Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 6 de junio de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 7 e 8 de xuño de 2014

Van chegando xa o remate as competicións oficiais para os poucos equipos do clube que todavía teñen encontros:

Destacamos esta semana a participación do equipo Prebenxamin do clube nas semifinais, e agardemos que na final do Torneo Semecor.

Anunciamos os seus encontros no cartel preparado para este evento, que se celebra no noso campo do Marco:



Este mesmo equipo Prebenxamin, repetirá actuación o día seguinte, domingo día 8 no Torneo "Memorial Manolo Carrera", organizado polo CD VELLE.

Os encontros o domingo pola maña na fase previa serán:

11:00  C.P. CALASANCIO - A PEROXA C.F
11:30  INDEPENDIENTE C.F. - A PEROXA C.F.
13:00  PONTE OURENSE C.F. - A PEROXA C.F.

Os horarios da xornada de tarde dependerán do seu posto clasificatorio, pero comenzarán a partires das 16:00, ben sexa pola loita polo título ou na fase de consolación.

Toda a información deste torneo no enlace seguinte:

http://www.cdvelle.es/inicio/manolo-carrera/

Continuando co futbol base, ainda que neste caso non afecta a ningún equipo do clube, teremos tamén o domingo no campo do Marco a Final da Copa Deputación na súa categoría 2ª Alevin.

O cartel dos encontros é o seguinte:


O outro equipo do clube con competición oficial é o femenino, dentro da Copa Deputación:

PONTE OURENSE FSF - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 7 as 20:30 no pabellón da Carballeira.


Teremos tamén un amigable do equipo de veteráns:

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - BAR A TERRAZA: Sàbado 7 as 16:30 no campo do Marco.


Os compoñentes do equipo de Atletismo do PEROXA RUNNING estarán presentes en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podedes ver no enlace seguinte:


Neste apartado non podíamos deixar a oportunidade de felicitar públicamente o noso atleta e veciño ADRIÁN RODRIGUEZ DÍAZ, pola súa magnífica actuación coa seleccion galega de montaña no Campeonato de España en Navarra, onde acadou un meritorio posto clasificatorio na xeral, asi como segundo galego na proba.....NORABOA ¡¡¡

Finalmente, informamos que tamén o domingo día 8 pola maña o Rally de Ourense de Clasicos discurrirá polo noso concello.

O percorrido no seguinte mapa:



Toda a información desta proba na súa web, no enlace seguinte:




APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡








No hay comentarios:

Publicar un comentario