Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Actividade no Concello durante as festas do Nadal 2017

No día de hoxe poñemos remate, a outro ano ao voso carón en canto a información de todo o que acontece no noso concello se refire.

Cada semana, tivestes cumprida información de todo tipo de actividades que se desenrolaban no noso propio termo municipal ou en aquel onde tiveramos representación.

Finalizamos, polo tanto este ano 2017, cumprindo fieis coa nosa cita coa información anunciando as actividades e eventos que sucederán preto de nòs ou onde algún dos nosos veciños e veciñas esté presente....non sin antes, desexar de parte de tódolos que formamos a Agrupación Muncipal Socialista no Concello da Peroxa, que traballa día a día, pobo a pobo pola mellora do noso Concello,  que pasedes unhas moi boas festas, e que o vindeiro ano 2018 veña cargado de saúde, felicidade e éxitos ¡¡¡


 As actividades dentro do mundo do deporte, quedan reducidas a participación do equipo Prebenxamin do A PEROXA C.F. , no Torneo Solidario de Barbadas hoxe venres día 22 no Campo dos Carris, cos seguintes grupos, rivais e horarios:






Tamén destacamos, dentro das iniciativas que os membros e familia do A PEROXA C.F. organizan nestas datas un evento anual de gran éxito de participación para os mais peques do clube e que se anuncia a través do seguinte cartel:



Importante cita terán tamén os veciños e seguidores de OS PEARES F.S. representantes no deporte do fútbol sala que disputarán a final da Supercopa de Ourense, por ter acadado no ano que remata o título de Campión de Copa Deputación 2017.

Este é o cartel anunciador do evento:



Son tamén, moitas as probas do deporte do atletismo, onde os nosos representantes do PEROXA RUNNING participarán nas tradicionais probas de nadal, como son as míticas e xa consolidadas San Silvestres 2017 (Allariz, Castrelo, Ourense....), que destacan as que marca o calendario, que podedes, como sempre consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

O Concello da Peroxa, tamén ofrece varias alternativas dentro da súa programación de Nadal, enfocada sobre todo para os máis cativos, para que disfruten do que son principalmente "as súas festas¡¡¡¡ cheas de maxia e ilusións ¡¡¡






Como xa se anuncia nos carteis de programacion do nadal, os nenos e nenas do Concello visitarán Pazolandia o 3 de xaneiro, pero para os que non poidan asistir ese día, informamos das datas e horas que permanecerá aberto este evento:



Tamén se celebrara a xa tradicional representación teatral por parte de Aspanas, que se anuncia así:

Tamén recibimos a nova da recuperación dunha tradicional festa no pobo do Souto, na honra a San Miguel, e que terá os seguintes actos que indica o seu bonito cartel:



Finalmente, e como tamén  temos varios veciños e veciñas nos seguintes eventos do limitrofe concello de Coles, anunciamos algúns actos previstos para estas datas no seu Auditorio de Cambeo:



Rematamos este ano informativamente falando tal e como e fixemos cada semana anterior do mesmo....."APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS".


FOMOS, SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡¡

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario