Analizamos brevemente os puntos màis interesantes do pleno celebrado o pasado
luns 30/04/2012.
Sin dùbida o màis destacado do pleno e a súa celebración en sí ¡¡
A explicación é ben sinxela, había moitos anos que non se celebraba un pleno ordinario (segundo marca a lei debe ser cada 2 meses) no noso concello, e iste celebrouse logo de ter que solicitalo dende a nosa agrupación municipal socialista por escrito.
Este fóron os temas tratados e acordados: segundo os puntos da orde do día:
1)
Aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.
2) O secretario expuso os datos da liquidación de contas do orzamento do ano 2011.
Non se somete a votación este punto.
3)
Aprovouse por unanimidade a continuidade no Convenio para a recollida de residuos solidos urbanos. Neste punto nos
propuxemos que dado o horario só de mañas que ten o punto limpo de Corneda de apertura, se colocase interiormente un contenedor onde algúen que fose pola tarde o poidese depositar alí. Respostouse que o horario xa era de por sí amplo, con sábado incluídos pero que se miraría o tema.
4)
Aprovouse por unanimidade a modificación dos Estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra onde se incorporaban novos membros os xa existentes, ata o de agora con Concellos de Lugo e Ourense e agora coa entrada de Asociacións como a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e unha Asociacións de Casas de Turismo Rural da provincia de Lugo.
5) O grupo de goberno propuxo de entre os 4 candidatos existentes a Mario Fente, que se aprobou cos 8 votos favorables do PP e a
abstención do noso grupo municipal para o posto de Xuíz de Paz sustituto.
6)
Aprovouse por unanimidade a adhesión ao Convenio coa Deputación para a realización dunha relación das estradas existentes no concello, tanto municipais como provinciais.
7)
As nosas mocións presentadas fóron as seguintes:
a) Lembramos que do pleno anterior quedou por tratar unha onde a nosa
Agrupación Municipal instaba o concello a defender diante da Xunta de Galicia o posible peche das urxencias nocturnas no PAC de Vilarchao. Quedara pendente dunha similar que se ía tratar no pleno da Mancomunidade pero o parecer ainda non tiveron o pleno pertinente.
Queda polo tanto outra vez pendente, porque nos seguiremos insistindo no
NON O PECHE DAS URXECIAS DO PAC de Vilarchao.
b)
Aprovouse a nosa moción onde solicitamos do concello que se unira o convenio coa Dirección Xeral de Tràfico para a realización de trámites ON-LINE dende as oficinas municipais
para facilitar os servizos os veciños e non ter que desprazarse a Ourense por cuestións sinxelas e que esta actividade se dera publicidade a través dos bandos nos pobos para que todo o concello coñecese este servizo e o utilizase, aforrando así tempo e cartos. O Sr. Alcalde aprovou e "agradeceu" esta moción porque seica xa facía tempo que a DGT llo propuxera pero "non sabía onde metera o papel".
c)
Aprovouse parcialmente a nosa moción onde
exixiamos o concello que restablecese as clases de ximnasia nos pobos nos días, horas e lugares que se viña desenvolvendo ata que unha decisión do Sr. Alcalde fixo que se suprimiran.
Unha actividade que reclamamos porque a consideramos util e vital para a vida dos veciños e veciñas e case por ser a única da que a nosa poboación disfrutaba.
A parte que
non aprovou o grupo do PP foi a de reabrir o Ximnasio municipal. Seguen alegando que non hai xente que o demande ¡¡ Nos propuxemos que sexa o concello a través de programas e actividades periódicas e atractivas o que fomentase este servizo e o Alcalde insistia en que non ían gastar cartos para 2 ou 3.
Reclamamos nós entón porqué se gastaron 9 millons de pesetas na súa construcción se non ia ter actividade. O alcalde respostou que se fixo
"pola cara", que non costou cartos o concello. Certo é que así foi, que o fixo a Xunta,
pero tamén e certo que estes cartos se poideron logo empregar en outra instalación como ben podería ser e que xa temos solicitado como sería a construcción dun Parque Infantil ou doutra instalación da que si tívera o uso e disfrute dos veciños e veciñas do concello.
8)
Presentáronse os decretos aprobados pola Alcaldía.
9) En escritos e comunicación non houbo temas.
10)
Rogos e preguntas:
Presentamos un rogo:
Solicitamos que o concello trasladase a petición a Deputación para a limpeza, arranxo e asfaltado do aparcadoiro do campo de futbol polo seu mal estado de conservación para un mellor servizo os usuarios habituais e evitar averías como xa se ten producido algúnha en vehículos polos buratos e regos que alí existen.
O alcalde respostou que non era época para estas obras ¡¡ pero que miraría de darlle unha volta e reparar provisionalmente con sábrego os buratos.
En canto as preguntas, aquí foi un dos momentos máis sorprendentes do pleno. Xa que
o Sr. Alcalde non deu resposta as nosas preguntas sobre as problemáticas que trasladamos de veciños e veciñas de varias zonas do concello.
Respostou que nese intre non tiña datos ¡¡ NON TIÑA DATOS DO FUNCIONAMENTO DO SEU PROPIO CONCELLO ¡¡
Informamos que temos a
"boa costume" de presentarllas sempre por escrito con antelación legal suficiente: presentamola no rexistro do concello o Venres e o pleno foi o luns as 20:00, e segundo indica a norma
"as preguntas presentadas por escrito con 24 horas de antelación son para resposta no pleno vindeiro". Ante esta exposicón legal reclamando o noso dereito tivo que consultar co Secretario si estabamos no certo cousa que nin fixo nin deixou de facer ¡¡
O Sr. Alcalde xustificou que estivera moi ocupado e que non as vira e que as respostará no vindeiro pleno. Manifestamos que tamén è verdade que está no seu dereito de facelo así sempre que motive o situación ¿?.
A nosa opinión particular é que non foi por falta de tempo, senón que nos parece que algunha das preguntas o poñían en un serio compromiso e terá que "meditar" a resposta.
Finalizamos a sesión ofrecendo dende a nosa Agrupación Muncipal Socialista de A Peroxa o Concello a nosa colaboración para as posibles axudas que o concello lle poida propoñer as familias dos dous veciños recentemente detidos en paises do exterior.
Ata aquí o resumo, agardamos que sexa do voso interés e sobre todo
invitarvos o vindeiro pleno para que coñezades de primeira mán como funciona o Concello e c
omo dende a nosa agrupación se levan a pleno cuestións sempre para a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas e trasladamos as súas peticións e inquedanzas para que sexan atendidas.
Un pracer traballar por vòs ¡¡
GRAZAS.