Neste apartado tentarei ir colocando fotos alusivas o noso Concello onde poderemos ver o total abandono e desamparo da maior parte dos noso pobos e xentes, facendo realidade aquel dito que indica que "unha imaxe vale máis que mil palabras".
Como non podía ser doutro xeito anímovos a participar ¡¡
Para abrir fogo coloco a primeira imaxe:
Criticamos dende aquí o lamentable estado de abandono do entorno do castelo da Peroxa, unha construcción de debería ser seña de indentidade do noso pobo, e que por desgraza está sometido o máis total dos abandonos....falla de limpeza, accesos imposibles, infraestructuras (auga, luz, recollida lixo...) insuficientes para poder explotalo como se merece. Creo que é un lugar privilexiado para multitide de actos e actividades lúdicas, musicais ou gastronómicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario