¡¡ CHEGOU O DÍA ¡¡
Hoxe é un dìa de especial ledicia e ilusión para a nosa Agrupación Municipal Socialista da Peroxa, xa que facemos pùblica a renovada candidatura coa que nos presentamos as pròximas e decisivas eleccións municipais do vindeiro domingo 26 de maio onde se decidirá o futuro do noso Concello da Peroxa.
Formada por un grupo de veciños e veciñas de demostrada capacidade e valía, participativos e colaboradores nos seus pobos e parroquias, e no concello en xeral, que dan este paso importante cheos de ilusión e con enormes gañas por traballar pola mellora do noso concello con dedicación, honradez, transparencia e proximidade.
Nestes ultimos 4 anos, como é de costume puxemos nas túas mans a información suficiente para que analices e valores as formas diferentes de traballo con respecto a un goberno municipal esgotado, sen ideas nen ambición logo de moitos anos ao fronte dun concello que pide un cambio de rumbo.
TÍ TERÁS A DECISIÓN E A RESPONSABILIDADE DE DECIDIR O FUTURO DO CONCELLO DA PEROXA ¡¡