Xa metidos pràcticamente en època estival, comenza o carrusel de festas populares no noso Concello.
Anunciamos neste artigo as seguintes a celebrar.
Este domingo 22 os organizadores das festas patronais de Villarrubin recuperan o tradicional Corpus, con actos relixiosos, gastronómicos e festivos.
Este é o cartel anunciador...
Anunciamos tamén para o vindeiro sábado 28 de xuño en Graices outra festa "recuperada", como é a celebración do Sagrado Corazón con actos diversos que se anuncian no seguinte cartel:
Anunciamos tamén, a pesar de non pertencer o noso Concello, unha festa que por cercanía é celebrada por moitos veciños e veciñas dos pobos da zona dos Peares.
Son as Festas do Sagrado Corazón de Xesún na Granxa.
Serán os días 27, 28 e 29 de xuño con actos importantes:
Venres 27: misa as 20:00 e verbena con CINEMA
Sàbado 28: pasacalle, misa con procesión con charanga. Posterior Xantar Popular por 8€, para o que hai que anotarse ata o día 25 no bar Xugo.
Domingo 29: Pasacalles, misas e procesion co grupo local de Gaitas Augas de Xuntanza.
Tamén anunciamos neste artigo actividades de Apoio Escolar que se van a desenrolar nos meses de xullo, agosto e setembro na Biblioteca do Concello da Peroxa, os sábados de 10 a 14 dirixidas os máis novos.
Informarse e anotarse nas oficinas municipais.
Data de comenzo o 5 de xullo.
As actividades a realizar son as que se anuncian, en días e horas, no seguinte cartel:
PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS......E ASISTE AS ACTIVIDADES PROPOSTAS ¡¡¡