Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 8 de julio de 2011

Un bonito recordo para os máis nostálxicos

Hoxe inauguramos outra sección interesante no noso blog. Unha sección emotiva e importante para dar a coñecer pouco a pouco a historia dos socialistas na Peroxa.

Coma sempre pedimos a colaboración de todos para completar con artigos e fotos esta importante sección, onde queremos facer participes a todos da historia dunha persoas que loitaron por defender os seus ideais.

Agradecemos todo tipo de información e incluso artigos de opinión e anécdotas que os máis veteráns nos poidan facilitar polos medios habituais.

Para comenzar unha foto da campaña do 87....¡ Que caras de boa xente e de ilusión ¡...Algúns deles todavía hoxe seguen tendo esas mesmas caras de boas persoas, o que si aumentaron co tempo, ademáis dos anos e as canas, foi tamén a ilusión que hoxe seguen para manter as súas ideas e o seu traballo polos veciños.

Se alguén quere algún cartel orixinal todavía conservamos algúns que podedes solicitarnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario