No apartado deportivo, estes serán o partidos para os nosos equipos representativos do Concello:
No fútbol rexional:
A PEROXA C.F- S.D. NOGUEIRA: Sàbado 10 as 16:30 no Campo do Marco.
No futbol base:
A PEROXA C.F. INFANTIL- E.D.C. BARBADAS "B": Sàbado 10 as 10:30 no Campo do Marco.
A PEROXA C.F. ALEVIN - U.D. OURENSE "C": Sabado 10 as 12:15 no Campo do Marco.
PABELLÓN PROMESAS "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sabado 10 as 13:00 no Campo dos Remedios.
A.D BOSCO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 10 as 12:00 no Campo dos Salesianos.
Antes de pasar ao resto de competicións temos que anunciar que esta semana os equipos de base do A PEROXA C.F. foron protagosnistas gracias a súa boa iniciativa do Banco de Botas e que tivo repercursión tanto na prensa escrito, na radio e mesmo na TV a nivel nacional, onde próximamente serán protagonistas dunha bonita reportaxe na canle Vamos de Movistar+, xa que visitou o Campo do Marco o gran Raul Ruiz, ex-xogador e agora periodista deportivo.
NORABOA POLA INICIATIVA E POR QUE ESTO TEÑA A REPERCUSIÓN QUE MERECE¡¡
O noso concelleiro e portavoz municipal protagonista e impulsor desta pioneira e exitosa idea...
No fútbol de veteráns:
ARENTEIRO - LLOVIZNA: Domingo 11 as 11:00 no Campo da Uceira en Carballiño.
ATL. PEROXA - AMIGOS OURENSE: Domingo 11 as 11:00 no Campo do Marco.
No futbol sala:
O representante no fútbol sala terá o seguinte partido:
OS PEARES F.S.- F.S. BEARIZ: Sàbado 10 as 18:00 no Pabellon dos Peares.
Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:
Hoxe toca facer un novo recoñecemento a un dos nosos destacados atletas, que nos últimos anos leva unha gran evolución nas probas nas que participa, sendo do máis variadas e en diferentes distancias e disciplinas.
Tràtase do veciño de Rebacido IVAN ANDELO, que ben de acadar unha destacada actuación nunha proba moi dura como foi a de Allariz.
Noraboa e a seguir así¡¡
Segue o prazo aberto ata este domingo para as inscripcións para unha das mellores e máis agardadas probas..... A SAN MARTIÑO 2018¡¡¡
Toda a información no enlace seguinte:
Tal e como levamos tempo anunciando, seguen os magostos dos nosos pobos e parroquias e nesta fin de semana toca celebrar os seguintes.....
E ANUNCIAMOS XA OS SEGUINTES PARA QUE FAGAS OS TEUS PLANS E TE VAIAS ANOTANDO...
Dende o Concello organízanse coa colaboración da Deputación unhas sesións interesantes.....
TAMÉN DENDE A MANCOMUNIDADE, E A TRAVES DO CENTRO DE INFORMACIÒN A MULLER SE ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE DE INTERES....
NAS VINDEIRA DATAS TAMÉN UN EVENTO DESTACADO PARA OS AMANTES DO MOTOR, AQUÍ PRETO, NO VECIÑO CONCELLO DE COLES...
APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡
SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡