Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Así gasto o Concello os nosos cartos....¡¡

Na seguinte imaxe publicamos os orzamentos do Concello de A Peroxa para o 2012, unha publicaciòn do BOP do luns 30 de abril de 2012.

Indignantes datos os que todos podedes comprobar nesta publicación, ainda que isto non deixa de ser un resumo pùblico para ocultar os verdadeiros datos do desglose dos gastos que ten o concello realmente.....e que foron debatidos no pleno de febreiro co voto negativo da nosa agrupación por considerar un abuso as partidos de gastos en persoal, material, mantemento e pola contra ridículas as partidas asignadas a servizos municipais básicos, obras, etc.

Por citar algúns preocupantes, no apartado de gastos aparecen consignados 33.000 para DIETAS ¿? ainda hoxe non foi capaz o Sr. Alcalde de explicarnos en que se gastará esa cantidade, no propio pleno non deu resposta. Tamén chama a atención máis de 140.000 euros para gastos de material oficina, telefono, gasoil e "outros". Pola contra contrastan cos pirricos 15.000 euros para reparación, mantemento e conservación ¡¡

Destacamos como non podia ser doutro xeito o excesivo porcentaxe do orzamento que se vai a gastos de persoal sin ser excesivamente numeroso.

Unha dos grandes temas de debate no pleno sobre o orzamento voltou a ser o elevadísimo soldo do Alcalde nunha situación de crise e onde os veciños e veciñas se lles está a pedir continuamente esforzos económicos e él mantén o soldo de case 30.000 euros anuais por unha ADICACIÓN PARCIAL ¡¡ Solicitamos unha rebaixa nestes emolumentos para poder atender os sevizos do concello con máis garantías pero negouse.

Rematamos esta pequena analise cun dato CURIOSO que ben podedes observar.....No concello temos 8 concelleiros do PP, pois ben, catro deles (o 50%) cobran do concello: o propio Alcalde, o tesoureiro, o concelleiro de urbanismo e tamén o de servizos sociais.

Seguiremos pelexando por uns orzamentos axeitados e acordes coas necesidades do concello e onde non se usen os cartos públicos para pagar servizos totalmente precindibles ¡¡


É ESTE O CONCELLO QUE QUERES ?

AXÙDANOS A CAMBIAR ESTA SITUACIÓN ¡¡

DE TÌ DEPENDE ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario