Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 8 de mayo de 2019

O NOSO GRAN EQUIPO ¡¡

O titular expresa ben o concepto.....xa que nos consideramos un EQUIPO, que traballa en conxunto, propoñendo e aportando para facer da nosa candidatura sen lugar a dúbidas a mellor de cantas concorren a estas eleccións municipais no noso Concello da Peroxa....

¡¡ CHEGOU O DÍA ¡¡
Hoxe é un dìa de especial ledicia e ilusión para a nosa Agrupación Municipal Socialista da Peroxa, xa que facemos pùblica a renovada candidatura coa que nos presentamos as pròximas e decisivas eleccións municipais do vindeiro domingo 26 de maio onde se decidirá o futuro do noso Concello da Peroxa.
Formada por un grupo de veciños e veciñas de demostrada capacidade e valía, participativos e colaboradores nos seus pobos e parroquias, e no concello en xeral, que dan este paso importante cheos de ilusión e con enormes gañas por traballar pola mellora do noso concello con dedicación, honradez, transparencia e proximidade.
Nestes ultimos 4 anos, como é de costume puxemos nas túas mans a información suficiente para que analices e valores as formas diferentes de traballo con respecto a un goberno municipal esgotado, sen ideas nen ambición logo de moitos anos ao fronte dun concello que pide un cambio de rumbo.
TÍ TERÁS A DECISIÓN E A RESPONSABILIDADE DE DECIDIR O FUTURO DO CONCELLO DA PEROXA ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario