Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

Mostrando entradas con la etiqueta Actuacións no Concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actuacións no Concello. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de enero de 2018

Un grave problema....

O título é ben expresivo do problema que imos a tratar neste artigo, e que ten relación coas recentes publicacións, tanto da prensa local, como da propia Televisión Autonómica na reportaxe feito no noso Concello da Peroxa, sobre a GRAVE problemática dos danos que ocasiona o xabarín.

A prensa local así recollía a noticia....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/01/16/vecinos-peroxa-abandonan-fincas-presencia/1820202.html

A reportaxe da TVG sobre a situación foi a seguinte....

http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-da-peroxa-deixan-de-traballar-as-leiras-polos-danos-do-xabaril-3609952

Como non podía ser doutro xeito, e sendo conscientes que xa fai anos é un dos problemas máis graves que ten o noso Concello, onde os agricultores e gandeiros sufren as consecuencias dunha superpoboación destes animais, compartimos as queixas da veciñanza e apoiamos ao concello nesta xusta demanda de solucións a este problema.

Agora ben, un problema, que non é novo, xa que esta mesma noticia se dá cada certos anos, dando publicidade ao problema, pero as solucións dos responsables seguen sen chegar.

Todos podedes, sin ir máis lonxe, lembrar unha reportaxe similar, alá polo ano 2013....

http://www.crtvg.es/informativos/os-xabarins-causan-destrozos-na-peroxa-661347

POLO TANTO.......CABE PREGUNTARSE......¿CALES FORON AS SOLUCIÓNS E AS MEDIDAS LEVADAS A CABO NESTES ANOS TANTO POLOS RESPONSABLES DA XUNTA DE GALICIA COMO DO NOSO PROPIO CONCELLO?

Lembramos, que alá polo xa lexano 2013 o Partido Socialista presentou no Parlamento de Galicia unha batería de medidas sobre esta problemática, que como case sempre, o goberno do Partido Popular rexeitou........e así seguimos ¡¡¡

Para continuar desglosando o que foi a nota de prensa sobre a xuntanza coa conselleira por parte do alcalde do noso Concello, indicar que tamén è preocupante, e moi necesario, unha solución ao problema dos niños da Velutina, pola súa gravidade para a poboación.

Agardemos que as medidas solicitadas, e as cales, tamén compartimos, sexan por fin atendidas, xa que sobre este asunto, tamén o Partido Socialista na Deputación de Ourense presentou unha serie de medidas para actuar contra esta nova plaga......pero como sempre......as actuacións están paralizadas ¡¡¡

http://www.laregion.es/articulo/ourense/psoe-pedira-mas-implicacion-provincia-velutina/20180113082349761492.html

Finalmente, toca reflexionar tamén sobre a petición do noso Alcalde de rematar con minifundismo para poder dar cabida e solucións aos novos emprenderos no rural e desfacerse das trabas que atopan no acceso e explotación das fincas abandoadas.

O titular da prensa nesta problemàtica foi o seguinte...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/peroxa-pide-solucion-ao-excesivo-minifundismo/20180117095227762520.html

Nesta mesma noticia, tamén se refire a situación das nosas estradas, repletas de maleza na súa contorna co grave perigo en caso de incendios e sobre todo polo deterioro que ocasionan no seu piso, pero neste punto, lembrar que o Concello tan só se limita a poñer Bandos Informativos, para informar a poboación das leis e das obrigas, pero nunca ten actuado neste sentido, amosando unha completa falta de responsabilidade diante desta problemática.

A noticia tamén se recollía así noutro medio local....



Agardemos, polo tanto, que coa colaboración da Xunta, por fin¡¡¡¡ o noso Concello da Peroxa asuma as súas responsabilidades e se poña dunha vez por todas a traballar.

Anteriormente, a cada petición feita polo alcalde na reunión coa conselleira, expuxemos con claridade cales foran as medidas propostas polo noso partido, sen ter todavía resposta, nin moito menos, actuacións nese senso.......dando a calada por resposta e chegando a situacións lìmite ¡¡¡

Nestes últimos casos sobre o acceso e a limpeza das contornas das nosas estradas, poñeremos un exemplo de cada unha delas, no noso propio territorio, para que todos e todas poidades comprobar o nulo caso que tamén no concello da Peroxa, se fan as nosas propostas por parte dos responsables municipais, que en lugar de tomar e buscar solucións, prefiren sair nos medios de comunicación facendose a foto cos mandatarios da Xunta, mentras no seu propio concello ante os problemas indicados miran cara outro lado.....¡¡¡¡......TOMA NOTA.

EN CANTO O TEMA DE ACCESO A FINCAS PARA PODEREN SER TRABALLADAS LEMBRAMOS UNHA PETICIÓN FEITA RECENTEMENTE POLO NOSO GRUPO MUNICIPAL NUN PLENO A PRINCIPIOS DO PASADO ANO 2017 RECLAMANDO A TRAVÉS DO CORRESPONDENTE ROGO (NUMERO 6) A MELLORA DO ACCESO A UNHA ZONA DE FINCAS NO POBO DO CONCHOUSO.....




MESMO LLE FACILITAMOS COMO SEMPRE, TODOLOS DATOS NECESARIOS E IMAXES DO DETERIORO....




A RESPOSTA DADA NO SEU DÍA FOI......."IREMOS VER COMO ESTÁ" ¡¡¡

ATA O DÍA DE HOXE PARECE QUE NON TIVERON OCASIÓN DE PASAR POLA ZONA, XA QUE TODAVÍA NON HAI NIN RESPOSTA, NIN O QUE É PEOR.....SOLUCIÓNS ¡¡¡

TODO ISO A PESAR, DE COMO CADA ANO, TER RECIBIDO DIVERSAS SUBVENCIÓNS E AXUDAS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PARA A MELLORA E ARRANXO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS....



NO QUE SE REFIRE A LIMPEZA DE MALEZA A CARÓN DAS NOSAS ESTRADAS, TEMOS UN CASO QUE É BEN SIGNIFICATIVO, XA QUE TEMOS SOLICITADO A SÚA MELLORA EN NUMEROSAS OCASIÓNS, RECIBINDO POR PARTE DA ALCALDÍA TODO TIPO DE RESPOSTAS E DISCULPAS, PERO O CASO É QUE ESTÁ TODAVÍA SEN ACTUAR CONVINTEMENTE.

TRÁTASE DA ESTRADA ENTRE ANDELO E GULFARIZ ONDE O EXCESO DE ACACIAS FAI QUE INVADAN A ESTRADA E MESMO CAENDO SOBRE A MESMA DIFICULTANDO A CIRCULACIÓN POLA ZONA. 

TEMOS RECIBIDO, COMO DIXEMOS, RESPOSTAS DE TODO TIPO.....DENDE QUE SERÍA ATENDIDA DE INMEDIATO, PASANDO PORQUE ESTABAN A ESPERA DUNHA NOVA MÁQUINA DA DEPUTACIÓN.....ATA QUE NON ERA NECESARIO ACTUAR NESA ZONA ¡¡¡

CASUALMENTE, UNHA DAS PETICIÓNS FOI FEITO, AO IGUAL QUE NO CASO  DO CAMIÑO ANTERIOR NOS MESMO ROGOS, NESTE CASO NO NUMERO 1



UNHA VEZ MÁIS, AS NOSAS PETICIÓNS ESTÁN ARGUMENTADAS CON FOTOS REAIS, QUE NESTE CASO FOI XA NO ANO 2014, PERO BEN PODERÍA TER SIDO HOXE MESMO, XA QUE A SITUACIÓN POUCO MUDOU ¡¡¡



REMATAMOS, UNHA VEZ MÁIS, SOLICITANDO A TÚA REFLEXIÓN E ANALISE SOBRE O EXPOSTO NESTE ARTIGO.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

lunes, 6 de febrero de 2017

Agora sí¡¡¡¡...promocionemos o noso patrimonio.

De novo nos felicitamos, como veciñ@s e sobre todo como representantes da veciñanza no Concello dunha actuación agardada por todos e solicitada entre outras, en numerosas ocasións.

Unha vez máis, non dudamos en recoñecer ao concello esta boa actuación que se levou a cabo na contorna do Castelo da Peroxa, para de novo, darlle un impulso, e dunha vez por todas, traballaremos para que esta xoia do noso patrimonio deixe de ser unha gran descoñecida e se promocione como se merece, tanto pola súa estructura e historia, como tamén pola súa contorna, un lugar para disfrutar e ofrecer os nosos visitantes.

A actuación consistiu na instalación de alumeado no contorna e sobre a fachada do Castelo da Peroxa, que o fai resaltar todavía máis a súa estampa nas oscuras noites.

Un motivo máis para seguir na liña destes últimos anos, onde a través da inciativa dos hosteleiros e comerciantes da Peroxa, e coa colaboración do Concello se lle está a dar a importancia que este lugar merece con actividades e eventos que tardaron moitos anos en levarse a cabo.

A nova imaxe nocturna deste noso emblemático lugar é a seguinte.....




Esta obra foi financiada pola Axencia de Turismo de Galicia:



Sobre a situación de abandono no que se atopaba este lugar e a súa contorna foi xa levado a pleno en diferentes ocasións polos nosos concelleiros socialistas para denunciar a súa situación e solicitar actuacións de mellora que puxeran en valor este lugar, que como xa dixemos, pero reiteramos de novo, ten que pasar a ser un dos lugares de obrigada visita de todos aqueles que veñan o noso Concello, e seguir na liña de eventos e actos neste lugar para que sexa coñecido por tod@s ¡¡

A través deste blog xa lle temos adicado letras e imaxes para dar a coñecer a situación incial na que se atopaba esta paraxe.

Este foi un dos artigos iniciais ao respecto....

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html

A raíz deste artigo e das nosas propostas levadas a Pleno, acometeronse un serie de melloras tal e como recollemos posteriormente noutro artigo:

socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/11/melloras-solicitadas-e-realizadas.html


FINALIZAMOS ESTA PUBLICACIÓN DESEXANDO UN BO USO DESTA NOVA ACTUACIÓN E UN MANTEMENTO PERIÓDICO DESTE LUGAR PARA MANTER NUN ESTADO DIGNO DE CONSERVACIÓN PARA QUE TANTO OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS COMO OS POTENCIAIS TURISTAS DISFRUTEN DAS INSTALACIÓNS.

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO ¡¡¡

martes, 7 de abril de 2015

Coñece as obras realizadas nas nosas estradas.....e o seu custe¡¡¡

Analizamos a continuación a obras realizadas e os orzamentos empregados no periodo 2013/2014 en canto as actuacións feitas na mellora das nosas estradas.

PARA COMENZAR INDICAR QUE SE INVESTIRON 350.000€ EN DIFERENTES PLANS DE OBRAS E CONVENIOS PROCEDENTES DE DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS.

ENUMERAMOS AS SUBVENCIÓNS RECIBIDAS, ASÍ COMO AS "CURIOSAS" DENOMINACIÓNS COAS QUE SE IDENTIFICARON:


  1. PLANS PROVINCIAIS DA DEPUTACIÓN 2013: "Pavimentación Rede Viaria Municipal": 41.300€
  2. PLANS PROVINCIAIS DA DEPUTACIÓN 2014: "Rexeneración Firmes Rede Viaria": 50.000€
  3. PLAN PROVINCIAL 2013: "Mellora estrada A Peroxa-Barra de Miño": 60.000€
  4. PLAN MARCO 2013/2014: "Mellora Camiños Titularidade Municipal": 55.148,17€
  5. CONVENIO CONCELLO COA DEPUTACIÓN PROVINCIAL 2014: "Reparación Vias Municipais": 143.165,73€

Dentro de cada un dos plans previstos programaronse actuacións en diferentes puntos do noso termo municipal que posteriormente analizaremos polo miúdo.

TAN SÓ DESTACAR QUE CON ESTA MILLONARIA INVERSIÓN É DIFICIL DE ENTENDER PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS DE POBOS QUE ESTÁN NUN ESTADO MOI PREOCUPANTE DE DETERIORO QUE AS SÚAS VELLAS DEMANDAS NON FOSEN ATENDIDAS....

SIRVA COMO EXEMPLO, ENTRE OUTROS, AS SEGUINTES IMAXES...


ESTRADA ANDELO - GULFARIZ


 RÚAS DO POBO DE BARRA DE CIMA



RÙAS DO POBO DE MIRALLOS



RÙAS NO POBO DE CORBELLE



RÚAS NO POBO DE BOUZASVEDRAS


RÚAS NO POBO DE GUERAL


TODAS ESTAS PETICIÓNS DE MELLORA XA FORON SOLICITADAS E PRESENTADAS NOS PLENOS DO CONCELLO A TRAVÉS DOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS E EN ALGUNHAS DELAS POR FIN PARECE VIA HABER MELLORAS, EN OUTRAS NEGOUSE QUE EXISTISEN ANOMALÍAS, E NO RESTO PÚXOXE COMO DISCULPA A FALTA DE CARTOS PARA ACOMETER ESTAS OBRAS, CANDO SEGUNDO INDICAMOS NOS DATOS ANTERIORES AS CANTIDADES INVERTIDAS FORON DE PRETO DE 60 MILLONS DAS ANTIGAS PESETAS ¡¡¡¡


POLA CONTRA NOUTROS CASOS, AS ACTUACIÓNS PODÍAN SER CLARAMENTE MELLORABLES E CON UN POUCO DE GARANTÍA DE FUTURO, PARA EVITAR IMAXES COMO AS SEGUINTES DO POBO DO SOUTO...






CON RESPECTO AS ÙLTIMAS ACTUACIÓNS CORRESPONDENTES O CONVENIO COA DEPUTACIÓN DE OURENSE ONDE SE ORZAMENTARON MÀIS DE 143.000 EUROS DOS CALES O CONCELLO APORTOU UNHA CANTIDADE DE 105.000€ TAL E COMO SE PUBLICABA NA PRENSA LOCAL FAREMOS UNHA PEQUENA ANALISE....



AS OBRAS PREVISTAS NESTE PLAN ERAN ACTUACIÓNS, ENTRE OUTRAS, NAS SEGUINTES ESTRADAS:

  • ARMENTAL, TOUBES, PARAXAS, LENTOMIN, MIRALLOS, GUERAL, PITÓN, ANSARIZ, VERDELLE, SOUTO, ALENDE, GULFARIZ, A PEROXA, VISPÍN, VILAMAIOR, SESTELO, CORNEDA, CERDEIRAS......

PUBLICAMOS IMAXES DE ALGUNHAS DESTAS ACTUACIÓN REALIZADAS...


ESTRADA GUERAL - CORBELLE



PRAZA DE CORBELLE


RÚAS DA PEROXA


RÙAS DA PEROXA


RÙAS DA PEROXA


ESTRADA ORDE - ALENDE

SEGUNDO INDICABA A NOTICIA DA PRENSA O ALCALDE SINALABA QUE AS OBRAS ESTARÍAN REMATADAS NO PRAZO DUN MES.....

HAI MOITAS DAS OBRAS PREVISTAS QUE QUEDARON SEN REALIZAR NESTE PLAN, MOTIVO POLO CAL LEVAMOS ESTA PREGUNTA O PLENO DE FEBREIRO A TRAVÉS DO SEGUINTE DOCUMENTO ONDE NOS INTERESABAMOS POLA SITUACIÓN NA PREGUNTA NÚMERO 8:



A RESPOSTA DO ALCALDE FOI "QUE ESTE PLAN NON ESTÁ REMATADO, XA QUE SE PAROU POLO MAL TEMPO E SE CONTINUARÁ NO SEU MOMENTO".

AGARDEMOS QUE CUMPLA CO SEU COMPROMISO E AS ACTUACIÓN PENDENTES SE REMATEN POLA SÚA URXENTE NECESIDADE DE MELLORA TAL COMO SE PODEN VER NAS IMAXES SEGUINTES DE ACTUACIÓNS PREVISTAS E NON REALIZADAS....


ESTRADA VILAMAIOR - OUTEIRO DE CARRACEDO


ESTRADA NO POBO DE BARRIO ATA OUTEIRO DE CARRACEDO


ESTRADA FONTEFRÍA - BESTEIROS


ESTRADA LENTOMIL - PARAXAS


ESTRADA VISPÍN - VILERMA- POUSADA


ESPEREMOS ENTÓN POLO REMATE DESTAS ACTUACIÓNS, QUE SEGURAMENTE SERÁN EN ÉPOCA PRE-ELECTORAL COMO É DE COSTUME POR PARTE DOS NOSOS MANDATARIOS. 


SEGUIMOS POÑENDO NA TÚA MAN INFORMACIÓN DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.


CONTINUAMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

viernes, 27 de marzo de 2015

Asì foron as obras do Obradoiro 2014 no teu Concello...¡¡

Finalizou xa o Obradoiro de Emprego que se desenrolou na Mancomunidade de Concellos Santa Àgueda, onde participaron por parte do noso Concello da Peroxa 6 persoas.

Comenzamos a publicación deste artigo polo máis recente, como foi a entrega de diplomas pola participación, que se centrou en traballos de albanería nos 4 concellos participantes.

A foto de familia de tódolos participantes que se publicou foi a seguinte...



A prensa local tamén recolleu noticias sobre este Obradoiro...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/03/13/obradoiros-empleo-xinzo-baltar-santa/1201096.html

Unha vez rematado, desexamos aos participantes que se cumplan as previsións que a Xunta fai para este tipo de actuacións, segundo se recolle na noticia seguinte:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/06/17/40-alumnos-talleres-empleo-hallan-trabajo-acabar/0003_201406O17C9993.htm

O cartel indicador da obras prevista no noso Concello da Peroxa era o seguinte....



AS OBRAS PREVISTAS E OS ORZAMENTOS CORRESPONDENTES A CADA CONCELLO SON AS QUE PODEDES COMPROBAR NA TABLA SEGUINTE:



È CURIOSO COMPROBAR COMO O NOSO CONCELLO, A PESAR DAS FANTASIOSAS CONTAS QUE DO QUE O SR. ALCALDE E O GRUPO DE GOBERNO PRESUMEN, CON MOITOS MILES DE EUROS DE SUPERAVIT, NON SEXA QUEN DE APORTAR NIN UN SÓ EURO PARA AUMENTAR E COMPLEMENTAR AS ACTUACIÓNS PREVISTAS.

TAMÉN RESULTA CHAMATIVO QUE MENTRAS OS OUTROS 3 CONCELLOS EMPREGAN E INVIRTEN CARTOS DOS SEUS PROPIOS ORZAMENTOS EN REHABILITAR EDIFICIOS MUNICIPAIS PARA POSTERIOR USO E DISFRUTE DA VECIÑANZA, O CONCELLO DA PEROXA SEXA O ÚNICO QUE NON REALIZA ACTUACIÓNS NESE SENTIDO....SENÓN QUE OPTA POLA MELLORA DE FORNOS, LAVADOIROS E FONTES (TODOS ELES DE ESCASO USO NOS TEMPOS ACTUAIS).

Tamén a prensa local reflicte nas súas noticias as inversións do resto dos 3 concellos en rehabilitar, recuperar e poñer a disposición dos veciños e veciñas edificios ùtiles, para dar vida os seus pobos e parroquias...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/taller-permitira-recuperar-edificios-municipios-torno-ourense/20140819074241488129.html


CUMPRINDO UNHA VEZ MÁIS CO NOSO ENCARGO E COMETIDO COMO GRUPO DE OPOSICIÓN E NA NOSA FUNCIÒN DE CONTROL DA LABOR MUNICIPAL FIXEMOS UN SEGUIMENTO DESTAS ACTUACIÓNS PREVISTAS, DAS QUE VOS DAMOS CUMPRIDA INORMACIÓN E IMAXES A CONTINUACIÓN.

No que se refire a REHABILITACIÓN DA FONTE E MURO EN REZA, onde se empregaron 1.500€ amosamos nas imaxes seguintes o estado no que quedou esta actuación realizada:





Na REHABILITACIÓN DA ANTIGA FONTE-LAVADOIRO EN CORBELLE, na que tamén o orzamento foi de 1.500€, podemos ver a comparativa dos traballos realizados coas imaxes anteriores e posteriores a actuación....

SITUACIÓN ANTES:



SITUACIÓN ACTUAL LOGO DO TRABALLOS REALIZADOS:




Finalmente, a obra de REHABILITACIÓN DO FORNO DE SAN ESTEBO, contou cun orzamento de 10.400€, e o igual que a anterior actuación, amosamos imaxes antes e despois da reparación:

SITUACIÓN ANTERIOR:







SITUACIÓN ACTUAL:






NESTA ÚLTIMA ACTUACIÓN PUBLICADA QUEREMOS DETERNOS UN POUCO MÁIS E SEGUNDO AS IMAXES PUBLICADAS DO ANTES E DESPOIS DA ACTUACIÓN E TENDO EN CONTA O ORZAMENTO EMPREGADO NESTA ACTUACIÓN, DEIXAMOS QUE QUE O ANALISE....REFLEXIÓNS E CONCLUSIÓN SEXAN DA VOSA PARTE, E SI REALMENTE ESTÁN AS ACTUACIÓNS REALIZADAS ACORDE O ELEVADO ORZAMENTO EMPREGADO.



SEGUIMOS FIEIS O NOSO COMPROMISO E SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO.

NOS POÑEMOS NAS TÚAS MANS A INFORMACIÓN.......

...TÍ ANALIZAS, OPINAS E SACAS AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS......

...E LEMBRA QUE TÍ DECIDES O CONCELLO QUE QUERES ¡¡¡

....SIRVA COMO COMPARATIVA ESTE ARTIGO ONDE OS CONCELLOS LIMÍTROFES  PLANTEXAN E REALIZAN ACTUACIÓNS DE FUTURO, MENTRAS POLA CONTRA, NO CONCELLO DA PEROXA, AS ACTUACIÓNS (A PESAR DE SER NECESARIAS, E QUE BEN SE PODERÍAN TER FEITO EN ALGÚNS CASOS POLO EMPREGADO MUNICIPAL DE OBRAS E SERVIZOS), NON SE REALIZOU NIN UNHA SOA ACTUACIÓN PENSANDO NO FUTURO E NA MELLORA DE SERVIZOS ÚTILES PARA A VECIÑANZA.