Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 19 de septiembre de 2011

POR LA BOCA MUERE EL PEZ ¡¡

O título ilustra perfectamente o tema que analizamos hoxe; trátase da entrevista publicada o sábado 17 de setembro no Faro de Vigo o noso ilustre alcalde.

Analizaremos polo miúdo as súas declaracións, onde supoñemos que pola falla de memoria (será polas súas múltiples e variadas ocupacións que o teñen despistado), non fixo máis que dar datos erróneos e faltar unha vez máis a verdade, voltou a ter a desfachatez, este vez nun medio público a enganar os seus veciños.

Aquí vos deixo en primeiro lugar a citada entrevista, non ten desperdicio:


(Podedes ampliala pulsando sobre a imaxe)


Pois ben, ahi vai o noso análisis......a nosa opinión e a documentación que acredita a nosa discrepancia:

1) O titular da entrevista é tan esperanzador como irreal.

2) No punto que fai referencia a poboación tan maior algo terá él de responsabilidade no asunto; un concello situado nun marco espectacular, a tan só 17km do centro da cidade, ¿como é posible que en todos istes anos de alcalde (máis de 30, non 20 como él declara), non foi capaz de promover ningún tipo de acción encamiñada a fixar poboación e evitar o éxodo continuo da xuventude cara a cidade??.

Lembrade este artigo dun convenio firmado por él onde non foi quen de levar a cabo nin unha soa actuación: Podedes ler as declaracion do responsable do convenio onde indica en relación a A Peroxa que para que esto funcione os alcaldes teñen que traballar ¡¡

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/07/27/sector-inmobiliario-insta-concellos-implicarse-rehabilitacion-rural/566253.html

3) Fala de que non promete nunca nada que non poida ofrecer......

....Será logo que non prometeu a case toda a xuventude interesada (aproximadamente uns 100) as 33 vivendas sociais?
...Será logo que non prometeu en plena campaña electoral postos de traballo para a futura incineradora?
...Será logo que non promete a mellora e limpeza das vias de comunicacion municipais existentes no concello ante a contínua demanda dos veciños?
Claro que prometes e prometes......e logo...¿?

4) Tilda de "novidade" rematar a Casa da Cultura......tras levar empregados preto de 90 millóns das antigas pesetas fala de novidade cando declarou no ano 2007 que estaría rematada no ano 2008 ??

Logo dí que non promete ¡¡

No seguinte enlace a noticia que fai referencia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/08/15/0003_6061435.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

5) Hai que ter un gran valor e sangue fría para contestar sobre a "carretera nova" ...que todo vai segundo o previsto ¡¡

A túa previsión comenzou alá polo ano 1996 e todavía está sen rematar.

Logo como todos estes últimos anos busca culpables da súa incompetencia; esta vez somos os membros da oposición os culpables de crear "incertidumbre".

Nós o único que queremos e o remate das obras e decirlle a verdade da situación os veciños, e ti o único que fas e seguir coa túa historia particular de MENTIRAS E ENGANOS ano tras ano. XA BASTA ¡¡

¿Como se pode decir que as expropiación teñen problemas e se demoraron "un poquito" ? O poquito vai xa para máis de 15 anos, non sigas mentindolle os teus veciños, non se merecen eso, contalle a verdade da situación......

A Deputación asinou no convenio coa Xunta que poría a súa disposición os terreos para as obras, pois ben, o único que fixo foi sacar a información pública os afectados polas futuras expropiacións (ese mismo listado que durante moitos anos os teus "colaboradores" foron colgando polas portas dos bares e decindo "xa está aquí a carretera..¡¡", lembradesvos deses recortes da prensa nas súas portas ??

Pois ben esa información pública ten no caso de ser a tramitación por vía de urxencia uns prazos superiores os 6 meses, e logo voltar a poñer en marcha as obras....con estes datos que tí ocultas como pode ser que vaian rematar no prazo previsto de maio de 2012...

¿Ofreces tí o teu compromiso persoal e o do teu grupo de goberno que así será ou voltarás agocharte cando non se cumpran as datas previstas?

Un dos teus últimos compromisos públicos, que como os anteriores non se van cumprir foron nesta noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/11/26/0003_8131557.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

6) Como eres calificar de mentira da oposición o tema da ubicación da Incineradora no noso concello cando públicamente fuches tí quen ofreceu os terreos?

Será que como dixen o comenzo a memoria xa che falla e non recordas estas declaracións....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/peroxa-convierte-alternativa-limia-ubicar-planta-incineradora/522310.html

A única nosa misión foi e será defender o futuro das nosas terras e a saude dos veciños e tratar de impedir que este veneno medioambiental veña para o noso Concello.

As únicas mentiras son as túas, tal vez sexa como ti dís polos malos asesores.

Os que nos opoñemos a súa instalación somos moitos máis dos que ti pensas; e en canto a eses que ti te refires como "os que teñen a vida resolta", pois posiblemente así sexa, pero recordoche que por méritos propios e loitando en igualdade de condicións con todos os aspirantes, e non como os que fas tí polos que a ti che interesan.

7) No tema do paro no concello atopámonos aquí cunha grande contradicción:

¿Se tan só contabilizas 78 persoas desempregadas para que precisas unha Incineradora que ofrece 250 postos de traballo?

Non sería máis rentable e beneficioso para o concello rematar a vía de comunicación tan solicitada para poder optar a ter un Parque Empresarial real, e non só de cartelería, e ofrecer os terreos e os servizos a empresas que se queiran instalar e así acadar postos de traballo LIMPOS.

Creemos que o ofrecemento para albergar a Incineradora traerían "outros beneficios" particulares, e non precisamente para os veciños.

8) Para rematar facer mención o tema da escasa natalidade no concello, que ben se podería incentivar como fan noutros concellos cercanos con dotación económicas para as parellas que teñan fillos e se empadroen no concello para garantir o futuro do colexio, que vemos vai camiño da desaparición.

Poderíase sacar partida orzamentaria de soldos desorbitados de preto de 2.500€ mensuais coma o teu por unha dedicación "parcial" o Concello.

Outra medida que se aportou na súa época e que se fixo caso omiso dela foi a posibilidade de instalar a gardería municipal nas instalación do colexio para abaratar costes e para garantir o futuro das instalacións ligados a educación, que é o seu propósito.

Rematamos así a nosa analise a esta entrevista tan fóra de lugar e lonxe da realidade.

Pronto teremos novidades importantes en temas anteriormente tratados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario