Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 25 de enero de 2012

Presentación do proxecto: "OS SÁBADOS COA VECIÑANZA"

Hoxe presentamos aquí neste Blog o que vai ser un dos proxectos máis importantes do que resta de lexislatura municipal; o proxecto do contacto coa xente.

Un proxecto que adquirimos con tódolos veciños e veciñas no momento que tomamos a decisión de presentarnos como alternativa nas pasadas eleccións municipais de maio. Alternativa coa vista posta no futuro, un futuro que queremos conquistar a base de traballo e adicación. O noso compromiso de sair a rúa e ver as necesidades día a día. As xentes do concello da Peroxa teñen problemas que arranxar a diario e non só en épocas electorais, como nos teñen acostumados os que levan xa máis de 30 anos no poder.

Transmitir os nosos veciños e veciñas a información de primeira man e persoalmente sobre as iniciativas, propostas e actividades que realizamos dende esta Agrupación Municipal Socialista, a través dos seus tres representantes no Concello, así como, de todos aqueles membros da candidatura e outros colaboradores que nos están axudando a levar a cabo esta iniciativa.

Os veciños precisan estar informados do que ocorre no seu concello e sobre todo precisan a alguén que recolla as súas preocupacións e problemas nos pobos do concello e os traslade os órganos de goberno municipais que son os que teñen que porlle solucións.

Levamos xa tempo usando este Blog como lugar de información municipal sobre o que acontece no noso concello, pero agora este Blog bótase a rúa, onde está o verdadeiro punto de información; cara a cara coa xente, que nos coñeza, que nos vexa traballar e sobre todo que sepa que estamos para axudalos.

Os veciños e veciñas da Peroxa que pagan impostos queren saber en qué se gastan os seus cartos, onde e porqué.

A través desta iniciativa percorreremos todos e cada un dos pobos do concello para analizar os seus problemas e necesidades e tentar buscarlle solucións. Elaboramos un plan de visitas anual que realizaremos preferentemente os sábados pola tarde os pobos e parroquias que iremos anunciando previamente. Estas visitas serán modificadas segundo as necesidades máis urxentes que os veciños e veciñas nos vaian plantexando e acudiremos alí onde sexa reclamada a nosa presencia. As súas propostas e queixas serán trasladadas a través das canles legais (mocións, preguntas, rogos, solicitudes de información....) o Sr. Alcalde e os membros do goberno os cales exixiremos solucións.

Queremos que o noso Concello "teña VIDA", non podemos quedar adormecidos ante a paralización a que nos someteron nestes xa moitos anos de inactividade.

As canles de contacto son as xa habituais e coñecidas por todos, a traves deste blog, do enderezo electrónico: socialistasdaperoxa@gmail.com, ou ben persoalmente a calquer membro da agrupación ou da candidatura socialista.

A través da presentación deste ilusionante proxecto para nós, aproveitamos para invitar a todos aqueles que se queiran unir a esta iniciativa que contamos con todos os que o desexen; un proxecto por e para o Concello da Peroxa.

Aproveitamos a presentación deste proxecto para anunciar a nosa primeira visita este sábado 28:


2 comentarios:

  1. boa iniciativa xa eran horas de que alguen se preocupe dos problemas da xente sen ser epoca de eleccions,e sobre todo de ir onde a xente e non esperar sentados a que veñan os veciños a pedir vez para que poidan escoitar os seus rogos.noraboa por esta iniciativa,seguide asi por favor

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo teu ánimo e apoio. Os compromisos adquiridos son para cumprir e a eso vamos ¡¡

    ResponderEliminar