A única actividade deportiva neste fin de semana no concello céntrase no partido da Preferente Autonómica.
A PEROXA C.F. - CAMBADOS: Domingo 15 as 18:00 no campo do Marco.
Derradeiro partido do noso equipo como local nesta difícil tempada, deportivamente frouxa en canto a resultados, pero socialmente e de experiencia altamente positiva onde o nome do noso concello viaxou por parte da xeografía galega, e onde o noso pobo foi visitado por unha gran cantidade de xiareiros de outros equipos. Todos debemos sentirnos orgullosos do traballo destes rapaces que foron felicitados en tódolos campos polo seu exquisito e deportivo comportamento. Competindo con limpeza e con dignidade a pesares da súa complicada situación deportiva.
Aproveita a oportunidade para acompañar o teu equipo e despedir esta espectacular competición no campo do Marco, agardando nun futuro poder voltar con máis experiencia e máis forza.
Gracias a todos polo voso incondicional apoio ¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario