Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Clasificación da carreira do San Martiño 2010

No seguinte enlace tedes as clasificacións da multitudinaria carreira popular do San Martiño, con participantes dos noso concello en posicións moi destacadas. Sería un bo punto de partida para propoñer e organizar algo nesta dirección, ben un equipo de atletismo con xovenes e veteráns ou tamén algún tipo de evento deportivo nesta materia, dado que agora xa non temos nin andaina.

Esta será unha das liñas básicas do noso partido de cara as próximas municipais: fomentar o deporte para todalas idades con actividades lúdicas e deportivas habituais. Empregar as subvencións correspondente a estas materias neste fin e non "desvialas" a outros menesteres.

http://www.championchipnorte.com/externos/20101114181802_XXXIV_CARRREIRA_POPULAR_SAN_MARTINO_2010/CP%20OURENSE%202010.htm



Esta e unha das imaxes que queremos ver e disfrutar coa nosa xuventude, para iso hai que darlle alternativas no deporte, porque como ven se viu nesta proba a súa participaciòn e masiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario