Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 12 de marzo de 2014

Posto de traballo no Concello da Peroxa

Novamente, o Concello da Peroxa convoca a praza para a Oficina Municipal de Información Xuvenil a espaldas da veciñanza.

Publicouse esta convocatoria no Faro de Vigo (periódico de menos demanda e lectura en toda a provincia), do pasado luns 10 de marzo cun pequeno anuncio insertado nunha das súas páxinas.


O citado anuncio remitenos as bases expostas no taboleiro de anuncios do Concello......

O prazo para presentar as solicitudes, coma sempre, o máis breve posible para que non dé tempo a actuar.....polo que o fin do prazo será o LUNS 17 DE MARZO ¡¡¡¡

Lembramos que esta mesma convocatoria e proceso selectivo xa foi anulado no 2012-2013 trala denuncia e reclamacion dos membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello polas moitas ilegalidade cometidas, e cando xa tiñan a persoa nomeada e traballando.   Polo que analizaremos novamente polo miúdo as bases publicadas, así como o transcurrir do proceso.

De momento xa comenza con unha "DUDOSA" publicidade que impide e limita os dereitos de todos os veciños ou veciñas que poideran estar interesados.

PARA QUE TEMOS UNHA PÁXINA WEB DO CONCELLO????

PARA QUE SE USAN AS REDES SOCIAIS DO CONCELLO????

PARA QUÉ SE USAN OS BANDOS QUE SE COLOCAN NOS POBOS ???

¿¿PORQUÈ NON SE ANUNCIAN ESTAS OFERTAS DE EMPREGO NOS LUGARES DE MÁIS PUBLICIDADE PARA QUE SEXAN COÑECIDAS POR TODOS, E QUE REALMENTE LLE PODEN INTERESAR A MOITOS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS ???

¿¿ RESPÉTASE A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES???......TÌ OPINAS ¡¡¡


martes, 11 de marzo de 2014

Convocatorias interesantes

No Boletín Oficial da Provincia de hoxe martes 11 de marzo de 2014, convócanse un par de subvencións que poden ser do voso interese.

A primeira refírese ao fomento das actividades escénicas e musicais para o exercicio 2014.
A segundo é para subvencións a clubs deportivos da provincia de Ourense.

A información sobre ámbalas dúas convocatorias està no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=57&fecha=20140311


INFORMATE ¡¡¡¡


lunes, 10 de marzo de 2014

Convocatoria praza Xuiz de Paz no Concello da Peroxa

No Boletín Ofcicial da Provincia de Ourense de hoxe luns 10 de marzo de 2014 publicase a convocatoria da praza para Xuiz de Paz no noso Concello.

Os requisitos e prazos son os que indica a citada publicación, e que amosamos na seguinte imaxe:


Polo tanto os interesados tedes ata o 27 de marzo para presentar a solicitude nas oficinas do Concello acompañada da documentación requerida.

SEGUIMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA ¡¡¡



viernes, 7 de marzo de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 8 e 9 de marzo de 2014.

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. - CD RUA: Sàbado 8 as 16:30 no campo do Marco.

CD TRIVES. - ATL. PEROXA : Sàbado 8 as 16:30 no campo de Trives.

A PEROXA C.F. "B" - OS CHAOS: Domingo 9 as 16:30 no campo do Marco.


RIBEIRO FC "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 8 as 12:00 no campo de Ribadavia.

SD NOGUEIRA - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Sàbado 8 as 12:00 no campo de Luintra.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - CD VELLE: Sàbado 8 as 11:30 no campo do Marco.
   
GADAFFI PEROXA VETERÁNS - ARABICA-TABOADELA: Sàbado 8 as 18:30 no campo do Marco.

BARBADAS FUTSAL - OS PEARES: Sàbado 8 as 20:30 no Pabellón dos Remedios.

CARTELLE FSF - A PEROXA FS FEMENINO: Sàbado 8 as 18:00 no Pabellón de Outomuro.

MESTRE VIDE - A PEROXA FS INFANTIL: Lunes 10 as 19:00 no Pabellón do Colexio Mestre Vide.

A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo deprázanse entre outros lugares A MERCA e tamén a VILATUXE.

Màis información das probas no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2959&date=20140309

http://galiciamaxicatrail.com/2014/pruebas/2-vilatuxe/

Estas son  algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, e que podedes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


SORTE E DIVERSIÓN PARA TOD@S ¡¡




APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡¡

jueves, 6 de marzo de 2014

Sobre o PXOUM

No DOG de hoxe xoves 6 de marzo aparece a seguinte publicación de interese para a veciñanza do Concello da Peroxa:


INFORMATE ¡¡¡


lunes, 3 de marzo de 2014

Curiosidades sobre subvenciòns concedidas o Concello da Peroxa.

Seguindo coa liña informativa sobre o que acontece no noso Concello de A Peroxa, desta vez vamos expor e explicar o noso punto de vista sobre unhas recentes subvencións concedidas e xustificadas polo Concello.

Tràtase das actividades e actos relacionados con tema de Igualdade que se desenvolveron durante o mes de novembro de 2013.

Con data do 3 de xuño de 2013, publicouse no DOG a través da Secretaría Xeral de Igualdade axudas e subvencións as entidade locais para a promocion da Igualdade.

Entre os requisitos, documentación e outras cuestións que reflexaba a convocatoria estaba por suposto o apartado de Accións e Gastos Subvencionables onde se dividía en dous apartados:

1) Accións de promoción da igualdade entre mulleres e homes
2) Accións de  prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Esta información aparece no seguinte enlace a citada convocatoria publicada...

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130603/AnuncioG0244-290513-0001_gl.pdf

O Concello da Peroxa solicitou as citadas axudas incluidas na convocatoria, tendo que enmendar as solicitudes por algún requerimento de documentación incompleto segundo se publicou no DOG do 14 de agosto de 2013 e que indicamos no seguinte enlace...

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130814/AnuncioG0244-130813-0001_gl.pdf

Finalmente, segundo se publica no DOG do 4 de outubro de 2013 concédenselle o Concello da Peroxa a seguinte subvencións económicas:

Para as accións de promocion de igualdade entre home e mulleres....3.195,32€ para a realización de "actividades para favorecer a coeducación no ámbito familiar e social"...

E para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero....1.152,43€ para a realización da actuación de "prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade"...


Estas actividades segundo se indica no punto sexto desta publicación deberán ter presentado a xustificación dos gastos efectuados como data límite o 30 de novembro de 2013 ¡¡¡¡

Estas axudas concedidas, entre outros o noso Concello, como non, tiveron a súa repercusión na prensa local...

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/10/15_02.htm


A nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello, como sempre, atendendo as súas labores de control dos órganos de goberno e do cumprimento das obrigas e xusficacións correctas nas subvencións solicitadas e concedidas, solicitamos, o acceso ao citado expediente...



Comprobamos que a memoria presentada para obter dita subvención estive en concordancia cos actos que realmente se realizaron, e que lembraredes todos foron publicitados cos seguintes anuncions colocados polo Concello da Peroxa.....




Os actos previstos, como e ben sabido por todos, uns tiveron máis afluencia que outros, pero que queremos destacar e que nos sorprendeu negativamente, pola posible irregularidade na xustificación, e que cando verificamos a xustificación destas axudas no expediente resulta que estàn asinadas as xustificacións das actividades con data do 28 de novembro (lembrade que o derradeiro día era o 30)....¡¡¡¡¡¡ cando no anuncio de actividades había unha programada para ese mesmo sábado día 30 de novembro as 16:30..."Tècnicas de defensa persoal femenina".

Por este motivo solicitamos, tamén por escrito unha xustificación desta decisión....


A resposta por parte do Concello, foi que a actividade do sàbado 30 de novembro foi sen costo algún ¡¡¡¡, que foi totalmente gratuita. 

Para xustificar isto presentan un informe da empresa que realizou tal actividade con fecha do 10 de xaneiro de 2014....¡¡¡¡ (dous meses despois), precisamente, despois de ter pedido nós a explicación pertinente, onde indica que a actividade en cuestión foi realizada....A MAIORES ¡¡¡¡, E DEBIDO A POUCA ASISTENCIA QUE TIVERON OS SEMINARIOS, FIXOSE UN NOVO OBRADOIRO ¡¡¡¡ O DÍA 30 DE NOVEMBRO.

COMO É POSIBLE QUE INDIQUEN QUE FOI A MAIORES DAS PREVISTAS, CANDO XA ESTABA ANUNCIADA DENDE UN PRINCIPIO NOS CITADOS CARTEIS ¡¡¡¡

Se o obxetivo desta derradeira actividade foi para contrarestar a  pouca afluencia nas actividades anteriores, non entendemos como xa se anunciou PREVIAMENTE nos carteis de actividades....¿ xa se sabía que ía haber pouca afluencia antes de comenzar as actividades?..... 

Misteriosa  e pouco creíble xustificación ¡¡¡¡

Curiosamente, no escrito remitido polo Concello, a pesar de solicitalo, non se nos informa da afluencia a cada unha das actividades.

Tamén se nos explica a nosa petición, que a actividade do venres 29 non estaba incluído nesta subvención.

Nesta resposta estamos de acordo coa versión do Concello, xa que están no certo de non pertencer a estas actividades, polo que admitimos o noso erro.

A nosa explicación referíase a actividade programada neste cartel anunciador...



Ese día 29 de novembro a imaxe do colexio as 20:11 era a seguinte........pechado ¡¡¡



SEGUIREMOS INFORMANDO A VECIÑANZA SOBRE A ACTIVIDADE MUNICIPAL ¡¡¡¡¡


ESTAS SON AS SITUACIÓNS QUE SE DAN NO TEU CONCELLO......AS CONCLUSIÓNS DÉBELAS SACAR TÍ MESMO....¡¡

viernes, 28 de febrero de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 1 e 2 de marzo de 2014

Escasa actividade neste fin de semana de Entroido.

Dos representantes do noso Concello tan só terán competición os seguintes:

PAZO DE CANEDO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 1 as 19:00 no campo de Velle


Os representantes do Atletismo terán escasas probas nas que participar segundo indica o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=3&year=2014


Algúns dos compoñentes desprazaranse a proba do Porriño, onde tedes cumprida información no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2875&date=20140302



Para eles sorte e diversión......e para o resto que non terá competición.......BO ENTROIDO ¡¡¡