Os socialistas de A Peroxa, demos un paso máis para defender os nosos intereses e levamos o Parlamento de Galicia o tema da nosa carretera INTERMINABLE. Cando parecía que ía por bo camiño, outra vez máis as máquinas voltan a abandoar a obra (comenzaran en plena campaña electoral).
Loitaremos con todas as nosas forzas por ver rematada esta infraestructura básica para o noso Concello. Pediremos explicacións e responsabilidades nas administracións implicadas: Xunta, Deputación e concello de A Peroxa. Tomaremos as medidas de presión necesarias para levar a cabo esta actuación; para eso necesitamos a colaboración de todos os veciños, independentemente da sua opinión e pensamento político, creo que este "problema" debe estar por encima destas cuestións. Tras preto de 20 anos de desculpas, enganos e mentiras vai sendo hora de pasar a acción.
Lembramos a todos que a data de fin das obras está firmada por convenio entre a Xunta e a Deputación (titular da vía) para o vindeiro mes de Maio do 2012.....prazo que non se vai a cumprir por esta nova paralización....que desexamos non sexa definitiva.
Porqué as expropiacións todavía están por facer? A que lle van votar agora a culpa do retraso? O noso alcalde manifesta que non ten responsabilidade no retraso porque non é obra no noso territorio.....nos preguntámonos porqué cando era deputado provincial non puxo o empeño necesario para desbloquear a situación cando tiña unha posición propicia para elo?
Se non é responsable porqué empregou cartos dos plans provinciais que lle correspondían o noso concello en obras no concello veciño? (esta actuación é moi grave e descoñecida por todos).
Hai moitas preguntas as que nos gustaría que os implicados respostasen coa verdade e deixar de lado dunha vez por todas a mentiras e enganos e remáramos todos na mesma dirección en busca dunha solución favorable para todos.
Nos seguintes documentos ensinamos o escrito presentado no Parlamento de Galicia, así como o comunicado de prensa que se fixo o respecto:
Nos seguintes enlaces tedes acceso a repercusión que tivo na prensa local a noticia:
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/09/06/psoe-lleva-parlamento-paralizacion-obras-vial-coles-peroxa/577730.html
http://www.laregion.es/noticia/169420/psdeg/llevara/parlamento/paralizacion/coles/
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/09/06/0003_201109O6C8992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.mundourense.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2129:o-psdeg-psoe-solicitara-a-parlamento-e-deputacion-explicacions-sobre-a-paralizacion-das-obras-da-estrada-coles-a-peroxa&catid=31:provincia&Itemid=42
A raíz desta noticia, os veciños afectados polas futuras expropiacións en Coles mostraron públicamente o sue rexeitamento ante os moitos problemas que lles ocasionan:
http://www.laregion.es/noticia/169586/vecinos/coles/oponen/enlace/n-525/gustei/
No seguinte vídeo tedes unha parte da rolda de prensa nas noticias de Telemiño:
A foto da citada rolda de prensa é a seguinte:
E agora as imaxes que mostran a realidade da obra: paralizada, sen maquinaria e cun futuro incerto.
REPETIMOS OUTRA VEZ MAIS......BASTA XA DE MENTIRAS.
OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA NECESITAMOS ESTA INFRAESTRUCTURA PARA GARANTIR O FUTURO DO NOSO CONCELLO.
NON PARAREMOS ATA CONSEGUIR GARANTÍAS PARA O REMATE DA OBRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario