Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 1 de febrero de 2017

PROPOSTAS PIONEIRAS QUE AGORA CHEGAN CON RETRASO ¡¡¡

De novo o titular deste artigo resume perfectamente o que está a acontecer coas moitas propostas que o longo deste anos traballando na oposición no noso concello presentamos para a mellora da vida e dos servizos dos nosos veciñas e veciñas e que foron completamente despreciadas polo grupo de goberno municipal do Partido Popular con un Alcalde ao fronte falto de ambición e con ningunha motivación para crear e renovar os deficientes servizos cos que conta o Concello da Peroxa.

Toca polo tanto, unha vez máis, e xa van moitas.....recordar e facer memoria do que acontecía fai non moitos anos coas nosas propostas, e ver agora que son presentadas COMO UNHA REVOLUCIÓN OU UNHA GRAN INNOVACIÓN por parte doutras administracións cando, repetimos, fai ben pouco eran os nosos concelleiros socialistas na Peroxa os que as propoñìamos e eran ignoradas polo Alcalde e uns concelleiros máis preocupados polos seus asuntos e negocios particulares que polo traballo e adicación a mellora do Concello, nalgùns casos como xa temos informado, con grandes retribucións económicas para o desenrolo da súa labor.

O punto de partida que nos da pé e nos motiva a escribir este artigo para que o analicedes e saquedes as vosas conclusións è unha noticia de prensa sobre a CREACIÓN E APROBACIÓN dun MAPA PROVINCIAL DE EMERXENCIAS DE OURENSE por parte da Deputación Provincial de Ourense e para o cal se reclama a COLABORACIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS COMO SON A XUNTA DE GALICIA E OS CONCELLOS DA PROVINCIA (entre os que nos atopamos nós):

www.ourensedixital.com/_novas/17/01/15_01.htm

Tràtase dun mapa a través do cal se poidan xestionar dun mellor xeito todo tipo de emerxencias (bombeiros, ambulancias, etc) e que afectan a todos os nosos pobos e parroquias.

A través deste mapa os servizos de emerxencias deben coñecer os recursos dispoñibles en cada un dos nosos pobos e tamén os correctos accesos a cada emerxencia para tratar de actuar no menos tempo posible en caso de urxencia.

Pois ben, o que hoxe parece unha proposta idílica e que foi ben recibida por tódolos grupos políticos, xa no ano 2012 se fixo no Concello da Peroxa unha proposta similar, daquela centrada na mellora dos nosos servizos para actuar en caso de incendio en algún dos nosos pobos.

Leede e analizade a proposta que presentamos, sobre todo os dous últimos puntos das propostas de acordos:



CURIOSO VERDADE????

POIS ASÍ TRABALLAN OS MEMBROS DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO.......PROPOÑENDO SOLUCIÓNS E ACTUACIÓNS DE MELLORA PARA OS NOSOS POBOS E PARA TODA A VECIÑANZA¡¡¡¡

¿NO CASO DE QUE SE VOS PREGUNTASE COMO VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS A VOSA OPINIÓN E DECISIÓN DE LEVAR A CABO ESTA PROPOSTA CAL SERÍA A VOSA RESPOSTA?
 ......seguro que positiva a realización destas actuacións que económicamente non suporían un gran desembolso e que mesmo se podía ter financiado con algunha subvención que recollese estas actuacións para a mellora da seguridade da veciñanza, como de seguro vai acontecer nos vindeiros meses a raiz da aprobación da creación do citado Mapa.

POIS SABEDES CAL FOI A RESPOSTA DO VOSO ALCALDE E DOS CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR ????

.........VOTAR EN EN CONTRA E POLO TANTO NEGARSE A REALIZAR AS ACTUACIÓNS SOLICITADAS PARA ACTUAR ADECUADAMENTE EN CASO DE EMERXENCIA, NESTE CASO, ANTE UN INCENDIO, TAL E COMO TEN ACONTECIDO COA VIVENDA OU ALMACÉN DALGUN DOS NOSOS POBOS.


ESTA É A ÚNICA REALIDADE DO QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO ¡¡¡¡

Na imaxe seguinte podes leer ti mesmo as ambiguas e tristes respostas a esta nosa proposta extraídas literalmente da acta do Pleno do 9 de xullo de 2012.

Ver para creer.....


Como sempre que presentamos calquer iniciativa ou proposta preparamos con todo detalle os argumentos que xustifiquen a mesma.
Neste caso recordamos no propio pleno, que o noso Concello, ao igual que calquer outro non está libre de calquer sinistro deste tipo, tal e como xa ten acontecido no pasado, onde se tivo que lamentar a perda de vidas humanas....

www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/01/04/2299848.shtml

Polo tanto, unha sólo actuación de mellora que se faga no concello que sirva para evitar outro sinistro xa está máis que ben empleada e xustificada.

Tamén lle amosamos o Sr. Alcalde e os concelleiros do PP algúns dos exemplos do estado lamentable no que se atopan as Bocas de Emerxencia de Incendios nos nosos pobos e parroquias e que vos mesmo podedes comprobar no voso....




Tamén aportamos imaxes de lugares que existen nos nosos pobos e parroquias que ben poderían estar nun bo estado de conservación, non só por estética e respeto polo noso patrimonio, senón tamén como lugares habilitados para a carga de auga dos vehículos de incendios, tal e como se ve na imaxe seguinte o estado de total abandono no que se atopaba no ano 2012 o lavadoiro da Peroxa, que case 5 anos despoios está todavía máis abandoado....




Recordamos tamén, que non fai moito tempo, sufrimos no noso Concello un dos incendios máis violentos e perigosos que se recordan que afectou a varios pobos das parroquias de Toubes e Armental e que puxo en perigo vivendas e locais en diferentes pobos, e mesmo algúns, como no caso da imaxe, arderon por completo....



Como complemento a estas propostas que finalmente non foron aprobadas polo Pleno e para darlle voz e visibilidade as nosas demandas publicamos unha nota de prensa ao respecto, buscando a rectificación por parte dos mandatarios do Concello, que tristemente nunca chegou e estivemos e seguimos estando abandonas a nosa sorte en caso de urxencia ou emerxencia na maioría dos nosos pobos.



PARA REMATAR, INDICAR QUE AGARDAMOS E DESEXAMOS QUE ESTE PLAN DE EMERXENCIA SEXA UNHA REALIDADE E SE OBRIGUE OS CONCELLOS A REALIZAR OS SEUS CORRESPONDENTES PARA PODER ASÍ TER UNHA GUÍA DE ACTUACIÓN QUE MELLORE E DISMINUA O TEMPO DE ACTUACIÓN ANTE CALQUER SINISTRO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA QUE ESTAS ACTUACIÓNS E AS NOSAS PROPOSTAS POR FIN SEXAN UNHA REALIDADE PARA MELLORAR OS SERVIZOS DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS ANTES DE QUE QUEDEN COMPLETAMENTE DESERTOS POR FALTA DE SERVIZOS.


LEE, ANALIZA E SACA AS TÚAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡


viernes, 27 de enero de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


ANTELA C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 29 as 16:30 no campo de Xinzo de Limia.


Nas categorías do fútbol base:

A PEROXA C.F. CADETE - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado 28 as 10:30 no campo do Marco.

RIBEIRO C.F. - A PEROXA C.F. ALEVIN: Venres 27 as 18:30 no campo de Ribadavia.

RIBADAVIA ATL. - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 28 as 11:30 no campo de Ribadavia.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. ARENTEIRO: Sàbado 28 as 12:15 no campo do Marco.


No fútbol de veteranos....

ATL. PEROXA - MOMA CARBALLIÑO: Domingo 29 as 11:30 no campo do Marco.

CHANTADA - LLOVIZNA: Domingo 28 as 11:00 no campo de Chantada.


O noso representante no fùtbol sala terá o seguinte partido:

OS PEARES - OPTICA PRIETO/P.TINTO FS: Sàbado 28 as 20:00 no pabellón dos Peares.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡


jueves, 26 de enero de 2017

Boas noticias sí ¡¡¡.....pero para cando ???

O titular é ben expresivo do que está a acontecer con unha das obras de máis orzamento dos últimos anos no noso Concello, e sobre todo unha das de máis necesidade, tanto no lugar que se van a executar con en outros moitos pobos e parroquias onde carecen do mesmo.

Falamos da obra de saneamento que se vai a realizar en parte da parroquia de Toubes e en parte do pobo de Cinconogueiras.

O orzamento desta obra tal e como se publicaba alá polo xa lonxanos mes de xuño na prensa local a bombo e platillo é de màis de 400.000€:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/06/29/mejoras-red-saneamiento-pueblos-toubes/1488985.html

Tamén a propia  Xunta de Galicia reflexaba a sinatura deste convenio a travès da web do seu organismo encargado da licitación Augas de Galicia.

Dende o Concello da Peroxa, publicaban nas súas redes sociais este acordo...



Con posterioridade a todos os anuncios anteriores, no Boletín Oficial da Provincia do luns 26 de setembro publicabase o periodo de apertura de exposición pública do proxecto tal como se pode ver no seguinte enlace (paxina 9):

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=222&fecha=20160926


Na presentación dos orzamentos da Xunta para o vindeiro 2017 tamén se recollía nos anuncios de prensa a principios de decembro a realización desta obra:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-gudina/2016/12/04/presupuestos-gallegos-implican-recuperacion-medio-rural/0003_201612O4C2993.htm

Finalmente, con data do xoves 29 de decembro de 2016 publicabase no DOG o anuncio de licitación desta obra, onde no enlace seguinte na súa paxina 3, podese comprobar, así como o plazo de execución que será de 6 meses e tamén o prazo límite de presentación de ofertas que casualmente remata hoxe día 26:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161229/AnuncioO143-231216-0001_gl.pdf


Polo tanto, seguiremos de preto esta actuación necesaria e solicitada en numerosas ocasiòns por os membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello, tanto para os pobos da parroquia de Toubes como para outras moitos pobos que todavía non dispoñen deste SERVIZO OBRIGATORIO NOS CONCELLOS, e onde hai parroquias enteiras como San Cristobal de Souto onde ningún dos seus pobos dispòn de rede de sanemento nin parece que o vai ter nun curto prazo, xa que todos lembraredes aquela famosa resposta nun pleno do ano 2012  do Sr. Alcalde onde textualmente manifestaba "QUE NESA PARROQUIA NON TEÑEN SANEAMENTO PORQUE NUNCA TIVO CONSTANCIA DE NINGUNHA SOLICITUDE POR PARTE DOS SEUS HABITANTES".

Lembrarlle que dudamos de que non a tivera petición, pero o que está claro e que dende o ano 2012 està feita polos Concelleiros Socialistas representantes no Concello da veciñanza ¡¡¡

Na seguinte imaxe o extracto da resposta que o Sr. Alcalde nos dera......LAMENTABLE ¡¡¡



Todo esto, estaba relacionado coa nosa petición de sanemento para varios dos nosos pobos do Concello que carecen deste servizo de saneamento....



Lembramos tamén o que publicara a prensa local relacionado con esta nosa demanda....


REITERAMOS A NOSA LEDICIA POLO INMINENTE INICIO DA OBRAS NOS POBOS DA PARROQUIA DE TOUBES, PERO É BO MOMENTO COMO XA INDICAMOS ANTERIORMENTE QUE TAMÉN FOI UNHA DEMANDA PRESENTADA A PRINCIPIOS DO ANO 2014 POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS TAL E COMO SE REFLEXA NO PUNTO 4 DOS ROGOS PRESENTADOS:



UNHA VEZ MÁIS, DAQUELA O ALCALDE PARECÍA GUSTARLLE MOI POUCO QUE NOS PREOCUPASEMOS POLAS NECESIDADES E POLOS SERVIZOS DA VECIÑANZA EN CADA POBO E EN CADA PARROQUIA, TAL E COMO SEGUIMOS E SEGUIREMOS FACENDO,

RECORDAMOS O QUE NOS CONTESTABA NO PLENO QUE SE TRATOU ESTA PETICIÓN....



INDICABA QUE NON SE VIVE NO POLO NORTE ¡¡¡¡

......NON SABEMOS CAL É A SÚA UBICACIÓN, PERO NIN DAQUELA NIN HOXE MESMO TEN NAS NECESIDADES REAIS DO CONCELLO NIN O SEU INTERÈS NIN A SÚA PREOCUPACIÓN.

O FEITO DE LEVAR CAMIÑO DE 40 ANOS A FRONTE DO CONCELLO E TER PRETO DO 40% DOS POBOS SEN O SERVIZO OBRIGATORIO DE SANEAMENTO INDICA CLARAMENTE QUE NON ESTÀ NO POLO NORTE, SENÓN NOS MUNDOS DE YUPI ¡¡¡¡

SI LEICHES E ANALIZACHE ESTE ARTIGO, SACA AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS DA REALIDADE ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SENDO FONTE DE INFORMACIÓN PARA TOD@S DE TODO O QUE ACONTECE NEL¡¡¡



viernes, 20 de enero de 2017

Actividade no concello na fin de semana do 21 e 22 de xaneiro de 2017

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


A PEROXA C.F. - MONTERREY C.F.: Domingo 22 as 16:00 no campo do Marco.


Nas categorías do fútbol base:

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. CADETE:  Sàbado 21 as 10:00 no campo de Velle.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. VELLE:  Sàbado 21 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.P. CALASANCIO "C": Sàbado 21 as 12:00 no campo do Marco.

OURENSE C.F. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 21 as 12:30 no campo de Oira.


No fútbol de veteranos....

ARABICA OURENSE VET. - ATL. PEROXA: Sàbado 21 as 18:00 no campo de Maside.

LLOVIZNA - BUCEFALO: Sàbado 3 as 16:15 no campo do Marco.



Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Comenzamos tamén o calendario de festas patronais dos nosos pobos e parroquias. Un ano máis comenzamos pola celebración do San Vicente en Graìces, anunciado con este cartel:



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡



viernes, 16 de diciembre de 2016

Actividade na fin de semana do 17 e 18 de decembro de 2016 e nas datas do Nadal ¡¡

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


A PEROXA C.F. - C.D. VIANA: Domingo 18 as 16:00 no campo do Marco.


Nas categorías do fútbol base:

E.D.C. XINZO - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 17 as 10:30 no campo da Moreira en Xinzo.

C.D. ARENTEIRO - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 17 as 12:00 no campo da Uceira en Carballiño.

C.D. ARENTEIRO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 17 as 12:00 no campo da Uceira en Carballiño.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. VELLE: Sàbado 17 as 12:10 no campo do Marco.


No fútbol de veteranos....

CAFE TOP FV - ATL. PEROXA: Sàbado 17 as 17:00 no campo do Marco.

BARBANTES - LLOVIZNA: Domingo 18 as 11:00 no campo de Barbantes.



Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Neste apartado adicado o mundo do atletismo temos que unha semana máis, e xa van moitas, felicitar de novo a Javier Rodriguez Iglesias polo seu meritorio podíum da fin de semana pasada, continuando a boa xeira de resultados das últimas semanas, sendo un dos destacados na súa categoría.



A continuación publicamos os carteis ou anuncios de todalas actividades previstas nas vindeiras datas tanto no noso concello como outra destacada nos limítrofes.










Tamèn podes informarte xa no noso Concello deste programa que convoca a Deputación de Ourense para a inmimente campaña de esquí. 


http://www.ourensedixital.com/_novas/16/12/14_12.htm


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS ACTIVIDADES E EVENTOS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡


viernes, 2 de diciembre de 2016

Actividade no Concello na fin de semana do 3 e 4 de decembro de 2016

No apartado deportivo, os partidos dos equipos representativos do Concello serán os seguintes:

No fútbol rexional.... 


A PEROXA C.F. - XUNQUEIRA C.F.: Domingo 4 as 16:00 no campo do Marco.


Nas categorías do fútbol base:

A PEROXA C.F. CADETE - C.D. VELLE "B": Sàbado 3 as 10:30 no campo do Marco.

POLIGONO CF. - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 3 as 10:30 no campo do Poligono de San Cibrao.

POLIGONO CF. - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 3 as 11:30 no campo do Poligono de San Cibrao.


A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D.C BARBADAS "B": Sàbado 3 as 12:15 no campo do Marco.


No fútbol de veteranos....

ATL. PEROXA - BOVEDA: Domingo 4 as 11:30 no campo do Marco.

ANTELA - LLOVIZNA: Sàbado 3 as 16:00 no campo de Xinzo de Limia.


O noso representante no Fùtbol-sala:

OS PEARES F.S.- PANADERÍA MONSERRAT F.S.:  Sàbado 3 as 20:00 no pabellón do Peares.


Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Dentro da actividade cultural anunciamos xa coa antelación suficiente (para que teñas opción de conseguir entrada), os seguintes eventos:



Xa tamén se deu hoxe a coñecer a programación de Nadal no noso Concello, será a seguinte:




Na vindeira fin de semana celebrarase tamén unha nova edición do Enduro:




Os locais de hostelería seguen a promover actividades diversas....




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DO QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TOD@S E PARA TOD@S ¡¡¡