O Ministerio de Política Territorial na resolucion do 25/02/2010 adxudicou as obras do Plan E o Concello da Peroxa por un importe total de 253.728€ dos cales 156.092€ corresponden a obra de "mellora do centro deportivo O Marco". Datos publicados en http://www.mpt.es/.
No BOP de Ourense en data 19/04/2010 (páxina 57) aprobanse os proxectos técnicos das obras:
Ver este enlace:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=87&fecha=20100419
No BOP de Ourense en data 15/09/2010 (páxina 2) adxudicase definitivamente parte da obra por valor 157.000€ aportados pola Deputación.
Ver este enlace:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=213&fecha=20100915
Segundo a resolución de adxudicación inicial o prazo de execución son ¿ 3 meses ?
Esperemos que nas vindeiras datas por fin se remate e con éxito este proxecto tantas veces retrasado.
Hai que ter tamén en conta que se levan invertidos o redor de 315.000€ e segundo parece todavía faltaría a parte que e vai aportar a Xunta de Galicia.
Logo desta nova inversion millonaria, esperemos que dende o Concello se sepa rentabilizar e manter nunhas condicións dignas esta obra que segundo a miña opinión non era prioritaria, tendo en conta que varios pobos e parroquias do noso concello carecen por exemplo de alcantarillado ou de accesos dignos. Por non lembrar tamén que seguimos case 20 anos depois agardando pola famosa "carretera nova". Un saudo.
ResponderEliminarParece que despois de 5 meses de interminables obras está a piques de rematar. Lamentamos agora a falta de persoal especializado e dedicado a conservación das instalacións. Desexamos que non suceda outro caso semellante o do Pavillón polideportivo onde uns meses despois da súa inauguración pasou a estar nun estado de conservación e limpeza deplorable, e hoxe mesmo segue así acompañado duns exteriores cheo de lixo....unha pena ¡¡
ResponderEliminarNon quería esquecerme de pedir novamente a colaboración de todos para o bo uso e disfrute do novo campo, aportanto todos nos o comportamente cívico que se merece.