Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 17 de noviembre de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 18 e 19 de novembro de 2017

No eido deportivo.....

No fútbol rexional:

A PEROXA C.F. - CORTEGADA C.F.: Domingo 19 as 16:15 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:

A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D. OURENSE "B": Sàbado 18 as 10:30 no Campo do Marco

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.P. CALASANCIO "B": Sàbado 18 as 12:15 no Campo do Marco.
E.D.C. BARBADAS "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN : Sàbado 18 as 11:00 no Campo da Valenzá.

C.D.C. SANTA TERESITA - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 18 as 12:00 no Campo de Eiroás.


No fútbol de veteráns:

ATL. PEROXA - AXOUXEIRIÑOS: Domingo 19 as 11:00 no Campo do Marco.

LLOVIZNA - RABAZA: Sàbado 18as 18:00 no Campo do Marco.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Ainda que neste deporte, este fin de semana celèbrase a multitudinaria e tradicional Carreira do San Martiño, onde serán moitos os veciños e veciñas, de diferentes idades que percorrerán as rúas da cidade.....


Toda a información desta proba no seguinte enlace....

https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1306/xli-carreira-pedestre-popular-san-martino-2017

Unha semana máis, toca facer un xusto recoñecemento a traxectoria e éxitos dos novos atletas que levan o nome do Concello polas probas galegas. Desta vez foi novamente o "veterán" Javier Rodriguez que na proba de Mondariz acadou un novo podium....PARABÉNS ¡¡



Para finalizar co eido deportivo, celebrase unha nova edición do Enduro Van no noso Concello, organizado polo Moto Clube A Peroxa...



No apartado festivo, destaca a celebración dun multitudinario magosto dos equipos base dos equipos do A PEROXA C.F.


Tamén o pobo de Gulfariz celebrará o seu tradicional e enxebre magosto....


Noutras actividades, anunciase por parte do Concello unha interesante actividade a que podes anotarte....



FOMOS PIONEIROS..... E SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario