Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 4 de febrero de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 6,7,8 e 9 de Febreiro de 2016

A pesar de estar en plena celebración do Entroido 2016, haberá competición deportiva para algúns dos nosos equipos.

Dentro do fútbol rexional e de base:

C.D. ALLARIZ - A PEROXA C.F. BENXAMIN :  Sàbado 6 as 16:30 no campo de Allariz.

En canto a liga de veteranos:

ATL. PEROXA - FOGAR BREOGAN: Sàbado 6 as 16:00 no campo do Marco.

SOBRADO - LLOVIZNA: Sàbado 6 as 16:00 no campo do Colexio Miraflores.

VETERANOS POLÍGONO - GADAFFI: Sàbado 6 as 16:30 no campo do Poligono.


Na liga provincial de fùtbol sala(aprazado):

S.D. PIÑOR - OS PEARES F.S.: Sàbado 6 as 17:00 no pabellón de Cea.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Antes de anunciar os diferentes eventos festivos, informamos que o VENRES DIA 5 AS 20:00 NO AUDITORIO DA PEROXA, haberá unha interesante CHARLA INFORMATIVA SOBRE A EXPEDICIÓN DO CARNÉ DE MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS.

Agardemos e solicitamos que o seguinte paso sexa a organización dun Curso no noso Concello para as persoas interesadas, tal e como están a facer os nosos concellos veciños.

Como non podía ser doutro xeito, no noso Concello tamén teremos celebración do Entroido, con actos organizados para o vindeiro Martes día 9 anunciados a través do seguinte cartel:



Tamén os locais de hostelería terán a súa programación, anunciada co cartel seguinte para o BAR1984:


Este ano, ademáis a estas celebracións, e polo baixo das datas na que se celebra o Entroido, coincidirá tamén con outra das nosas festas patronais....o San Blas en Carracedo, con importantes actos lúdicos e festivos anunciados do seguinte xeito:



DESPOIS DE TODO O QUE CHE PROPOÑEMOS, SÓ TES QUE ESCOLLER....¡¡¡

APOIA, DISFRUTA E PARTICIPA¡¡¡

VIVA O ENTROIDO ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario