Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 24 de marzo de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 25 e 26 de marzo de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


U.P. TABOADELA - A PEROXA C.F.: Domingo 26 as 16:30 no campo de Taboadela.


Nas categorías do fútbol base:

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 25 as 10:00 no campo de Velle.

C.P. CALASANCIO "C" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 25 as 10:30 no campo do Colexio do Escolapios en Monforte.



No fútbol de veteranos....

ES. REZA - ATL. PEROXA: Sàbado 25 as 18:15 no campo do Marco.

LLOVIZNA - SOBRADO: Sàbado 25 as 16:15 no campo do Marco.


O noso representante no fùtbol sala terá o seguinte partido:

S.D. PIÑOR - OS PEARES F.S.: Sàbado 25 as 17:00 no pabellón de Cea.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


No eido festivo, lembramos que este domingo 26 de marzo celebrarase no Campo do Amparo a Romería do Amparo Pequeno, con actos relixiosos, festivos e tamén comida popular.

PARA FINALIZAR.......RECORDADE O CAMBIO DE HORA:

APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DOS EVENTOS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODOS E PARA TOD@S ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario