Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 7 de septiembre de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 8 e 9 de setembro de 2018

No apartado deportivo, segun a iniciarse as competicións oficiais para os nosos equipos representativos do Concello:

No fútbol rexional:

A PEROXA C.F.- VERIN C.F.: domingo 9 as 18:00 no Campo do Marco.

Dende o clube, e tendo en conta que é o primeiro partido da tempada na casa, animan a toda a afición a facerse soci@ do clube e colaborar con este proxecto para poder seguir disfrutando do mellor fútbol rexional ao noso caron......



No fútbol de veteráns:

AACLINIC - ATL. PEROXA: sábado 8 as 16:30 no Campo da Universidade.

BARBANTES VET. - LLOVIZNA: sàbado 8 as 17:30 no Campo de Barbantes.


Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Unha semana máis aquí temos que felicitar aos nosos deportistas do Concello polos novos éxitos acadados, xa que tanto ADRIÁN RODRIGUEZ, agora na modalidade de carreira popular tamén volve a colleitar un novo éxito, seguido moi de cerca polo noso veterán e popular corredor de Armental SATURNINO GONZALEZ, celebrando un novo éxito dos nosos deportistas, poñendo de novo un motivo máis para que esta modalidade sexa oficializada nun equipo propio e tamén a necesidade de que no noso territorio debemos organizar unha proba ou modalidade deste deporte...

Parabéns ¡¡¡



A prensa local recollía con este expresivo titular o triunfo do noso veciño....



Segue a oferta festiva no concello, coas tradicionais festas do Amparo en Carracedo, co seguinte cartel...



Tamén vos informamos, que este luns, a Unidade de Doazón de Sangue estará na Peroxa....NON FALTES ¡¡¡




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario