Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Inauguración do campo do Marco

Inaugurado oficialmente o campo do Marco tras a presencia dos responsables políticos das 3 administración implicadas na reforma: Goberno de España, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense. Acto sencillo e rápido que deu paso a un bo partido entre Ourense e Lugo que rematou empate a 2 nunha tarde fría pero con moito público.
A nota destacada da presencia política no campo é a promesa do Sr. Baltar (como sempre que nos visita, e que nunca cumpre.........recordar como exemplo fai uns 15 anos subido a unha silla no bar O Agro dixo textualmente: "a próxima vez que veña a este pobo será pola nova carretera".....¿?), dunha nova grada para o campo de fútbol.
Esperemos non ter que agardar outros 15 ou 20 anos por ela como estamos a facer coa todavía desexada "nova carretera", unha obra que está a retrasar o futuro e o desenrolo industrial e poblacional do noso castigado concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario