Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 7 de abril de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 8 e 9 de Abril de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


C.D. ALLARIZ - A PEROXA C.F.: Domingo 9 as 17:00 no campo de Allariz.


Nas categorías do fútbol base:

SDC ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 8 as 10:30 no campo de Santa Cruz de Arrabaldo.

MONFORTE C.F. "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 8 as 11:30 no campo Luis Bodegas de Monforte.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - OURENSE C.F. "B": Sàbado 8 as 11:00 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. OURENSE "B": Sàbado 8 as 12:00 no Campo do Marco.


No fútbol de veteranos....

AGUSTIN POLÍGONO - ATL. PEROXA: Sàbado 8 as 16:00 no campo de Santa Cruz de Arrabaldo.

LLOVIZNA - FRANCELOS: Sàbado 8 as 17:30 no campo do Marco.


O noso representante no fùtbol sala terá o seguinte partido:

PANADERÍA MONSERRAT - OS PEARES F.S.: Sàbado 8 as 17:00 no pabellón anexo do Paco Chao en Carballiño.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Anunciamos tamén vindeiros eventos importantes, para que vaiades facendo os vosos plans e sobre todo no caso seguinte, as vosas inscripcións.

Tràtase dunha nova edición da Andaina do noso Concello da Peroxa, que será o 7 de Maio e que este ano estará adicada a ASPANAS.

Na seguinte imaxe o cartel coas instruccións para formalizar a vosa inscripción:



ANIMARSE E QUE NON QUEDE NINGUÉN SEN PARTICIPAR DESTE EVENTO QUE SERVIRÁ PARA AMOSAR AS NOSAS ESPECTACULARES PARAXES ¡¡¡

Tamén nas vindeiras semanas terá lugar no veciño concello de Coles unha proba de bici de montaña, na que tantos aficionados ten, entre outros no Concello da Peroxa.
A continuación o seu cartel así como instruccións para formalizar a inscripción:


http://www.concellodecoles.com/noticias.asp?sec=5&id=206#.WNtb6W-LTGg

Ainda que todavía lexana no tempo, anunciamos un destacado evento que terá lugar tamén no Concello, organizado polo Moto Clube A Peroxa:



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA COAS PROPOSTAS QUE CHE INDICAMOS ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario