Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 10 de diciembre de 2015

Hoxe é o día que todo debía cambiar.....pero todo segue igual ¡¡¡

Hoxe todos os cidadáns e os representantes pùblicos tiñamos marcado no calendario este día como o gran día onde as administracións locais se abrían por fin a sociedade e facían pùblicos os seus datos importantes e que a veciñanza necesita coñecer para valorar as súas xestións.

Hoxe dìa 10 de decembro entra, despois dun periodo de carencia, en vigor a famosa e tan usada últimamente polos nosos políticos, LEY DE TRANSPARENCIA, nas Administracións Locais. polo tanto tamén no noso Concello da Peroxa.

www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12887.pdf

Unha cuestión pola que os concelleiros socialistas levamos tempo loitando pola súa implantación, e sobre todo cumplimento no noso concello, onde as trabas para o acceso a información foron continuas por parte do grupo de goberno, mesmo con queixas trasladadas o propio Valedor do Pobo, tal e como se recollía na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/06/13/psoe-lleva-valedor-do-pobo/1041220.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/06/13_07.htm

Foron moitas as propostas que levamos os Plenos do concello para exixir a súa posta en marcha coa antelación suficiente que marcaba a Lei para non ter que chegar a "apuros de última hora" como parece que está ocurrindo.

Recentemente, mesmo no pleno de outubro, voltamos a preguntar pola implementación destes requisitos que a Lei marcaba:



CLARAMENTE, O SR. ALCALDE RECOÑECÍA E SE COMPROMETÍA, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO....."A NORMATIVA HABERÁ QUE CUMPLILA".


Tamén no derradeiro pleno de novembro presentamos unha moción ao respecto, que foi aprobada por unanimidade e da cal damos conta, co extracto da acta do pleno:


AQUÍ NESTE PUNTO DO PLENO, O SR. CONCELLEIRO GONZALEZ BLANCO, INDICABA QUE "XA SE SUBIRAN DOCUMENTOS A PÀXINA WEB DO CONCELLO PARA COÑECEMENTO PÚBLICO"......

TODOS PODEDES COMPROBAR QUE AINDA HOXE NON HAI NINGÚN DOCUMENTO PUBLICADO NA CITADA WEB, TAN E COMO OBRIGA A LEI:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=fkId4ZHRoMx8KLVwwo9FS93YcQTRS*TN6kJ6hXX4AtfsBdnaG9jbcAg6q-pL1NoVoP31AaI13ocyj0rv0FDddcUBChfkN3mAdCfjsq2*zK9uuVUJFYDVhA

 TAMÉN INDICABA QUE "A INTENCIÓN E DE CUMPRIR A LEI CANDO SE POIDA" ¡¡¡


AS LEIS NON FUNCIONAN CON INTENCIÓNS ¡¡¡


HAI QUE CUMPLILAS E NOS PRAZOS QUE SE INDICAN ¡¡

A ADMINISTRACIÓN NON FUNCIONA ASÍ ¡¡¡

.....E A XUSTIZA TAMPOUCO¡¡¡¡

O INCUMPRIMENTO A SABIENDAS DE CALQUER LEI, NO ÀMBITO XUDICIAL TEN UN NOME: PREVARICACIÓN ¡¡¡¡

AGARDEMOS QUE SE RECAPACITE SOBRE ESAS MANIFESTACIÓNS E CADA UN CUMPLA COAS FUNCIÓNS PARA AS QUE FOI ELEXIDO.

Tamén nese mesmo Pleno se falou dunha posible adhesión o Convenio que a Deputación de Ourense ofrece os Concellos para o cumprimento desta Lei, pero polo que vemos tampouco o noso Concello da Peroxa aparece entre os concellos que se suscribiron:

http://www.depourense.es/index.php/indicadores-de-transparencia-ga

POLO QUE VEMOS TAMÉN NESTE ENLACE DA DEPUTACIÓN, TAN SÓ APARECEN OS NOMES DOS CONCELLOS PERO NON HAI ACCESO A INFORMACIÓN QUE DENDE HOXE É DE OBRIGATORIO CUMPLIMENTO.


SERÁ DE NOVO OUTRO NAVALLAZO AO FAMOSO "CÒDIGO ÉTICO" DA DEPUTACIÓN E O SEU PRESIDENTE, QUE INCUMPLEN CANDO LLES INTERESA ??


QUEDAMOS POLO TANTO, NO DÍA DE HOXE, A ESPERA QUE ESTAS PUBLICACIÓNS OBRIGATORIAS VEXAN POR FIN A LUZ TAL E COMO OBRIGA A LEI.

EN CASO CONTRARIO, EXIXIREMOS MEDIDAS LEGAIS PARA O SEU CUMPRIMENTO ¡¡¡



ASÌ FUNCIONA O CONCELLO NO QUE VIVES ¡¡¡


SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario