O partido do equipo representativo do Concello serán:
FRANCELOS C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 4 as 18:00 no campo de Francelos.
Continuando co deporte, os representantes no atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunhas das probas que marca o calendario para esta fin de semana:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar
Tamén para que os aficionados a este deporte vaian facendo os seus plans, e si é o caso, as súas inscripción anunciamos unha interesante e exixente proba que terá etapas no noso termo municipal, concretamente na zona dos Peares.
Entre as actividades proposta, destaca un novo intento do Concello da Peroxa en organizar unha viaxe ao Parque Acuático de Cerceda, anunciado neste cartel:
Desta vez, e o igual que se pronosticaba a pasada fin de semana, e tal como así aconteceu, o tempo non vai a ser impedimento para a súa celebración, a espera todavía de que algún responsable municipal de explicacións do "motivo real" da suspensión da viaxe a fin de semana pasada ¡¡¡
https://www.eltiempo.es/cerceda.html
Recordamos tamén que en San Ciprián celebrarase o sábado 3 a Feira Mensual.
Informamos, para finalizar que os vindeiros días 13, 14 e 15 deste mes de setembro, en horarios de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 (excepto o 15 que só será de maña) estará no Recinto Feiral da Peroxa unha Unidade Mòvil da ITV para vehículos agrícolas.
Informate e pide cita no 902309000 ou a travès da web:
http://www.sycitv.com/gl/
SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S.
TRABALLAMOS POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario