Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 26 de mayo de 2016

IMPORTANTE PLENO NO CONCELLO DA PEROXA

Temos que comunicarvos que finalmente...¡¡¡¡¡ e despois de TRES MESES ¡¡¡ por fin celebrarase este MARTES 31 DE MAIO outro Pleno do Concello da Peroxa, será as 11:30.

Parece que tomaron como norma a ausencia de Plenos, será que non teñen nada que aportar ou tal vez que non queren escoitar a voz da veciñanza a travès das demandas e propostas da oposición??

Transcurrido un ano dende as eleccións municipais a situación era a esperada duns gobernantes preocupados doutros asuntos particulares e que amosan o seu desgaste e falta de iniciativas que melloren a vida dos veciños e veciñas do Concello.

Esta é a convocatoria do Pleno e os asuntos a tratar....


Botando un vistazo a orde do día, pode parecer un pleno máis....¡¡¡¡ pero indicamos que será un dos plenos máis importantes da lexislatura xa que se trataran, debatirán e acordarán asuntos de importancia para as economías da veciñanza.

ESA MESMA VECIÑANZA QUE NESTAS DATAS ESTÁN A RECIBIR NOS SEUS DOMICILIOS OS RECIBOS DO IBI......MOITOS DELES CON "SORPRESAS IMPORTANTES" POLO SEU INCREMENTO QUE TEN A EXPLICACIÓN NA REVISIÓN CATASTRAL QUE O SR. ALCALDE SOLICITOU PARA O SEU CONCELLO. 

REVISIÓN QUE CASUALMENTE TERÍA QUE TERSE PRODUCIDO NO EXERCICIO ANTERIOR, PERO QUE PREFERIRON APRAZAR XA QUE NO 2015 ERA ANO ELECTORAL ¡¡¡¡ (como sempre mirando polos seus intereses políticos) ¡¡¡

A nosa Agrupación Municipal Socialista presenta unha importante moción para tentar buscar o acordo e rebaixas nalgúns tipos deste IMPOSTO MUNICIPAL ¡¡¡

Tamén se presentarán os seguintes Rogos:




Tamén faremos as seguintes PREGUNTAS o equipo de goberno sobre asuntos de interés e de control da súa actividade municipal:



Como remate e tamén como exemplo da "TRANSPARENCIA" que rixe o Concello deixamos unha imaxe do que o Sr. Secretario recollía na acta do pasado pleno de febreiro cando o noso portavoz socialista lle preguntaba polo proxecto da obra do edificio multiusos, que por cuestións de anos de vixencia do anterior Plan E pola que se executou unha "supuesta" Biblioteca, e tendo en conta que estas obras tiñan unha vixencia e garantía mínima de 5 anos que no sabemos si se cumpliu xa que se "reformou" parte desta obra anterior....que lembremos custou 300.000€ e que podería ser motivo de sanción ou mesmo de devolución desta millonaria subvención.......

O Sr. Alcalde como xa indicamos no resumo do pleno anterior dixo descoñecer esa "posible situación de anomalía" e que non se tivera en conta esa cuestión.....pois ben, comprobade vos mesmos a "importancia" e a redacción sobre ese punto que se fai na acta do Pleno......LAMENTABLE ¡¡¡¡

PARECENOS A NÓS OU É QUE TENTAN AGOCHAR A SÚA POSIBLE NEGLIXENCIA E GRAVE RESPONSABILIDADE NESTA TRAMITACIÓN ??



SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario