Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de septiembre de 2011

Festa do Rosario en Vilarrubin 2011 (1,2 e 3 de outubro)

Achegámonos a unha nova celebración festiva no concello, neste caso unha das derradeiras do ano, pero unha das máis importantes en canto a número de asistentes por ser das parroquias máis grandes.

Novamente os veciños e veciñas de Vilarrubin que non están connosco durante o resto do ano voltan "a casa" para esta celebración coas suas familias.

Unha celebración con actos relixiosos, lúdicos e festivos.

A organización este ano corresponde os veciños do Souto que lograron logo do traballo feito durante todo este ano conxuntar un cartel festivo importante con orquestras de primeiro nivel.

Este é o cartel da festa:




Disfrutade da festa ¡¡

jueves, 29 de septiembre de 2011

Actividade deportiva no concello para a fin de semana 1 e 2 de outubro.

A actividade deste fin de semana céntrase nunha nova xornada de liga para os equipos do concello:


A PEROXA C.F- ALLARIZ:  Domingo 2 as 17:30 no Marco.

BORULFE - ATL. PEROXA : Sábado 1 as 17:00 en Vilarmarin

A PEROXA C.F CADETE - CHANTADA: Sábado 1 as 11:30 no Marco

LOTERIAS ANTA - OS PEARES F.S  Sábado 1 no Anexo dos Remedios as 20:15



Non deixes de animar os nosos equipos ¡¡

martes, 27 de septiembre de 2011

"Grandes noticias" que nos chegan da Deputación.

Nos temos que estamos, agardando importantes proxectos pendentes de rematar, ou en época preelectoral onde sempre se fan cousas as presas para aparentar que se preocupan por nós.....resulta que da Deputación o único que saen son noticias onde a súa única preocupación é manterse no poder, sen preocuparlle máis mínimos os problemas cotiáns dos veciños.

En poucos días saíron as seguintes noticias onde se pon de relevancia unha vez máis que a súa única preocupación e seguir na mesma liña dos últimos anos, salvar o traseiro duns cantos para seguir como sexa e a costa de quen sexa malgobernando esta castigada provincia:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Baltar/convierte/funcionarios/cargos/PP/familiares/suyos/elpepiautgal/20110923elpgal_8/Tes

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/09/26/baltar-jubilado-preparado-hijo-suceda-diputacion/583295.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/09/27/criticos-avisan-baltar-encontrar-dimisiones-suceda-hijo/583435.html

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/empleado/Baltar/tramita/votos/Buenos/Aires/elpepiautgal/20110926elpgal_4/Tes

Triste actividade a que produce a nosa Deputación.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Actividade deportiva fin de semana do 24 e 25 de setembro de 2011

A actividade deste fin de semana céntrase nunha nova xornada de liga para os equipos do concello:

BARBADAS "B" - A PEROXA C.F:                Sábado 24 na Valenzá as 18:30

ATL. PEROXA - RIBADAVIA:                         Domingo 25 no Marco as 17:00

ARRABALDO - A PEROXA C.F CADETE:    Sábado 24 en Santa Cruz as 18:00

OS PEARES F.S - BAR CHUPITO:                  Sábado 24 nos Remedios as 21:00


Non deixes de animar os nosos equipos ¡¡

lunes, 19 de septiembre de 2011

POR LA BOCA MUERE EL PEZ ¡¡

O título ilustra perfectamente o tema que analizamos hoxe; trátase da entrevista publicada o sábado 17 de setembro no Faro de Vigo o noso ilustre alcalde.

Analizaremos polo miúdo as súas declaracións, onde supoñemos que pola falla de memoria (será polas súas múltiples e variadas ocupacións que o teñen despistado), non fixo máis que dar datos erróneos e faltar unha vez máis a verdade, voltou a ter a desfachatez, este vez nun medio público a enganar os seus veciños.

Aquí vos deixo en primeiro lugar a citada entrevista, non ten desperdicio:


(Podedes ampliala pulsando sobre a imaxe)


Pois ben, ahi vai o noso análisis......a nosa opinión e a documentación que acredita a nosa discrepancia:

1) O titular da entrevista é tan esperanzador como irreal.

2) No punto que fai referencia a poboación tan maior algo terá él de responsabilidade no asunto; un concello situado nun marco espectacular, a tan só 17km do centro da cidade, ¿como é posible que en todos istes anos de alcalde (máis de 30, non 20 como él declara), non foi capaz de promover ningún tipo de acción encamiñada a fixar poboación e evitar o éxodo continuo da xuventude cara a cidade??.

Lembrade este artigo dun convenio firmado por él onde non foi quen de levar a cabo nin unha soa actuación: Podedes ler as declaracion do responsable do convenio onde indica en relación a A Peroxa que para que esto funcione os alcaldes teñen que traballar ¡¡

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/07/27/sector-inmobiliario-insta-concellos-implicarse-rehabilitacion-rural/566253.html

3) Fala de que non promete nunca nada que non poida ofrecer......

....Será logo que non prometeu a case toda a xuventude interesada (aproximadamente uns 100) as 33 vivendas sociais?
...Será logo que non prometeu en plena campaña electoral postos de traballo para a futura incineradora?
...Será logo que non promete a mellora e limpeza das vias de comunicacion municipais existentes no concello ante a contínua demanda dos veciños?
Claro que prometes e prometes......e logo...¿?

4) Tilda de "novidade" rematar a Casa da Cultura......tras levar empregados preto de 90 millóns das antigas pesetas fala de novidade cando declarou no ano 2007 que estaría rematada no ano 2008 ??

Logo dí que non promete ¡¡

No seguinte enlace a noticia que fai referencia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/08/15/0003_6061435.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

5) Hai que ter un gran valor e sangue fría para contestar sobre a "carretera nova" ...que todo vai segundo o previsto ¡¡

A túa previsión comenzou alá polo ano 1996 e todavía está sen rematar.

Logo como todos estes últimos anos busca culpables da súa incompetencia; esta vez somos os membros da oposición os culpables de crear "incertidumbre".

Nós o único que queremos e o remate das obras e decirlle a verdade da situación os veciños, e ti o único que fas e seguir coa túa historia particular de MENTIRAS E ENGANOS ano tras ano. XA BASTA ¡¡

¿Como se pode decir que as expropiación teñen problemas e se demoraron "un poquito" ? O poquito vai xa para máis de 15 anos, non sigas mentindolle os teus veciños, non se merecen eso, contalle a verdade da situación......

A Deputación asinou no convenio coa Xunta que poría a súa disposición os terreos para as obras, pois ben, o único que fixo foi sacar a información pública os afectados polas futuras expropiacións (ese mismo listado que durante moitos anos os teus "colaboradores" foron colgando polas portas dos bares e decindo "xa está aquí a carretera..¡¡", lembradesvos deses recortes da prensa nas súas portas ??

Pois ben esa información pública ten no caso de ser a tramitación por vía de urxencia uns prazos superiores os 6 meses, e logo voltar a poñer en marcha as obras....con estes datos que tí ocultas como pode ser que vaian rematar no prazo previsto de maio de 2012...

¿Ofreces tí o teu compromiso persoal e o do teu grupo de goberno que así será ou voltarás agocharte cando non se cumpran as datas previstas?

Un dos teus últimos compromisos públicos, que como os anteriores non se van cumprir foron nesta noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/26/0003_8131557.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

6) Como eres calificar de mentira da oposición o tema da ubicación da Incineradora no noso concello cando públicamente fuches tí quen ofreceu os terreos?

Será que como dixen o comenzo a memoria xa che falla e non recordas estas declaracións....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/peroxa-convierte-alternativa-limia-ubicar-planta-incineradora/522310.html

A única nosa misión foi e será defender o futuro das nosas terras e a saude dos veciños e tratar de impedir que este veneno medioambiental veña para o noso Concello.

As únicas mentiras son as túas, tal vez sexa como ti dís polos malos asesores.

Os que nos opoñemos a súa instalación somos moitos máis dos que ti pensas; e en canto a eses que ti te refires como "os que teñen a vida resolta", pois posiblemente así sexa, pero recordoche que por méritos propios e loitando en igualdade de condicións con todos os aspirantes, e non como os que fas tí polos que a ti che interesan.

7) No tema do paro no concello atopámonos aquí cunha grande contradicción:

¿Se tan só contabilizas 78 persoas desempregadas para que precisas unha Incineradora que ofrece 250 postos de traballo?

Non sería máis rentable e beneficioso para o concello rematar a vía de comunicación tan solicitada para poder optar a ter un Parque Empresarial real, e non só de cartelería, e ofrecer os terreos e os servizos a empresas que se queiran instalar e así acadar postos de traballo LIMPOS.

Creemos que o ofrecemento para albergar a Incineradora traerían "outros beneficios" particulares, e non precisamente para os veciños.

8) Para rematar facer mención o tema da escasa natalidade no concello, que ben se podería incentivar como fan noutros concellos cercanos con dotación económicas para as parellas que teñan fillos e se empadroen no concello para garantir o futuro do colexio, que vemos vai camiño da desaparición.

Poderíase sacar partida orzamentaria de soldos desorbitados de preto de 2.500€ mensuais coma o teu por unha dedicación "parcial" o Concello.

Outra medida que se aportou na súa época e que se fixo caso omiso dela foi a posibilidade de instalar a gardería municipal nas instalación do colexio para abaratar costes e para garantir o futuro das instalacións ligados a educación, que é o seu propósito.

Rematamos así a nosa analise a esta entrevista tan fóra de lugar e lonxe da realidade.

Pronto teremos novidades importantes en temas anteriormente tratados.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Recortes importantes da Xunta

Unha vez máis a Xunta saca as "tesoiras dos recortes" e deixa situacións insostibles con supresión de axudas xa convocadas e presupostadas, esta vez tocoulle as axudas as asociacións, fundacións e entidades culturais para a mellora dos seus locais; unha convocatoria que eliminan sin compasión e deixando na estacada a asociacions que previamente xa fixeran un importante desembolso económico e agora deben asumir integramente.

Este é o enlace a triste noticia que se publicou no DOG do xoves 15 de setembro de 2011:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110915/AnuncioCA03-080911-6197_gl.pdf

No seguinte enlace, a repercusión desta noticia na prensa:

http://www.xornal.com/artigo/2011/09/15/cultura/xunta-elimina-axudas-000-euros-accion-cultural-concellos-asociacions/2011091510092400143.html

Engadimos tamén neste artigo outro recorte destacado e habitual contra a enseñanza pública, esta vez os datos pertencen a provincia de Ourense, onde o noso colexio Blanco Torres tamén sae perxudicado:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/09/16/educacion-suprime-200-plazas-profesores-provincia/580770.html

Estas son as medidas de austeridade que leva a cabo o goberno de Feijoo na Xunta, cortando e quitando dereitos sociais sempre os máis necesitados.

Actividade deportiva fin de semana 17 e 18 de setembro.

A actividade deportiva no concello este vindeiro fin de semana centrase nos partidos que disputarán os nosos equipos de fútbol e fútbol-sala.

Esta semana queremos destacar por enriba de todos o debut dun dos equipos base do A Peroxa C.F creados esta tempada, o equipo cadete. Unha aventura ilusionante para o clube e para o noso concello.

Tamén da comenza a liga local de fútbol-sala.

Os partidos, horarios e campos son os seguintes:

A PEROXA C.F - PONTE OURENSE: Domingo 18 as 18:00 no campo do Marco.

CIDADE DAS PONTES - ATL. PEROXA: Domingo 18 as 17:30 no campo de Piñor (Barbadás).

A PEROXA C.F CADETE - CD. OURENSE "B": Sábado 17 as 11:30 no campo do Marco.

MUNDOURENSE - OS PEARES F.S: Sábado 17 as 20:00 no polideportivo de Oira

Acude animar os equipos do teu concello ¡¡

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Viaxe polo Rio Miño en Catamarán

Anunciamos a organización dunha excursión en catamarán polo Miño, con visita a Monforte de Lemos.

A viaxe no catamarán será de case dúas horas.

Celebrarase o sábado 24 de setembro, con saída as 9:00 da maña, dos lugares que se avisará segundo as persoas anotadas e os seus respectivos pobos.

O prezo será de 10€ con comida incluída.

A data límite para inscribirse nas oficinas do concello será o 20 de setembro.

Apúntate e disfruta dunha paixase espectacular e pasa un día agradable na compaña dos teus veciños e amigos.

martes, 13 de septiembre de 2011

Romería da Virxe da Saúde 2011

Este vindeiro fin de semana estaremos novamente ante unha das festas con máis tradición e con máis presencia de xente de todo o concello.

Unha festa tradicional que se caracteriza polo súa parte relixiosa con multitude de actos, e con unha parte tradicional como é a comida campestre no campo da festa en calquera dos 3 días de celebración.

Como é habitual contarase no aspecto musical con orquestras importantes.

Dende este blog damos a benvida a multitude de visitantes de outros concellos ou incluso provincias que se acercaran durante o fin de semana a esta importante celebración.

Benvidos e boas festas para todos ¡¡

Boletíns semanais de emprego

Esta semana será a derradeira que se poñan no blog o acceso os boletíns de emprego, tanto público como privado; o motivo e ben sinxelo, sempre están no mesmo lugar o cal podedes acceder dende calquer enlace antiguo que atoparedes nesta sección fixa de Emprego.

As ofertas de emprego público desta semana, accedese coma sempre pulsando en boletín semanal dentro do seguinte enlace:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Para as ofertas de emprego no sector privado na provincia de Ourense teredes acceso dende o seguinte enlace: abrindo o pdf correspondente a semana en curso.

http://www.asime.es/empleo/ourense/OfertaEmpregoC.php

Esperamos que esta información vos fora útil.

viernes, 9 de septiembre de 2011

A nosa loita continúa ¡¡

Unha vez máis traemos a este blog unha das grandes problemáticas que estamos a sufrir os veciños e veciñas de A Peroxa. Todo incrementado polas recentes declaracións do conselleiro de obras da Xunta que fala de recortes e paralizacións nas obras pendentes e sobre todo nas de titularidade provincial e  muncipal.

Os socialistas de A Peroxa, demos un paso máis para defender os nosos intereses e levamos o Parlamento de Galicia o tema da nosa carretera INTERMINABLE. Cando parecía que ía por bo camiño, outra vez máis as máquinas voltan a abandoar a obra (comenzaran en plena campaña electoral).

Loitaremos con todas as nosas forzas por ver rematada esta infraestructura básica para o noso Concello. Pediremos explicacións e responsabilidades nas administracións implicadas: Xunta, Deputación e concello de A Peroxa. Tomaremos as medidas de presión necesarias para levar a cabo esta actuación; para eso necesitamos a colaboración de todos os veciños, independentemente da sua opinión e pensamento político, creo que este "problema" debe estar por encima destas cuestións. Tras preto de 20 anos de desculpas, enganos e mentiras vai sendo hora de pasar a acción.

Lembramos a todos que a data de fin das obras está firmada por convenio entre a Xunta e a Deputación (titular da vía) para o vindeiro mes de Maio do 2012.....prazo que non se vai a cumprir por esta nova paralización....que desexamos non sexa definitiva.

Porqué as expropiacións todavía están por facer? A que lle van votar agora a culpa do retraso? O noso alcalde manifesta que non ten responsabilidade no retraso porque non é obra no noso territorio.....nos preguntámonos porqué cando era deputado provincial non puxo o empeño necesario para desbloquear a situación cando tiña unha posición propicia para elo?

Se non é responsable porqué empregou cartos dos plans provinciais que lle correspondían o noso concello en obras no concello veciño? (esta actuación é moi grave e descoñecida por todos).
Hai moitas preguntas as que nos gustaría que os implicados respostasen coa verdade e deixar de lado dunha vez por todas a mentiras e enganos e remáramos todos na mesma dirección en busca dunha solución favorable para todos.

Nos seguintes documentos ensinamos o escrito presentado no Parlamento de Galicia, así como o comunicado de prensa que se fixo o respecto:

























Nos seguintes enlaces tedes acceso a repercusión que tivo na prensa local a noticia:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/09/06/psoe-lleva-parlamento-paralizacion-obras-vial-coles-peroxa/577730.html

http://www.laregion.es/noticia/169420/psdeg/llevara/parlamento/paralizacion/coles/

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/09/06/0003_201109O6C8992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.mundourense.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2129:o-psdeg-psoe-solicitara-a-parlamento-e-deputacion-explicacions-sobre-a-paralizacion-das-obras-da-estrada-coles-a-peroxa&catid=31:provincia&Itemid=42

A raíz desta noticia, os veciños afectados polas futuras expropiacións en Coles mostraron públicamente o sue rexeitamento ante os moitos problemas que lles ocasionan:

http://www.laregion.es/noticia/169586/vecinos/coles/oponen/enlace/n-525/gustei/

No seguinte vídeo tedes unha parte da rolda de prensa nas noticias de Telemiño:



A foto da citada rolda de prensa é a seguinte:


E agora as imaxes que mostran a realidade da obra: paralizada, sen maquinaria e cun futuro incerto.





REPETIMOS OUTRA VEZ MAIS......BASTA XA DE MENTIRAS.

OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA NECESITAMOS ESTA INFRAESTRUCTURA PARA GARANTIR O FUTURO DO NOSO CONCELLO.

NON PARAREMOS ATA CONSEGUIR GARANTÍAS PARA O REMATE DA OBRA

jueves, 8 de septiembre de 2011

Actividade deportiva no concello fin de semana 10 e 11 de setembro

Os partidos que van a disputar os nosos equipos son os seguintes:

MASIDE F.C - A PEROXA C.F: Domingo 17:30 no campo de Maside

ATL. PEROXA - PONTEDEVA: Domingo 17:30 no campo do Marco

Acude animar os teus equipos ¡¡

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Festas do Amparo 2011 en Carracedo

Este vindeiro fin de semana (venres, sábado e domingo) celébranse en Carracedo unha das festas máis senlleiras do noso concello, nun marco natural espectacular.
As celebración serán gastronómicas, relixiosas e por suposto festivas coas seguintes orquestras:

venres 9: D`MOMENTO
sábado 10: BOHEMIA E IPANEMA
domingo 11: ISMAEL

Aproveitaremos esta tradicional festa para saudar os veciños que voltan a terra por esta festa para estar coas suas familias.

Disfruta e participa nas nosas festas ¡¡

martes, 6 de septiembre de 2011

Boletíns semanais de emprego

No seguinte enlace tes acceso pulsando en boletin semanal as ofertas de emprego público, no que destacamos esta semana a convocatoria de moitas prazas para as oposicións de xustiza, unha das poucas oposicións con bo número de prazas:

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Acceso as ofertas de emprego privado en Ourense no seguinte enlace:

http://www.asime.es/empleo/recursos/adjdiarios/712_BIE%2016-08-2011.pdf

lunes, 5 de septiembre de 2011

Interesante convocatoria cara o mercado laboral

No DOG do luns 5 de setembro de 2011 publicouse a convocatoria para probas de avaliación en competencias clave para acceder as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade:

Informate no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110905/AnuncioCA05-250811-5728_gl.pdf

Non deixes pasar esta interesante convocatoria para unha saída importante o mercado laboral ¡¡

viernes, 2 de septiembre de 2011

Nova achega económica para o Concello

No DOG do venres 2 de setembro publicaronse as subvencións as entidades locais para a "realización de actividades dirixidas a xuventude".
A aportación económica recibida é de 3.142 €

No seguinte enlace tes acceso a concesión da citada subvención:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110902/AnuncioCA05-240811-5710_gl.pdf

Unha nova achega que nos preguntamos en qué "actividades" se empregou, preguntámonos esto pola escasa ou nula actividade que o concello fomenta cara a nosa xuventude.
Comprobaremos unha vez máis que non sexa empregada para pagar novamente o soldo dalgún "traballador" do Concello en lugar de empregalo no que realmente necesitamos......ACTIVIDADES e ACTUACIÓNS PARA OS NOSO XOVENES, olvidados e castigados unha e outra vez, cando podemos comprobar a multitude de actuacións e iniciativas que se están a realizar nos concellos veciños.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Xa voltamos a ter actividade deportiva

Logo do parón polas vacacións do verán, voltamos a ter competición deportivas para os equipos do noso concello.

Comenza a liga para os dous equipos de fútbol cos seguintes partidos:

A PEROXA C.F - VILARIÑO: Domingo 4 as 18:00 no campo de O Marco (A Peroxa)

MOREIRAS - ATL. PEROXA: Domingo 4 as 18:00 no campo de Moreiras (Toén)

Sorte e a comenzar gañando ¡¡