No eido deportivo, chegaron o seu fín case tódalas competicións federadas, polo que ata o mes de setembro daremoslles vacacións.
Todavìa quedan actuacións "veraniegas" para algúns dos valentes compoñentes do PEROXA RUNNING que terán as seguintes probas que marca o calendario para disfrutar do seu deporte:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar
Un ano máis tamén dentro do programa das Festas da Peroxa o equipo do PEROXA CF. organiza o seu xa tradicional Torneo da Amistade de Fútbol 7.
Esta edición con 15 equipos participantes que na tarde do sábado e do domingo darán o ambiente deportivo o Campo do Marco.
Este evento anunciouse a través do seguinte cartel:
Tamén temos que informarvos que dende hoxe Venres día 1 en horario de 14:00 a 21:00 poderemos de xeito gratuíto disfrutar das piscinas municipais.
No apartado de Festas tradicionais, tócalle a capitalidade celebrar as súas con actividades diversas. No aspecto meramente musical este é o cartel:
Completarase tamén un ano máis organizado pola Rondalla Xuntanza dos Pobos o tradicional certame:
Novamente, os locais de hostelería do pobo dan o pistoletazo de saída a estas xornadas festivas coa súa churracada con concerto musical...
ANUNCIAMOS TAMÉN UN EVENTO ANUAL IMPORTANTE NESTAS VINDEIRAS DATAS PARA OS MAIS PEQUES DA CASA.
PODEDES XA ANOTALOS PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN.
F
inalizamos publicando un cartel dun dos eventos màis senlleiros que un ano máis teremos no espectacular paraxe do Castelo da Peroxa, para que vaiades reservando na vosa axenda esa data...
SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡