Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 16 de junio de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 18 e 19 de xuño de 2016

No eido deportivo, a escasa competición oficial dos equipos representativos do Concello pasa polos seguinte pero decisivos encontros:

Dentro do fútbol veterano o equipo do ATL. PEROXA disputará a Final da Copa diante do equipo veciño de A BARRELA: Será o sábado 18 as 17:00, no campo do Poligono.

Tamén no fútbol sala o equipo dos PEARES F.S. disputa unha nova eliminatoria da Copa Deputación diante do equipo HERMANOS CARRAL, será o sábado 18 as 19:00 , no pabellón dos Peares.

Os atletas do noso concello do PEROXA RUNNING terán citas importantes, tal e como indica o calendario....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Os equipos de Base do A PEROXA C.F. poñen fin a tempada co seu xa tradicional Torneo no Campo do Marco na mañà do domingo 19 en horario de 10:30 a 13:30.

Este é o orixinal cartel anunciador....


Os horarios e encontros a disputar nas súas respectivas categorías serán os que se anuncian....



Posteriormente, no Campo da Festa da Peroxa, celebraran unha comida popular conxunta con todos os nenos e nenas do equipo, xunto con pais, nais, adestradores, directivos e colaboradores.

Dentro das actividades deste día de peche de campaña, tamén se poderá acceder a exposición de fotos da longa historia do clube na entrada dos novos vestiarios.




Tamén teràn actividades despois da comida, para nenos e para maiores. Finalizando a xornada con unha reunión informativa de planificación da vindeira tempada 2016-2017.

Outro evento destacado será o paso do Rallie de Ourense polas estradas do noso concello. A organización advirte do corte das estradas afectadas do seguinte xeito:



Os horarios de paso serán os seguintes....



No seguinte enlace terás os accesos e puntos de interés no Tramo de A Peroxa:

http://www.rallyeourense.es/rallye.aspx?id=414&ed=49


Outras actividades destacadas son as que anunciamos a continuación....


Como cada ano, un evento destacado e tradicional que a prensa local recolle na seguinte noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2016/06/08/habra-400-palistas-prueba-caracter-popular/0003_201606O8C10991.htm


Tamén nos Peares, unha actividade diferente e orixinal....



Tamén teremos a correspondente sesión festiva, coa celebración do San Antón en Mirallos, con un cartel realmente espectacular este sábado 18 e domingo 19:




E tamén lembra que falta menos para este evento......apúntadevos ¡¡¡



TAN SÓ NESTE LUGAR TERÁS TODA A INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE O TEU CARÓN. ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario