Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 20 de julio de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 21 e 22 de xullo de 2018

Nesta época estival temos que comenzar por anunciar a programación festiva dos nosos pobos e parroquias, onde a través das súas festas patronais son unha cita ineludible para toda a veciñanza, a que reside habitualmente, pero tamén, para tod@s aqueles que durante boa parte do ano teñen a súa vida laboral e persoal lonxa da súa terra e das súas xentes.....

Desta vez tóca anunciar as festas patronais da parroquia de Toubes, con seguinte cartel...



Dentro da programación deportiva toca anunciar como cada semana a única disciplina que parece non ter descanso vacacional, que non é outra que o atletismo onde os nosos representantes do PEROXA RUNNING terán no seguinte calendario presencia en algunha das probas previstas para esta fin de semana.....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Como xa temos feito noutas ocasións, toca destacar a gran participación dos representantes do noso Concello na recentemente proba de Trail Galaica celebrada en Terras de Pantón, en pleno corazón da Riberia Sacra....



O èxito acadado por estes veciños è notable en cada categoría, levando o nome do noso Concello a toda a xeografía, pero desta vez toca unha mención especial para ADRIÁN RODRÍGUEZ DÍAZ, que volve a estar entre os mellores desta disciplina acadando un méritorio e sufrido triunfo nesta proba tal e como o amosa a clasificación....



PARABÉNS ¡¡¡



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario