Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 2 de mayo de 2011

Datos preocupantes de como se gastan os nosos cartos ¡¡

Neste última época falamos moito cos nosos veciños e veciñas e unha das cousas que máis nos chamou a atención é a falta de información e de coñecemento de como funciona e como se xestionan os cartos do noso Concello.

Todavía quedan veciños que pensan que o posto e as funcións do Sr. Alcalde son gratuitas para as nosas arcas, pensaban que o facía "porque lle gustaba". Logo de case 33 anos no "goberno" creemos sinceiramente que o motivo que o levan a non "deixar paso" son maioritariamente económicos, ainda que tamén pode influir que nestes anos todos non foi capaz de rematar un proxecto que leva 25 anos no caixón; un proxecto que promete cada època electoral....a mal chamada "Carretera Nova", e que creo que xa non é motivación senón obsesión, e mentras tanto o concello anclado no pasado, máis de 20 anos esperando unha infraestructura que nos deixe evolucionar en todos os sectores.

Descoñecían que os gastos e movementos de cartos no concello son públicos e visibles, por este motivo realizamos o seguinte estudo:

No seguinte cadro comparativo e imaxenes analizamos a información de como se gastaron os cartos no noso concello nos últimos 5 anos: 2007-2011. (Pulsa nas imaxes se queres ampliar)










Os datos da comparativa son verdadeiramente preocupantes, destacando que canto menos orzamento ten o Concello, lóxicamente menos cartos para obras e servizos, pero o escandaloso e que se aumenten tanto o número (de 6 a 15) como o gasto en persoal (aumento de 54.000€) e tamén aumento do soldo do alcalde (aumento de 200€).

Mención aparte nos merece este apartado do soldo do Sr. Alcalde; tendo en conta que neste 2011 o soldo ascende a 2415, se dividimos esto entre os 22 días hábiles dun mes normal supoñen 110€ día, o que equivale a 550€ por semana. Si consideramos que a súa presenza no concello se limita os martes e a algún xoves de 9 a 2 (5h), supón que cada un deste día sae a 225€ ou o que é o mesmo 45€ por hora de traballo cando a maioría dos traballadores non gañamos eso en todo o día. Aquí faltaría por recoller "outros ingresos", por asistencia a plenos, etc...

Ante estes datos facémonos uhnha pregunta...se a dedicación fose exclusiva, cal sería o seu soldo?
A modo de información indicamos que en concellos veciños como o de Coles (con maior poboación, maior orzamento, máis persoal...) o soldo do alcalde é de 783 € ¡¡

Temos que engadir outro gasto escandaloso para as nosas arcas, pagamos 30€ diarios o noso concelleiro de urbanismo ¡¡ , precisamente unha área que neste concello non é o punto forte da súa xestión....senón comprobade unha noticia de prensa recente onde reflexan que en todo o 2010 non houbo unha licencia de obra nova no nosos concello.


¡¡ DATOS REALMENTE PREOCUPANTES E DESCOÑECIDOS POLA VECIÑANZA ¡¡



4 comentarios:

  1. entonces si sale usted elegido a la alcaldia del ayuntamiendo , seguira con el mismo sueldo de funcionario que tiene al dia de hoy

    ResponderEliminar
  2. A miña situación sería de dedicación parcial para poder atender dignamente o concello; continuaría media xornada co meu traballo que é o que me da de comer e a parte que falte ata completar o meu soldo íntegro como funcionario sería o único que sairía do concello. Pareceme o máis xusto e razonable e non cobrar cantidades desorbitadas por "aparecer" un par de días.

    ResponderEliminar
  3. Los datos que están presentando son incorrectos o malinterpretados ya que en el caso del salario del alcalde están hablando de un salario bruto y no neto. Por otro lado éste no sólo trabaja los martes y jueves sino cada día de la semana. Si no compruébenlo ustedes mismos acudiendo al Concello...

    ResponderEliminar
  4. Opinión moi respetable, a discusión de si brutos ou netos está fora de lugar cando todavía nos faltaría por engadir outra cantidade moi elevada por asistencia a plenos, comisión de goberno e outras actividades remuneradas onde elevarían os ingresos moi por encima dos 3000 euros. O tema da asistencia é comprobable, como ben dixo vostede compróbeno e haber se consiguen citarse con él no concello. Non se contan aquí as atencións no seu domicilio nin na súa bodega, por certo a cal se despraza moi habitualmente no vehículo do concello, pero este será outro tema para outra ocasión.

    ResponderEliminar