Xunta de Galicia o posible peche das urxencias nocturnas no PAC de Vilarchao. Quedara pendente dunha similar que se ía tratar no pleno da Mancomunidade pero o parecer ainda non tiveron o pleno pertinente. Queda polo tanto outra vez pendente, porque nos seguiremos insistindo no NON O PECHE DAS URXECIAS DO PAC de Vilarchao.

b) Aprovouse a nosa moción onde solicitamos do concello que se unira o convenio coa Dirección Xeral de Tràfico para a realización de trámites ON-LINE dende as oficinas municipais para facilitar os servizos os veciños e non ter que desprazarse a Ourense por cuestións sinxelas e que esta actividade se dera publicidade a través dos bandos nos pobos para que todo o concello coñecese este servizo e o utilizase, aforrando así tempo e cartos. O Sr. Alcalde aprovou e "agradeceu" esta moción porque seica xa facía tempo que a DGT llo propuxera pero "non sabía onde metera o papel".

c) Aprovouse parcialmente a nosa moción onde exixiamos o concello que restablecese as clases de ximnasia nos pobos nos días, horas e lugares que se viña desenvolvendo ata que unha decisión do Sr. Alcalde fixo que se suprimiran. Unha actividade que reclamamos porque a consideramos util e vital para a vida dos veciños e veciñas e case por ser a única da que a nosa poboación disfrutaba. 
A parte que non aprovou o grupo do PP foi a de reabrir o Ximnasio municipal. Seguen alegando que non hai xente que o demande ¡¡ Nos propuxemos que sexa o concello a través de programas e actividades periódicas e atractivas o que fomentase este servizo e o Alcalde insistia en que non ían gastar cartos para 2 ou 3. Reclamamos nós entón porqué se gastaron 9 millons de pesetas na súa construcción se non ia ter actividade. O alcalde respostou que se fixo "pola cara", que non costou cartos o concello. Certo é que así foi, que o fixo a Xunta, pero tamén e certo que estes cartos se poideron logo empregar en outra instalación como ben podería ser e que xa temos solicitado como sería a construcción dun Parque Infantil ou doutra instalación da que si tívera o uso e disfrute dos veciños e veciñas do concello.

8) Presentáronse os decretos aprobados pola Alcaldía.

9) En escritos e comunicación non houbo temas.

10) Rogos e preguntas:

Presentamos un rogo: Solicitamos que o concello trasladase a petición a Deputación para a limpeza, arranxo e asfaltado do aparcadoiro do campo de futbol polo seu mal estado de conservación para un mellor servizo os usuarios habituais e evitar averías como xa se ten producido algúnha en vehículos polos buratos e regos que alí existen. 
O alcalde respostou que non era época para estas obras ¡¡ pero que miraría de darlle unha volta e reparar provisionalmente con sábrego os buratos.

En canto as preguntas, aquí foi un dos momentos máis sorprendentes do pleno. Xa que o Sr. Alcalde non deu resposta as nosas preguntas sobre as problemáticas que trasladamos de veciños e veciñas de varias zonas do concello. Respostou que nese intre non tiña datos ¡¡ NON TIÑA DATOS DO FUNCIONAMENTO DO SEU PROPIO CONCELLO ¡¡
Informamos que temos a "boa costume" de presentarllas sempre por escrito con antelación legal suficiente: presentamola no rexistro do concello o Venres e o pleno foi o luns as 20:00, e segundo indica a norma "as preguntas presentadas por escrito con 24 horas de antelación son para resposta no pleno vindeiro". Ante esta exposicón legal reclamando o noso dereito tivo que consultar co Secretario si estabamos no certo cousa que nin fixo nin deixou de facer ¡¡ O Sr. Alcalde xustificou que estivera moi ocupado e que non as vira e que as respostará no vindeiro pleno. Manifestamos que tamén è verdade que está no seu dereito de facelo así sempre que motive o situación ¿?.
 A nosa opinión particular é que non foi por falta de tempo, senón que nos parece que algunha das preguntas o poñían en un serio compromiso e terá que "meditar" a resposta.

Finalizamos a sesión ofrecendo dende a nosa Agrupación Muncipal Socialista de A Peroxa o Concello a nosa colaboración para as posibles axudas que o concello lle poida propoñer as familias dos dous veciños recentemente detidos en paises do exterior.

Ata aquí o resumo, agardamos que sexa do voso interés e sobre todo invitarvos o vindeiro pleno para que coñezades de primeira mán como funciona o Concello e como dende a nosa agrupación se levan a pleno cuestións sempre para a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas e trasladamos as súas peticións e inquedanzas para que sexan atendidas.

Un pracer traballar por vòs ¡¡


GRAZAS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario