Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 14 de abril de 2016

Botemos a vista atrás...¡¡¡¡

Hoxe toca facer un pequeno análise ou reflexiòn sobre asuntos de interés pendentes no noso Concello, algún deles incluso no seu día motivo de inútil polémica, cuestión que finalmente o tempo se encargou de dar e quitar razóns e unha vez máis os ofrecementos e promesas caen no pozo do olvido, non sabemos se por desidia e falta de interès ou por que realmente non interesa. 

As explicacións xa sabedes que as debe dar ¡¡¡

Atopamonos nestes días con esta noticia que nun principio parecía esperanzadora no seu titular, pero que tristemente vemos como pasa de largo e non se contemplan actuacións no noso Concello:

http://www.laregion.es/articulo/ourense/xunta-y-diputacion-ourense-invertiran-644-000-euros-obras-36-centros/20160408133730613362.html

Esta noticia recordounos algún dos compromisos pendentes para mellorar a eficiencia e os servizos no noso Centro Escolar tal e como se recollía na prensa aló polo ano 2014 en palabras do noso Alcalde recoñecendo claramente o problema existente ¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-tendra-remodelado-poder-asumir-gastos/0003_201401O17C10992.htm

Si botamos a vista atrás o ano pasado atopamonos prácticamente coa mesma noticia que publicamos o principio deste artigo onde novamente unha millonaria inversión chegaba para o arranxo de varios colexios na provincia, onde tampouco estivo o noso, eso sí, hai varios que repiten axuda no ano 2015 e tamén agora no 2016.....será que se puxo máis interès polos seus responsables???

http://www.depourense.es/index.php/actualidade/1128-deputacion-e-xunta-destinan-mais-de-840-000-a-obras-de-mellora-en-colexios-publicos-de-35-concellos-da-provincia

Todo esto nos fai ir o punto de partida onde os nosos concelleiros socialistas puxeron voz a esta problemática pola que seguimos agardando melloras necesarias e urxentes:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/11/23/reclaman-encienda-calefaccion-centro-educativo-peroxa/00031385226866741351560.htm

SEGUIMOS E SEGUIREMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO.....A NOSA ÚNICA PREOCUPACIÓN E OBXETIVO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario