Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 26 de marzo de 2014

Para a nosa xuventude....

No DOG de hoxe 26 de marzo de 2014 convócanse as prazas xuvenís para o programa Campaña de Verán.

O prazo será de 15 días naturais.

Toda a información sobre esta convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf


INFORMATE E PARTICIPA ¡¡¡

martes, 25 de marzo de 2014

Petición necesaria realizada

Veñen de rematar as labores de limpeza que se realizaron no cauce do regato no pobo do Conchouso.

Unhas labores solicitadas en reiteradas ocasións polos nosos concelleiros socialistas, e que finalmente foron atendidadas, deixando unha situación moi mellorada, a pesar de que as actuacións se realizaron nas épocas de maís caudal do regato, dificultando as súas labores.

A nosa solicitude de limpeza comenzou no Pleno Ordinario do pasado 1 de agosto de 2013 a través do turno de preguntas, nas cales, presentadas sempre por escrito, amosamos a nosa preocupación pola situación a través da pregunta nº 5 que vos amosamos no documento seguinte:




A RESPOSTA DO SR. ALCALDE SEGUNDO SE REFLEXA NA ACTA DESTE PLENO FOI A SEGUINTE...."fixose a solicitude fai un par de anos pero dixeron que non había fondos para estas obras"

A nosa petición fundamentabase nas actuacións que a Confederación Hidrográfica do Miño está obrigada a facer nos cauces dos seus rios e regatos, e que é unha das súas competencias segundo se indica na súa propia paxina web: (Restauración y acondicionamento de cauces para prevenir e intentar evitar los daños provocados por las inundaciones, así como para mantener y mejorar el estado ecológico de nuestros ríos )

Os argumentos que expoñìamos para solicitar estas actuacións eran as imaxes de abandono e maleza existente en todo o seus cauce como se ven nas imaxes seguintes:








Posteriormente, e ante a primeira negativa por parte do Sr. Alcalde e a raíz das noticias que foron saíndo na prensa local sobre este tipo de actuacións semellantes noutros concellos da provincia como se amosa nas noticias seguintes, voltamos a facer de novo a petición:

As noticias relacionadas publicadas....

http://www.laregion.es/noticia/269931/medio/ambiente/destina/800000/euros/reparar/tramos/fluviales/

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/11/14_02.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/11/14/medio-ambiente-restaura-83-kilometros/913965.html

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=00031384346374264261156&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C

Como xa indicamos, no pasado Pleno Ordinario do 28 de novembro de 2013 volvemos, a traves dos nosos concelleiros socialistas no Concello da Peroxa, levar o asunto, novamente mediante unha pregunta por escrito como amosamos na pregunta 5 do seguinte documento:



DESTA VEZ, DIANTE DOS ARGUMENTOS QUE LLE AMOSAMOS O SR. ALCALDE..... A SÚA RESPOSTA XA NON FOI NEGATIVA.

MANIFESTOU EN RESPOSTA A NOSA PREGUNTA O SEGUINTE....."neste ano non se solicitou ningunha subvención para estas obras. Para principios do ano 2014 intentarase que se inclúa o noso Concello no Plan que se elabore".

Polo tanto conseguíamos unha boa nova para os veciños e veciños do Conchouso, que verían por fin atendidas unha das súas necesidades,  propostas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello.

Como xa indicamos o principio deste artigo, as actuación levaronse a cabo, deixando unha nova imaxe para o cauce deste regato. Ainda quedando pendentes algúnhas actuacións e a recollida da maleza extraída do cauce do regato, que agardemos se realicen prontamente.

As imaxes que deixan estas actuacións son as que amosamos a continuación....










SEGUIMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡

viernes, 21 de marzo de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 22 e 23 de marzo de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. - STA. TERESITA: Domingo 23 as 16:30 no campo do Marco.

LEIRO C.F. - ATL. PEROXA : Domingo 23 as 16:30 no campo de Leiro.

A PEROXA C.F. "B" - C.D. CENLLE: Sàbado 22 as 18:30 no campo do Marco.

SOUTOPENEDO C.F. - A PEROXA CF XUVENIL: Sàbado 22 as 16:30 en Soutopenedo.

C.P. CALASANCIO "C" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 22 as 11:00 no campo dos Escolapios en Monforte.

C.F. MONFORTE "B" - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sàbado 22 as 11:45 no campo Luis Bodegas de Monforte.

IRIXO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Domingo 23 as 11:30 no campo do Marco.

CIDADE DAS BURGAS "A" - OS PEARES: Sàbado 22 as 19:00 no Pabellón de Oira.

CDC STA. TERESITA - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 22 as 19:00 no Pabellón dos Remedios.

CARBALLIÑO - A PEROXA FS INFANTIL: Venres 21 as 19:00 no Pabellón do Carballiño.

A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo deprázanse entre outros lugares  a RIBAS DE SIL  e tamén a VERIN.

Màis información das probas nos seguintes enlaces:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2825&date=20140323


O cartel da proba de Ribas de Sil, está incluído entre outras, dentro do Circuito da Ribeira Sacra de Carreitas populares, das cales solicitamos en numerosas ocasions, e o volvemos a facer para o pleno vindeiro a inclusión do noso Concello neste circuito de probas, ou noutro destas características, para celebrar unha proba no noso precioso territorio:




Estas son  algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


SORTE E DIVERSIÓN PARA TOD@S ¡¡





APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

jueves, 20 de marzo de 2014

O canon da auga.....e algo máis ¡¡¡¡

Moitos dos veciños e veciñas do Concello se preguntan quen e porqué se lles cobra unha nova tasa nos seus recibos da auga.

No seu día xa explicamos que se trataba dun novo imposto "creado" pola Xunta de Galicia, para os galegos e galegas nos seus recibos por consumo de auga.

Imposto ideado polo Sr. Feijoo.... ese Presidente que prometía que non ía subir os impostos, nin moito menos crear ningún novo ¡¡¡

Coma case sempre......mentía ¡¡¡¡¡

Facemos agora unha comparativa da "evolución" do recibo da auga no noso Concello da Peroxa, onde tamén se "presume" de non subir ningún imposto os veciños.

Na seguinte imaxe amosamos un recibo de principios do ano 2012:


Como podedes comprobar, non existía todavía a nova taxa de "canon agua".

Fixémonos en dous detalles màis.....NO PREZO DA COTA FIXA(10.05) E O IVA (8%)

A mediados deste mesmo ano 2012...."amablemente" o Sr. Alcalde a través dun escrito enviado a veciñanza do concello, daba a coñecer a creación deste novo imposto trimestral. Explicaba tamén unha serie de posibles bonificacións se cumpríamos os requisitos.

Informaba tamén e dictaba unhas instruccións sobre o servizo da rede de sumidoiros, inexistente en gran parte do Concello, falando da obrigatoriedade da conexión a este servizo si existía. Non falaba nada dos pobos onde sí existe e algúns domicilios quedaron fora do alcance deste servizo básico.

Advertía dunha serie de recomendacións de uso, que compartimos totalmente, ainda que "ameazaba" con crear outro imposto para o mantemento do servizo de limpeza das fosas, indicando que hoxe era gratuito......por suposto....GRATUITO E INEXISTENTE ¡¡ 
Onde podemos atopar fosas en calquer punto do Concello que levan anos e anos sen ser limpadas,  mesmo facendo vertidos os nosos regatos, motivo polo que lembremos, o concello xa foi sancionado en varias ocasións.

Tamén solicitamos en numerosas ocasións o mantemento deste servizo que agora presta a Deputación, pero no que o Alcalde manifestaba que na maioría das fosas non había acceso para os vehículos que fan esta labor ¡¡¡¡

O escrito o que nos referimos amosàmolo a continuación, onde queremos destacar a ausencia do seu nome e sinatura, como acostuma a facer con outro tipo de escritos que son máis "favorables" os seus intereses....e aquí....parece querer esconderse diante desta situación......


A raíz da creación deste novo imposto os recibos seguintes tiñan considerables aumentos....


Neste recibo anterior, ademáis da inclusión xa do CANON DA AUGA, vemos como tamén sube a cota fixa, así como tamén, gracias o goberno de España do Sr. Rajoy a porcentaxe de IVA pasa do 8 o 10% ¡¡¡

Finalmente, e como exemplo recente, un recibo deste 2014 onde podemos observar como a COTA FIXA, séguese incrementando.....

 
A CONCLUSIÓN A QUE SE CHEGA.....

A PESAR DAS NEGACIÓNS POR PARTE DOS NOSOS MANDATARIOS......OS RECIBOS E IMPOSTOS DO NOSO CONCELLO SUBEN ¡¡¡¡


lunes, 17 de marzo de 2014

Axuda de interese para os pais e nais

No DOG de hoxe luns 17 de marzo de 2014 publicase a convocatoria para axudas económicas para pais e nais con fillos menores  de 3 anos.

Toda a información necesaria da citada convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140317/AnuncioCA05-110314-0008_gl.pdf

Informate desta interesante axuda dun pago único anual de 360€ se cumpren os requisitos previstos.

Para calquer dúbida ou aclaración, ou como sempre facemos dende a nosa Agrupación, colaboración para a súa tramitación non dudes en poñerte en contacto cos nosos membros persoalmente ou nas canles de comunicacións habituais: e-mail, tf, ou mesmo nos comentarios desta noticia.


SEGUIMOS INFORMANDO A VECIÑANZA DO CONCELLO......EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE PARA TOD@S ¡¡¡¡¡

viernes, 14 de marzo de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 15 e 16 de marzo de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

C.D. BARRA DE MIÑO - A PEROXA C.F: Domingo 16 as 16:30 no campo de Barra de Miño.
 
ATL. PEROXA - MASIDE C.F: Domingo 16 as 16:30 no campo do Marco.

ATL. PONTEDEVA - A PEROXA C.F. "B": Domingo 16 as 16:30 no campo de Pontedeva.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. VELLE "B": Sàbado 15 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PONTEOURENSE "B": Venres 14 as 18:15 no campo do Marco.

SDC ARRABALDO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Domingo 16 as 12:00 no campo de Sta. Cruz.

FOUCELLAS - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado15 as 18:30  no campo do Marco.

OS PEARES - DIABLOS VERMELLOS: Sàbado 15 as 20:00 no pabellón de Oira.

A PEROXA FS FEMENINO - AMOEIRO FSF: Sàbado 15 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.


A participación dos nosos representantes no mundo do atletismo este fin de semana será entre outras, maioritariamente na proba do Carballiño o domingo 16.

A información da proba no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2757&date=20140316

Estas son  algunha das numerosas probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar




APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

jueves, 13 de marzo de 2014

Para os nosos emprendedores e empresarios...¡¡¡¡¡

Novamente voltamos a informar a nosa veciñanza, especialmente neste caso os emprendedores e tamén os empresarios de dúas interesantes convocatorias de axudas.

A primeira delas trátase de Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais, con prazo ata o 30 de xuño de 2014.

Información completa da convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140204/AnuncioCA04-280114-0001_gl.pdf

E agora acceso directamente a páxina de información e tramitación....

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=IN&codProc=217A&procedemento=IN217A


Por outro lado, tamén se convocaron Subvencións para establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, cafeterías, bares, restaurantes, etc....para acadar a marca Q de Calidade Turistica. Prazo de solicitudes ata o 14 de abril de 2014

Convocatoria completa no enlace que sigue:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140313/AnuncioG0256-070314-0005_gl.pdf


Como sempre, para calquer dúbida ou aclaración sobre estas axudas, mesmo para colaboración na súa tramitación, non dubidedes en poñerse en contacto connosco.


SEGUIMOS COA LABOR DE INFORMACIÓN ¡¡¡¡¡¡