Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de octubre de 2011

Actividade deportiva fin de semana 29 e 30 de outubro 2011

En primerio lugar facemos referencia o cambio de hora (atrasar), que se producirá a madrugada do sábado cara o domingo.

Logo a actividade deportiva céntrase unha vez máis nos partidos dos equipos do Concello.

A PEROXA CF - MACEDA: Domingo 30 as 16:30 no campo do Marco

CASTRELO DE MIÑO - ATL. PEROXA: Domingo 30 as 16:30 no campo de Macendo.

A PEROXA CADETE- CALASANCIO "B": Sábado 29 as 10:00 no campo do Marco.

LEMOS - A PEROXA BENXAMIN: Sábado 29 as 17:00 no campo Luis Bodegas de Monforte.

OS PEARES - CHISPAS: Sábado 29 as 20:45 no anexo do Pabellón dos Remedios.




O mesmo tempo para este domingo estaba prevista a proba do galego de Enduro no noso Concello, pero por motivos alleos a organización creemos que se aprazou para o día 4 de decembro.

Sorte a todos os nosos equipos ¡¡

martes, 25 de octubre de 2011

Celebracion pleno no Concello da Peroxa

O mércores 26 de outubro as 20:00 celebrarase un importante pleno no concello onde entre outros temas trataremos varias cuestións importantes para a cidadanía, como poden ser as mocións presentadas pola nosa agrupación para analizar a situación actual do estado de paralización nos que se atopan as obras da "carretera nova", onde agardamos unha postural oficial e real por parte do equipo de goberno. Tamén agardamos resposta sobre a situación dos expedientes sancionadores que se abriron contra o concello polo estado lamentable e sen autorización de vertidos nos que se atopan as fosas sépticas.
Agardamos tamén opter resposta sobre outros temas que serán preguntados de vital importante e de triste actualidade para o noso concello.

Agardamos a vosa presencia.

Aquí tedes as mocións presentadas pola nosa agrupación municipal:



lunes, 24 de octubre de 2011

Festas en Carracedo

Este vindeiro sabado 29 teremos unha nova celebración festiva, esta vez en Carracedo (no campo do San Blas), con 2 espectaculares orquestras que animaran esta festa, unha das derradeiras deste 2011 no noso concello.

Ven a disfrutar das nosas festas ¡¡

jueves, 20 de octubre de 2011

Actividade deportiva para o fin de semana 22 e 23 de Outubro 2011

Os encontros dos nosos equipos son os seguintes:

POLÍGONO - A PEROXA :  Domingo 23 as 16:30 no campo do Polígono de San Cibrao.

ATL. PEROXA - SALAMONDE: Domingo 23 as 17:00 no campo do Marco.

RIBEIRO CF - A PEROXA CADETE:  Domingo 23 as 11:30 no Xestal de Ribadavia.

CP CALASANCIO - A PEROXA BENXAMIN: Domingo 23 as 11:00 nos Escolapios de Monforte.

CAFE BAR SAMUEL - OS PEARES FS : Sábado 22 as 18:30 no polideportivo da Carballeira.


Acude animar os teus equipos ¡¡

A Xunta segue a meter a navalla os nosos dereitos

Esta semana atopamos no DOG duas noticias que nos deixan novamente sen unhas axudas que xa estaban convocadas e a piques de ser concedidas.

O martes 18/10/2011 a navallada da Xunta foi as axudas para fundacións, asociacións e institucións culturais:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111018/AnuncioCA03-061011-7256_gl.pdf

Esta nova tuvo a súa repercusión nos medios de comunicación:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cultura/cancela/300000/euros/ayudas/pequenas/entidades/elpepiautgal/20111019elpgal_14/Tes


O xoves 20/10/2011 liquidaron as axudas aos concellos para actividades e promoción do cooperativismo, afundindo así as esperanzas de futuro de moita xente:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111020/AnuncioCA05-131011-7426_gl.pdf

Estas situacións ocorren cada semana no desgoberno da Xunta. Sempre a mesma teoría, botarlle a culpa os demáis da súa mala xestión e o mesmo tempo recortar dun lago e de outro nas axudas os cidadáns.

Estas non son políticas de austeridade, son de incompetencia total.

Sempre perxudicando os colectivos máis vulnerables.

BASTA XA ¡¡

miércoles, 19 de octubre de 2011

Festas enxebres para esta fin de semana

Este sábado 22 de outubro celebraránse novamente 2 das nosas festas tradicionais e enxebres.

Serán a da Riberira de Vilarrubin no pobo da Orden, con celebración festiva e gastronòmica na que será o preludio das celebracións do magosto.

A outra destacada e tamén habitual nestas datas será en Fontaiño a festa do Trabazo con celebración de cea popular e coma nos derradeiros anos a parte musical será para a orquestra FANIA.

Dous exemplos de festas levadas a cabo coa importante colaboración e traballo dos veciños.

Disfruta das nosas festas ¡¡

lunes, 17 de octubre de 2011

Interesante oportunidade laboral

No BOP do pasado venres 14 de octubre aparece a convocatoria de 8 prazas de Policia Local para o concello de Ourense.

Mira as bases da convocatoria no seguinte enlace e anímate diante dunha oportunidade laboral interesante:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=233&fecha=20111014

A partires da páxina 9