Segúndo o Bando do Concello da Peroxa (que sorte que ultimamente teñamos tantos bandos e tanta información, cando ata fai ben pouco os avisos so chegaban a uns poucos "privilexiados" e o resto dos veciños estaban no oscurantismo máis absoluto), ábrese o prazo para inscribirse no ximnasio ata o vindeiro 13 de abril.
Pois agora tan só falta que sexa dotado como tal, co seu persoal axeitado para controlar a actividades física sen riscos para a saúde, con actividades periódicas, e cun horario que se adapte as necesidades dos veciños, así como, da apertura dos vestiarios para facer uso das correspondentes duchas.
Con esta nova inversión desexamos de novo e pedimos que realmente se rentabilice a obra, non como outras millonarias que por non ter a capacidade de xestión suficiente, nen a vontade de facelo dende o concello están nun estado lamentable de deterioro e abandono como o propio polideportivo da Peroxa, con lixo no exterior, as ventás cos cristais rotos, as portas dos vestiarios e baños inutilizados, etc.
Reclamamos polo tanto, que esta obra sexa para fomentar realmente a práctica deportiva a traves, como dixemos antes de diferentes actuacións e actividades e non como case sempre para colgarse as medallas (e máis en época electoral ) dunhas obras millonarias no seu momento e que logo dende o Concello tan só se limitan a abrir e pechar ou en moitos casos a deixarche as chaves sen máis responsabilidade que esa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario